Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED312C
Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto a regulación da proba de acceso ao ciclo formativo de grao medio de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2019.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Xestión da Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881997408 / 881997407
Fax: 981546550
Email: dxefpie@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña
Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184731
Fax: 981184792
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo
Ronda Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294212
Fax: 982294214
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense
Rúa do Concello, 11 - 6º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386615
Fax: 988386788
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805918
Fax: 986805699
Prazo de presentación: PECHADO
07/03/2019 00:00 - 22/03/2019 23:59
O prazo de presentación estará abranguido entre os días 7 e 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE
Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras
Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Xustificación documental do diagnóstico de TDAH
Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma
Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma
Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma
Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma
Certificado de profesionalidade
Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social (vida laboral) ou equivalente da mutualidade laboral que corresponda
Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio
Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia.
Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia.
Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional realizada en Galicia.
Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia.
Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia.
Certificación.
As solicitudes deberán presentarse en papel, no centro de inscrición, utilizando o formulario normalizado (código de procedemento ED312C) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na cabeceira da primeira folla do documento que se queira enviar, para garantir que a data de remisión sexa anterior á finalización do prazo de presentación.
As persoas interesadas tamén poderán cubrir a solicitude a través da aplicación dispoñible desde a páxina web http://www.edu.xunta.es/fp, que xerará a solicitude que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.
O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 8 de xaneiro de 2019 pola que se convocan probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2019 (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional, para o ano 2019 (DOG nº 24 do 4 de febreiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano