Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED305F - Realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro.
O obxecto desta orde é a convocatoria de prazas para a realización de itinerarios formativos para a mellora da competencia lingüística e comunicativa en lingua estranxeira do profesorado.
Para a identificación desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase Realización de actividades de formación do profesorado no estranxeiro, co código de procedemento ED305F.
Modalidade das prazas convocadas .
As modalidades en que se convocan prazas para o profesorado son as seguintes:
1. Modalidade 1: integración. Itinerario formativo en tres fases.
Antes do inicio da actividade da fase B desta modalidade, o profesorado seleccionado que vaia participar nela deberá enviar ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal un plan de difusión onde se describan as accións que se compromete a realizar no seu centro de destino para dar visibilidade á experiencia formativa que vaia desenvolver e que deberá ser aprobado previamente.
a) Fase A (25 horas): curso de formación dunha semana de duración (7 días) en inglés, francés ou portugués na Comunidade Autónoma de Galicia, que terá lugar no primeiro trimestre do curso 2022/23.
O profesorado que teña acreditado un nivel C2 na lingua obxecto de estudo do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, non realizará esta fase.
b) Fase B (100 horas): programa de inmersión total en inglés, francés ou portugués, consistente na integración na vida escolar, sen obrigas lectivas, en centros escolares de Canadá, Francia ou Portugal.
O profesorado seleccionado integrarase en centros escolares e estará acompañado no horario lectivo do centro por un/unha docente da súa mesma área ou materia durante catro semanas, no primeiro trimestre do curso 2022/23. No caso do profesorado de formación profesional, o profesorado estará acompañado por un/unha docente dos mesmos módulos cando sexa posible ou por un/unha docente dun módulo afín.
As fases A e B realizaranse de forma consecutiva no tempo durante o primeiro trimestre do curso 2022/23 para garantir a substitución nos centros educativos durante as 5 semanas da duración destas fases.
c) Fase C (25 horas): difusión da experiencia adquirida.
Nesta fase o profesorado deberá realizar:
Memoria do desenvolvemento do plan de difusión aprobado antes da realización da fase B, na cal se deberá acreditar adecuadamente todo o plan desenvolvido segundo as orientacións do anexo VI.
Proposta didáctica na lingua obxecto de estudo que demostre a transferencia á aula dos coñecementos e metodoloxía adquiridos na integración, segundo as orientacións do anexo VI.
Estes documentos, memoria e proposta didáctica enviaranse de acordo co procedemento que se estableza por esta consellería antes do 14 de febreiro de 2023 e a equivalencia en horas de formación desta fase será de 25 horas de formación.
2. Modalidade 2: curso no estranxeiro. Itinerario formativo en dúas fases.
a) Fase de formación (50 horas): curso de formación de dúas semanas de duración nun país estranxeiro (Canadá, Reino Unido/Irlanda, Francia, Portugal ou Alemaña), que se desenvolverán no mes de xullo de 2022.
b) Fase de elaboración de materiais (25 horas): elaboración de materiais para a sociedade da información na lingua obxecto de estudo segundo as orientacións do anexo VII.
Esta proposta entregarase antes do 14 de febreiro de 2023 de acordo co procedemento que se estableza por esta consellería e a equivalencia en horas de formación desta fase será de 25 horas de formación.
3. Será necesario que a persoa participante acade unha avaliación positiva en cada unha das fases do itinerario formativo para poder realizar a fase seguinte e, de ser o caso, para obter a certificación.
1. As persoas solicitantes deben ser funcionarios/as de carreira ou funcionarios/as en prácticas dos corpos docentes detallados neste artigo que estean a impartir docencia en centros educativos públicos de ensinanzas non universitarias. No caso dos funcionarios/as en prácticas, poderán participar nas actividades formativas sempre que estas se desenvolvan fóra do período efectivo de prácticas.
Cada docente realizará unha única solicitude con elección por orde de prioridade das actividades formativas en que desexe participar e a adxudicación será a unha das actividades, segundo a orde de prioridade marcada, e non quedará como suplente no resto de actividades solicitadas. No caso de que non se lle adxudique ningunha actividade, pasará a estar na listaxe de suplentes para todas as actividades solicitadas. Se se lle ofrece unha praza, ao producirse algunha renuncia, nalgunha das actividades solicitadas ten que aceptar esa praza ou renunciar a todas, sen posibilidade de optar a outra das actividades solicitadas en caso de que houbese unha renuncia posterior.
2. Na modalidade 1, de integración, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:
a) Actividade 1. Integración para profesorado de inglés en infantil e primaria.
Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua estranxeira en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria.
b) Actividade 2. Integración para profesorado de inglés de secundaria, formación profesional e escolas oficiais de idiomas (EEOOII).
Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario ou profesores ou catedráticos de EEOOII que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EEOOII.
c) Actividade 3. Integración inglés para profesorado CLIL de ESO e bacharelato.
Profesorado de materias non lingüísticas impartidas en inglés (en diante, CLIL en inglés) dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, que imparta docencia directa na aula en educación secundaria obrigatoria ou bacharelato que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
d) Actividade 4. Integración inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que estea a participar nos programas de centros plurilingües e/ou seccións bilingües, que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º da ESO e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado do corpo de mestres, que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
e) Actividade 5. Integración para profesorado de inglés en EEOOII.
Profesorado especialista en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesores ou catedráticos de escolas oficias de idiomas que imparta inglés nas escolas oficias de idiomas ou nas súas seccións.
f) Actividade 6. Integración inglés para profesorado CLIL de FP e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado CLIL en inglés que imparte docencia directa na aula en formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, excepto nas EEOOII; que estea a participar nos programas de plurilingüismo e/ou seccións bilingües e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
g) Actividade 7. Integración en lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en portugués, profesorado de lingua portuguesa e CLIL en portugués que imparta docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
h) Actividade 8. Integración para profesorado especialista de francés de primaria, secundaria, formación profesional e EEOOII, e profesorado CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista de francés que imparta docencia en infantil, primaria, secundaria, formación profesional ou EEOOII, así como profesorado CLIL en francés que imparte docencia directa na aula en infantil, primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en francés do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar o profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
3. Na modalidade 2, de curso no estranxeiro, poderá participar, segundo as actividades relacionadas no anexo IV, o seguinte profesorado:
a) Actividade 9. Inglés en Canadá para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado do corpo de mestres, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
b) Actividade 10. Inglés para profesorado especialista de primaria.
Profesorado especialista en inglés do corpo de mestres que estea a impartir a lingua inglesa en educación infantil, educación primaria ou educación secundaria obrigatoria.
c) Actividade 11. Inglés para profesorado especialista de secundaria, formación profesional e EEOOII.
Profesorado especialista en inglés do corpo de profesores ou catedráticos de ensino secundario e profesores ou catedráticos de EEOOII que estea a impartir inglés en educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou EEOOII.
d) Actividade 12. Inglés para profesorado CLIL de infantil e primaria.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en infantil, primaria ou 1º e 2º ESO que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado do corpo de mestres, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
e) Actividade 13. Inglés para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado CLIL en inglés dos corpos de profesores ou catedráticos de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional ou ensinanzas de réxime especial que imparte docencia directa na aula, en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, excepto en EEOOII e que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL.
f) Actividade 14. Francés para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en francés e CLIL en francés que imparte docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua francesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
g) Actividade 15. Lingua portuguesa para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista en portugués e CLIL en portugués que imparta docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua portuguesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
h) Actividade 16. Lingua alemá para profesorado especialista e CLIL de primaria, secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado especialista de alemán e CLIL en alemán que imparta docencia directa na aula en primaria, secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial e que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua alemá do MCERL. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado, que imparta docencia directa na aula, que teña acreditado un nivel B1 ou superior en lingua alemá do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
i) Actividade 17. Inglés en Canadá para profesorado CLIL de secundaria, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.
Profesorado CLIL en inglés do corpo de mestres que imparta docencia directa na aula en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL, de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería. Do mesmo xeito, poderá participar outro profesorado que imparta docencia directa na aula en secundaria, formación profesional ou ensinanzas de réxime especial, que teña acreditado un nivel B2 ou superior en lingua inglesa do MCERL de acordo co anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería.
4. Todo o profesorado deberá asinar o anexo V, co visto e prace da dirección do centro educativo, comprometéndose a promover a creación ou o mantemento do programa de centros plurilingües ou seccións bilingües no seu centro de destino e a impartir a súa materia na lingua correspondente.
A adxudicación con carácter definitivo dunha das actividades é incompatible coa concesión de licenzas por formación para o curso 2022/23 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546515
Fax: 981546550
Email: formaes@edu.xunta.es
Dirección Xeral de Formación Profesional
Orde do 7 de xaneiro de 2022 pola que se convocan prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) para o ano 2022 (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 2022).
Orde do 4 de outubro de 2022 pola que se resolve definitivamente a convocatoria de prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
21/02/2022 10:00 - 22/03/2022 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 21 de febreiro de 2022 ata o día 21 do mes de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
Solicitude de participación .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
2. O modelo de solicitude (anexo I) inclúe unha declaración responsable pola que a persoa solicitante declara que o nivel de coñecemento de linguas estranxeiras do MCERL alegado na solicitude é o nivel máximo que ten acreditado á data de presentación da solicitude, de acordo co establecido na Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería (DOG do 26 de abril) modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016 (DOG do 7 de julio).
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo III, modelo de folla de autobaremación cuberta nos puntos que correspondan, no que se relacionen os méritos alegados na mesma orde que aparecen expostos no anexo II.
b) Acreditación dos méritos académicos, profesionais ou de calquera índole que aleguen, que non estean recollidos no seu expediente de datos persoais. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no baremo que se inclúe no anexo II.
Non serán tidos en conta nin valorados os méritos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire o artigo 9 desta convocatoria.
c) Certificado, expedido polo secretario ou secretaria do centro, co visto e prace da persoa directora, en que conste a área, materia ou módulo que imparte a persoa solicitante durante o curso académico 2021/22. No caso de que a persoa solicitante sexa coordinadora de centros plurilingües ou do programa de seccións bilingües ou profesorado CLIL, tamén deberá constar esta circunstancia no certificado.
d) Acreditación do nivel lingüístico segundo o MCERL, na/nas lingua/s correspondente/s da/das actividade/es solicitada/s, agás para aquelas persoas que xa teñan recollida esta información no seu expediente de datos persoais.
e) Anexo V, compromiso de promoción de sección bilingüe e/ou programas de centros plurilingües, debidamente cuberto.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Títulos oficiais universitarios.
d) Títulos oficiais non universitarios.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"