Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED305B - Licenza por formación para o profesorado.
a) Persoal docente funcionario que non gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).
b) Persoal docente funcionario que gozou de licenza por formación nos últimos dous cursos (2014/15 e 2015/16).
c) Persoal interino.
2. A distribución da duración das licenzas por modalidades, expresada en meses, é a que se recolle no anexo I desta orde de convocatoria.
Modalidades de licenzas por formación.
As licenzas por formación, todas elas retribuídas, poden solicitarse para as seguintes modalidades:
Modalidade 1. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.
Ten por obxecto a creación de materiais dixitais para o programa de educación dixital en niveis obrigatorios e segundo ciclo de educación infantil. Valorarase preferentemente a creación de secuencias didácticas das materias de libre configuración autonómica para os niveis indicados, así como materiais vinculados á atención á diversidade nestes niveis. Terán especial consideración aqueles materiais dixitais que permitan o visionamento en calquera tipo de dispositivo, incluídos os móbiles, é dicir, HTML5, HTML ou Javascript. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.
A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 2. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria e secundaria e atención á diversidade nestes niveis.
Ten por obxecto a creación de materiais dixitais para o programa de educación dixital en niveis obrigatorios e segundo ciclo de educación infantil. Valorarase preferentemente a creación de secuencias didácticas para as materias de libre configuración autonómica dos niveis indicados, así como materiais vinculados á atención á diversidade nestes niveis. Terán especial consideración aqueles materiais dixitais que permitan o visionamento en calquera tipo de dispositivo, incluídos os móbiles, é dicir, HTML5, HTML ou Javascript. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.
A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 3. Proxectos individuais para a elaboración ou adaptación de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Ten por obxecto a elaboración ou adaptación de materiais plurilingües que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2 do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
Esta modalidade terá as seguintes submodalidades:
- Submodalidade 3.a. Elaboración de materiais inéditos nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.
- Submodalidade 3.b. Actualización de materiais creados en convocatorias anteriores e, simultaneamente, a súa adaptación a unha ou máis linguas estranxeiras.
Con carácter xeral, serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais de formación profesional establecidos ao abeiro da LOE.
No anexo IX relaciónanse os módulos profesionais que xa foron obxecto de elaboración de materiais noutras convocatorias, coa indicación do número de horas pendentes de elaborar e o número de horas pendentes de adaptación.
Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería no procedemento de elaboración de programación de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación profesional, grupos de traballo, etc.).
A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 4. Grupos de traballo de dous ou tres membros para a elaboración de materiais curriculares plurilingües para as ensinanzas de formación profesional.
Ten por obxecto a elaboración de materiais plurilingües inéditos que desenvolvan actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación ás cales se refire o punto 2 do artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.
Os materiais poderán ser redactados nunha lingua oficial e/ou noutra ou noutras linguas estranxeiras.
Con carácter xeral, serán obxecto de elaboración de materiais os módulos profesionais establecidos ao abeiro da LOE.
No anexo IX relaciónanse os módulos profesionais que xa foron obxecto de elaboración de materiais noutras convocatorias, coa indicación do número de horas pendentes de elaborar.
Está dirixida preferentemente ao profesorado que fose formado pola Consellería no procedemento de elaboración de programación de módulos da LOE (cursos, proxectos de formación profesional, grupos de traballo, etc.).
A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, segundo a valoración do proxecto presentado.
Modalidade 5. Proxecto individual ou en grupos de dous a tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado.
Ten por obxecto a creación de cursos non presenciais de formación do profesorado que poderán impartirse na Plataforma de teleformación galega (Platega). A presentación do proxecto versará sobre algunha das temáticas preferentes propostas no anexo VIII, con mención expresa das subcompetencias profesionais correspondentes, e segundo as instrucións proporcionadas polo departamento correspondente do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI), que coordinará o curso. O obxectivo desta modalidade é a creación e, de ser o caso, a posterior titoría dos cursos, segundo o compromiso recollido no anexo V e nas condicións normativas establecidas no desenvolvemento de actividades de formación permanente do profesorado. A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV.
A duración das licenzas desta modalidade será dun a tres meses, dentro do período comprendido entre o 15 de setembro e o 31 de decembro de 2016.
Modalidade 6. Perfeccionamento en linguas estranxeiras no exterior.
Ten por obxecto o perfeccionamento da lingua estranxeira correspondente e a consecución da cualificación necesaria para promover a creación ou a continuación do programa de seccións bilingües e/ou de centros plurilingües, segundo o compromiso recollido no anexo VI. Está dirixida preferentemente ao profesorado non especialista de ensino primario e secundario que acredite como mínimo o nivel B2 en lingua estranxeira do Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL) ou teña coñecemento equivalente acreditable segundo a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas polo profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes da Consellería, agás o establecido para o profesorado actualmente en seccións bilingües, na disposición adicional primeira.
A adxudicación de licenzas realizarase consonte a seguinte orde de preferencia: en primeiro lugar, o profesorado non especialista de segundo ciclo de educación infantil, ensino primario e secundario e o profesorado que imparta docencia na formación profesional e, en segundo lugar, o profesorado especialista en linguas estranxeiras.
A presentación do proxecto seguirá o esquema establecido no anexo IV. O proxecto centrarase na presentación do plan de perfeccionamento da lingua que se desenvolverá durante o período da licenza.
As licenzas desta modalidade terán unha duración mínima dun mes e máxima de tres meses.
Obrigas das persoas beneficiarias.
1. Nas modalidades 1, 2 e 5, unha persoa asesora do CAFI e, nas modalidades 3 e 4, unha persoa asesora do Servizo de Ordenación e Formación Profesional ou das estruturas de formación do profesorado porase en contacto coas persoas beneficiarias co fin de lles transmitir as instrucións para a elaboración dos materiais. Durante o período de duración da licenza, as persoas beneficiarias asumen a obriga de entregar os documentos precisos para lle facilitar o labor de seguimento correspondente e de seguir, de ser o caso, as súas indicacións técnicas.
2. En caso de que durante o seguimento da licenza se observase algún incumprimento por parte dos beneficiarios, estes poderán perder o dereito de continuar gozando dela.
3. As persoas beneficiarias das licenzas poderán ser convocadas ás reunións que sexan necesarias, de carácter obrigatorio, para establecer as pautas de coordinación e indicacións técnicas xerais.
4. Nun prazo máximo de dous meses desde a finalización da licenza, as persoas beneficiarias presentarán a correspondente documentación xustificativa do cumprimento dos obxectivos previstos. Así mesmo, realizarase unha valoración final que será comunicada aos beneficiarios.
A citada documentación enviarase á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (Servizo de Formación do Profesorado), e constará dos seguintes elementos:
a) Para as modalidades 1 a 5, os seguintes elementos comúns:
a.1) Unha declaración xurada ou promesa (de cada membro do equipo ou do representante da entidade) de posuír, como responsables da autoría, plenos dereitos de divulgación e publicación, reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre a totalidade dos materiais presentados incluídos sons, vídeos, animacións, flash, textos... que forman parte dos obxectos dixitais educativos (ODE), e de que estes non estean comercializados. A autoría deberá aparecer expresada na portada do traballo obxecto da licenza. Esta declaración deberá axustarse ao modelo que se recolle no anexo XI.
a.2) No caso de que se inclúan imaxes de menores, en aplicación da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, achegaranse as correspondentes autorizacións de pais, nais ou persoas responsables da súa titoría legal, en soporte impreso e electrónico (PDF), debidamente cubertas e asinadas.
a.3) Poderanse incluír outros materiais complementarios que os autores e as autoras consideren de interese.
b) Elementos específicos para cada modalidade:
b.1) Para as modalidades 1 e 2:
b.1.1) Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.
b.1.2) Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, preparado para a súa publicación na internet, preferentemente con empaquetaxe SCORM. Para isto último deberanse seguir as recomendacións sobre creación e estrutura de contidos dixitais dispoñibles no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es/web/ODEs
b.1.3) Un manual de uso (en formato PDF ou RTF) en que se expliquen, cunha linguaxe axeitada para o nivel do alumnado, as pautas de utilización do material. Cando, por razóns especiais, non se xulgue necesario este documento, deberase razoar a decisión nun documento específico de igual título.
b.1.4) Un documento técnico en galego e castelán (en formato PDF ou RTF) en que se especifiquen os pasos que haxa que seguir para a instalación e os parámetros de configuración e execución da aplicación desde a internet e no servidor cliente.
b.2) Para as modalidades 3 e 4:
Orixinal en soporte dixital dos materiais elaborados, no cal constará:
1. Programación dos módulos profesionais dos cales se elaboran materiais, realizada mediante a aplicación informática de elaboración de programacións da Consellería.
2. As actividades de ensino e aprendizaxe e de avaliación elaboradas que desenvolvan algunha das relacionadas no punto 4.a) da correspondente programación. Estas actividades deben ser entregadas en soporte dixital editable.
Os materiais elaboraranse seguindo o formato e as instrucións que especifique o Servizo de Ordenación e Formación Profesional.
b.3) Para a modalidade 5:
b.3.1) Unha guía didáctica (en formato PDF ou RTF) en que se expoñan os obxectivos educativos pretendidos, os aspectos curriculares en que se incida, a metodoloxía e as orientacións didácticas, as actividades que se propoñan e os recursos de avaliación para o alumnado, con mención dos medios para achegar retroalimentación ás aprendizaxes no proceso avaliativo.
b.3.2) Orixinal en soporte dixital editable dos materiais elaborados para o curso que estean embebidos na Platega e aloxados en servizos externos (Youtube, Slideshare, Issuu, etc.).
b.4) Para a modalidade 6:
b.4.1) Memoria final segundo o guión que figura no anexo VII.
b.4.2) Certificación orixinal ou unha fotocopia compulsada expedida polo centro ou a institución onde se realizou o perfeccionamento na lingua estranxeira, con expresión da duración en datas e número total de horas da formación recibida, así como unha tradución desa certificación.
a) Persoal docente funcionario.
1º. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2014/15 e 2015/16, e no 2016/17 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da Consellería.
2º. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2016/17, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.
3º. Cando os participantes fosen beneficiarios dunha licenza por formación no curso 2015/16, a valoración positiva do traballo desenvolvido considerarase unicamente para efectos de desempate.
b) Persoal interino.
Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.
2. Ademais, nas modalidades 3 e 4:
O profesorado solicitante deberá ter atribución docente no módulo ou módulos solicitados, agás na modalidade 4, tal como se recolle no parágrafo seguinte.
No caso de elaborar ou adaptar materiais nalgunha lingua estranxeira, acreditar a competencia lingüística nesta lingua no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas. Na modalidade 4, cumprirá que polo menos un membro do grupo de traballo teña acreditada esta competencia lingüística ou que un membro sexa da especialidade en que se vaian elaborar ou adaptar materiais.
Na submodalidade 3.a e na modalidade 4, a suma da duración das actividades elaboradas será dun mínimo de 15 horas por persoa e mes de duración da licenza.
Na submodalidade 3.b a suma da duración das actividades adaptadas será dun mínimo de 45 horas por persoa e mes de duración da licenza.
3. Obteren os mínimos previstos nesta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Servizo de Ordenación Educativa
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997635
Fax: 981546550
Email: licenzas.fprofe@edu.xunta.es
Servizo de Ordenación Educativa
Orde do 7 de xuño de 2016 pola que se convocan licenzas por formación para o curso 2016/17 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión (DOG nº117 do 21 de xuño de 2016).
Prazo de presentación: PECHADO
22/06/2016 00:00 - 21/07/2016 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- As solicitudes presentaranse utilizando o modelo do anexo II. A solicitude será única e para unha soa modalidade.
- Á solicitude achegaráselle a seguinte documentación:
- a) Para as modalidades 1, 3 e 6: acreditación dos meritos academicos, profesionais ou de calquera índole que se considere conveniente alegar. Estes serán xustificados mediante os documentos que se especifican no anexo III desta orde. As modalidades 2, 4 e 5, ao seren de grupo, quedan exentas.
No caso da formación academica non exixida para o ingreso no corpo e que non figure no expediente do solicitante, este poderá optar por presentar fotocopia compulsada da documentación acreditativa ou ben autorizar a Administración para a súa consulta a traves da páxina web http://intranet.xunta.es/interoperabilidade
A indicada autorización deberá axustarse ao modelo que figura no anexo II desta orde de convocatoria.
- b) Ademais, para as modalidades 1 e 2, unha demostración ou exemplo desenvolvido, elaborado coa/s ferramenta/s que utilizará segundo o seu proxecto.
- c) Ademais, nas modalidades 3 e 4, no caso de elaborar ou adaptar materiais nalgunha lingua estranxeira, para acreditar a competencia lingüística nesta lingua no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas deberán presentar orixinal ou copia compulsada da documentación que acredite esta circunstancia.
- d) Ademais, para a modalidade 5, unha maqueta do curso na plataforma dixital Platega 2 (Moodle 2.6), especificando a descrición de cada bloque (obxectivos, contidos, espazos de comunicación e interacción, tarefas...) e o anexo V debidamente cuberto.
- e) Ademais, na modalidade 6, o anexo VI debidamente cuberto e, de ser o caso, orixinal ou copia compulsada da documentación que acredite a competencia lingüística na lingua correspondente no nivel B2 do Marco común europeo de referencia para as linguas.
- f) Para todas as modalidades, proxecto de traballo segundo o contido do anexo IV. A persoa que solicite a modalidade 3.b non cubrirá a alínea d) do proxecto.
- As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).
Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992, do 26 de novembro), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. - A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Esta documentación tamen poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. - As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais, sempre que exista constancia de que sexan autenticas.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número de código único de rexistro.
- Todas as persoas participantes deberán presentar relación numerada e asinada da documentación entregada, seguindo a orde que aparece no indicado anexo III. Non se terán en conta nin se valorarán os meritos nin os servizos alegados e non xustificados debidamente, nin os que se aleguen fóra do prazo a que se refire este artigo.
Cómpre salientar que non terán que presentarse os documentos xustificativos de meritos alegados que xa fosen achegados polo profesorado para completar o seu expediente persoal na aplicación informática a traves do enderezo www.edu.xunta.es/datospersoais - A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"