Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED302B - Habilitación para o exercicio da docencia en centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional
A presente orde ten por obxecto desenvolver o Real decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas do segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria, e o Real decreto 860/2010, do 2 de xullo, polo que se regulan as condicións de formación inicial do profesorado dos centros privados para exercer a docencia nas ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato e establecer o procedemento para habilitar o profesorado para exercer docencia na educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional (código de procedemento ED302B).
A presente orde é de aplicación ás persoas que teñan o seu domicilio no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e desexen habilitarse para impartir docencia nos centros privados e ás persoas que non tendo o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia, teñan unha oferta de emprego dun centro privado desta.
Condicións de formación inicial para impartir educación infantil e educación primaria
1. Resulta de aplicación a regulación contida no Real decreto 476/2013, do 21 de xuño, polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de educación infantil e de educación primaria.
2. Non terán que solicitar a habilitación as persoas que posúan algunha das titulacións que se relacionan no anexo III da presente orde.
Condicións de formación inicial para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato
1. Os requisitos de formación inicial para impartir as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou de bacharelato son:
• Ter unha titulación de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura, ou un título oficial de educación superior de grao.
• Acreditar unha cualificación específica adecuada para impartir as materias respectivas.
• Ter a formación pedagóxica e didáctica a que fai referencia o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
2. A cualificación específica requirida para impartir as materias da educación secundaria obrigatoria e bacharelato acreditarase mediante os procedementos establecidos no artigo 3 do Real decreto 860/2010, do 2 de xullo.
Formación pedagóxica e didáctica
1. O profesorado que imparta educación secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional específica deberá acreditar a formación pedagóxica e didáctica establecida no artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e, polo tanto, posuír o correspondente título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro, polo que se establecen os requisitos de verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas.
2. Non será necesario posuír o citado título oficial de máster antes mencionado para as persoas que soliciten habilitación e acrediten posuír, con anterioridade ao 1 de outubro de 2009, algún dos seguintes requisitos:
a) Posuír o título profesional de especialización didáctica, o certificado de cualificación pedagóxica ou o certificado de aptitude pedagóxica.
b) Posuír un título universitario oficial que habilite para o exercicio da profesión de mestre, ou unha titulación de licenciatura en Pedagoxía ou Psicopedagoxía, así como calquera outra titulación de licenciatura ou outra titulación declarada equivalente a esta que inclúa formación pedagóxica e didáctica. Así mesmo, tamén estará exento o persoal que estivese cursando a titulación de mestre, licenciatura en Pedagoxía ou Psicopedagoxía e tivese cursado 180 créditos destas na citada data do 1 de outubro de 2009.
c) Ter impartido docencia durante un mínimo de 12 meses en centros públicos ou privados de ensinanza regrada, debidamente autorizados, nos niveis e ensinanzas cuxas especialidades docentes se regulan no Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro. No caso dos módulos profesionais, que no ensino público sexan impartidos por persoal funcionario das especialidades a que se pode acceder co título de técnico superior ou equivalente, ter impartido docencia con anterioridade ao 1 de setembro de 2014 durante dous cursos académicos completos ou, na súa falta, durante 12 meses exercidos en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados de ensinanza regrada debidamente autorizados, nas ensinanzas de formación profesional. A experiencia docente en centros privados acreditarase mediante certificación da dirección do centro co visto e prace da Inspección educativa ou certificación de servizos prestados expedida pola Administración educativa correspondente, no caso de centros públicos.
Condicións de formación para impartir módulos profesionais correspondentes á formación profesional do sistema educativo
1. As titulacións exixidas para obter a habilitación para impartir os módulos profesionais de ciclos de formación profesional do sistema educativo son as que para cada módulo se establecen no real decreto polo que se aproba o correspondente título.
Cando a titulación exixida sexa xenérica, deberá cumprirse algún dos seguintes requisitos:
a) Que as ensinanzas conducentes á titulación alegada engloben todos os resultados de aprendizaxe do módulo profesional.
b) Que se acredite unha experiencia profesional habitual e remunerada de, polo menos, tres anos realizados nos nove anteriores á solicitude, en ocupacións que inclúan o desenvolvemento de actividades produtivas, distintas da docencia, que comprendan as realizacións profesionais asociadas con todos os resultados de aprendizaxe do módulo solicitado. A experiencia laboral acreditarase mediante certificado das entidades onde se prestasen servizos laborais, recollendo as ocupacións realizadas, de acordo co anexo II e informe da vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. Para identificar as ocupacións, será empregada a Clasificación nacional de ocupacións 2011 publicada polo Instituto Nacional de Estatística.
c) No caso de traballadores por conta propia, acreditarase experiencia profesional desenvolvida de xeito habitual de, polo menos, tres anos, realizados durante os nove anteriores á solicitude, en ocupacións análogas ás indicadas no punto anterior. A experiencia profesional acreditarase mediante certificado das actividades desenvolvidas, recollendo as ocupacións realizadas, de acordo co anexo II, informe da vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social e certificación sobre o imposto de actividades económicas ou autorización, neste último caso, para a consulta dos datos a través do nodo de interoperabilidade da Xunta de Galicia.
d) No caso de módulos profesionais correspodentes a ciclos de formación profesional básica, que se acredite unha experiencia docente no sistema educativo de, polo menos, tres cursos académicos impartindo módulos de ensinanzas vinculadas ao módulo solicitado. A vinculación virá determinada pola inclusión de ambos os módulos en ofertas formativas pertencentes á mesma familia profesional. Tamén existirá vinculación cando ambos os dous módulos estean atribuídos á mesma especialidade de profesorado. A experiencia docente acreditarase mediante certificación emitida pola persoa titular da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Educativa ou certificación de servizos prestados expedida pola Administración educativa correspondente.
2. Para solicitar a habilitación para impartir formación profesional deberá acreditarse a oferta de emprego dun centro privado da Comunidade Autónoma de Galicia ou solicitala para un módulo profesional que se estea a impartir no centro educativo en que se presta servizos laborais.
Condicións de formación inicial para impartir Lingua Galega e Literatura Galega na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato
Será necesario posuír calquera título de licenciatura da área de Humanidades ou calquera título oficial de grao da rama de coñecemento de Artes e Humanidades, e acreditar unha experiencia docente ou unha formación superior adecuada para impartir o currículo da materia correspondente.
Condicións de formación inicial para impartir materias de libre configuración autonómica na educación secundaria obrigatoria e no bacharelato
1. Cando a materia estea adscrita á área de ciencias será necesario posuír calquera titulación de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura da área de Ciencias Experimentais e da Saúde, das Ensinanzas Técnicas ou das Ciencias Sociais e Xurídicas ou calquera título oficial de grao da rama de coñecemento de Ciencias, de Enxeñaría e Arquitectura, de Ciencias da Saúde ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, e acreditar unha experiencia docente ou unha formación superior adecuada para impartir o currículo da materia.
2. Cando a materia estea adscrita á área de letras será necesario posuír calquera titulación da área de Humanidades, de Ciencias Sociais ou Xurídicas ou calquera título oficial de grao da rama de coñecemento de Artes e Humanidades, ou de Ciencias Sociais e Xurídicas, e acreditar unha experiencia docente ou unha formación superior adecuada para impartir o currículo da materia correspondente.
Condicións de formación inicial para impartir o bloque de Comunicación e Ciencias Sociais e o bloque de Ciencias Aplicadas da formación profesional básica
1. O bloque de Comunicación e Ciencias Sociais será impartido por persoas que estean habilitadas para impartir calquera das seguintes materias: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, lingua estranxeira, Xeografía, Historia e Xeografía e Historia.
2. O bloque de Ciencias Aplicadas será impartido por persoas que estean habilitadas para impartir calquera das seguintes materias: Matemáticas, Física, Química, Física e Química, Bioloxía, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.
Condicións de formación inicial para impartir os ámbitos dos programas de mellora da aprendizaxe e do rendemento
1. O ámbito lingüístico e social será impartido por persoas que estean habilitadas para impartir calquera das seguintes materias da educación secundaria: Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura, lingua estranxeira e Xeografía e Historia.
2. O ámbito científico e matemático será impartido por persoas que estean habilitadas para impartir calquera das seguintes materias da educación secundaria: Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía.
Requisito de coñecemento da lingua galega
O profesorado para exercer a docencia nos centros pertencentes ao ámbito de aplicación desta orde deberán posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de lingua galega, certificado de nivel avanzado da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, e polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro, ou outros estudos declarados equivalentes.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña
Servizo de Programación e Contratación da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184710
Email: centros.concertados.coruna@edu.xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43 - 7º e 8º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805909
Email: inspeccion.pontevedra@edu.xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo
Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294170
Email: inspeccion.lugo@edu.xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense
Servizo Xurídico e Técnico Administrativo, Programación e Contratación de Ourense
Rúa Concello, 11
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988388654
Email: contratacion.ourense@edu.xunta.gal
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (código de procedemento ED302B).(DOG núm. 161, do 12 de agosto de 2020)
Orde do 27 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (DOG nº 106 do 3 de xuño de 2022).
Corrección de erros. Orde do 27 de maio de 2022 pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2020 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, e se establece o procedemento de habilitación (DOG nº 111 do 10 de xuño de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
Os prazos de presentación de solicitudes da habilitación de cada ano natural serán os seguintes:
a) Do 10 de xaneiro ao 31 de xaneiro, ambos incluídos.
b) Do 15 de marzo ao 31 de marzo, ambos incluídos.
c) Do 1 ao 30 de xuño, ambos incluídos.
d) Do 1 de setembro ao 15 de setembro, ambos incluídos.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, o prazo entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos http://www.edu.xunta.es/habilitacions e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
As titulacións exixidas para o exercicio nos centros privados das ensinanzas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, así como as funcións que desenvolven estas persoas, presupoñen que as persoas solicitantes posúen a capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do que establece o artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, como xustificación da obrigatoriedade de presentar as solicitudes exclusivamente por medios electrónicos.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data da presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia. Deberán incluírse na mesma solicitude todas as áreas, materias ou módulos profesionais para os cales se desexe obter a habilitación.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II. Certificación de actividades desenvolvidas en entidades produtivas, no caso das persoas solicitantes de habilitación para formación profesional que aleguen experiencia laboral.
b) Informe da vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social, no caso de solicitar habilitación para formación profesional e alegar experiencia laboral.
c) Certificación da experiencia docente emitida pola persoa titular da dirección do centro co visto e prace do Servizo de Inspección Educativa, no caso de solicitar habilitación por experiencia docente para módulos profesionais correspondentes a ciclos de formación profesional básica.
d) Oferta de emprego, no caso de solicitar habilitación para formación profesional.
e) Certificación académica oficial que acredite que se realizaron todos os estudos para a obtención deste xunto coa documentación acreditativa do pagamento dos dereitos de expedición, no caso de non dispor do título. Deberá presentarse a credencial da súa homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanza de idiomas, mestre en Educación Primaria ou en Educación Infantil, no caso de titulacións obtidas no estranxeiro.
f) Título no caso das persoas que posúan unha titulación de licenciatura en Filosofía e Letras ou en Filosofía e Ciencias da Educación para o que se require dunha sección e/ou subsección determinada, a licenciatura en Filoloxía, licenciatura en Tradución e Interpretación ou o grao no ámbito dunha lingua estranxeira. No suposto de non constar no título a especialidade ou, de ser o caso, a lingua estranxeira deste, deberá achegarse ademais a certificación académica.
g) Certificación académica persoal, en que conste ter superado polo menos 24 créditos ou créditos ECTS de formación, ou no caso de non figurar créditos, dous cursos académicos en calquera estudo universitario oficial, de materias relacionadas coa formación que se desexa acreditar, agás nos supostos en que a titulación concreta estea relacionada para a materia solicitada no anexo do Real decreto 860/2010 ou nos criterios publicados pola Comisión Autonómica de Habilitacións de Galicia.
h) Certificación académica oficial expedida pola universidade acreditativa da obtención da mención, no caso de persoas graduadas en Educación Primaria que obtivesen unha mención nunha universidade distinta da que obtiveron o título e aleguen esta mención para obter a habilitación da materia.
i) Certificado de nivel avanzado, de aptitude ou nivel intermedio B2 do idioma correspondente das escolas oficiais de idiomas, no caso de solicitar a habilitación de lingua estranxeira en primaria ou para acreditar o dominio da lingua en educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
j) Certificación acreditativa de nivel de competencia lingüística B2 ou superior segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas, consonte co establecido no anexo da Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, modificada pola Orde do 21 de xuño de 2016, no caso de acreditar o dominio da lingua en educación secundaria obrigatoria e bacharelato.
k) Título superior de Música relativo ás ensinanzas artísticas superiores a que se refire o artigo 54 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, título superior de Música da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, ou titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, título profesional de Música da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, o da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, título de profesor regulado no Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, de regulamentación xeral dos conservatorios de música, diploma elemental o ter cursado as ensinanzas de Solfexo e Teoría da Música, Conxunto Coral e Instrumento correspondentes ao grao elemental, conforme o Decreto 2618/1966, do 10 de setembro, no caso de que se requira algunha destas titulacións para obter a habilitación da materia.
l) Título superior de Danza (artigo 54.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio), título superior de Danza (artigo 42.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro) ou ensinanzas declaradas equivalentes para efectos de docencia, no caso de que se requira algunha destas titulacións para obter a habilitación da materia.
m) Título superior de Arte Dramática (artigo 55.3 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio), título superior de Arte Dramática (artigo 45.1 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro) ou titulacións declaradas equivalentes para os efectos de docencia, no caso de que se requira algunha destas titulacións para obter a habilitación da materia.
n) Título superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais, Deseño ou Artes Plásticas, no caso de que se requira algunha destas titulacións para obter a habilitación da materia.
o) Diploma de Educación Especial ou de Logopedia correspondente a cursos organizados mediante convenio entre as diferentes administracións educativas e universidades, no caso de que se requira algunha destas titulacións para obter a habilitación da materia.
p) Diploma de especialista en Medicina Deportiva, no caso de que se requira esta titulación para obter a habilitación da materia.
q) Documentación xustificativa da formación pedagóxica e didáctica a que se refire o artigo 100.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación ou, cando sexa o caso, da formación equivalente, excepto o título de máster regulado pola Orde ECI/3858/2007, do 27 de decembro.
r) Certificado de Celga 4 ou equivalente non expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, validación do certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4), curso de perfeccionamento da lingua galega, validación do curso de perfeccionamento en lingua galega expedida polo órgano competente, título de licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, certificado de aptitude ou nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas ou certificado de ter o curso de especialización en lingua galega.
s) Certificación de ter superado os cursos da especialidade que se solicita no nivel educativo de primaria, segundo o establecido no artigo 7 do Real decreto 476/2013, do 21 de xuño, polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de educación infantil e de educación primaria, de ser o caso.
t) Certificación de ter superado a fase de oposición da especialidade que se solicita, segundo o establecido no artigo 8 do Real decreto 476/2013, do 21 de xuño, polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de educación infantil e de educación primaria, de ser o caso.
v) Certificación de ter superada a proba a que fai referencia o artigo 21.1 do Real decreto 276/2007, do 23 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, acceso e adquisición de novas especialidades nos corpos docentes a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e se regula o réxime transitorio de ingreso a que se refire a disposición transitoria décimo sétima da citada lei, da especialidade a que está asignada a materia correspondente nos anexos III, IV e V do Real decreto 1834/2008, do 8 de novembro, polo que se definen as condicións de formación para o exercicio da docencia na educación secundaria obrigatoria, o bacharelato, a formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, e se establecen as especialidades dos corpos docentes de ensino secundario, de ser o caso.
x) Certificación da experiencia docente consistente na impartición da materia solicitada durante, polo menos, dous cursos completos ou, na súa falta, 12 meses en períodos continuos ou descontinuos, en centros públicos ou privados debidamente autorizados para impartir as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria ou bacharelato, de ser o caso. A experiencia docente debe ser anterior ao 13 de marzo de 2010 e acreditarase coa certificación da dirección do centro co visto e prace da inspección educativa ou certificación de servizos prestados expedida pola Administración educativa correspondente.
y) Certificación da impartición de lingua estranxeira en educación secundaria emitida pola dirección do centro co visto prace da Inspección educativa, no caso de formular solicitude específica de centro para impartir idioma en primaria.
2. Non será necesario achegar de novo a documentación no caso daquelas persoas que a presenten en calquera convocatoria a partir da convocatoria de habilitacións de xaneiro de 2021.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
b) Títulos oficiais universitarios que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación, agás no caso das persoas que posúan unha titulación de licenciatura en Filosofía e Letras ou en Filosofía e Ciencias da Educación para os que se require dunha sección e/ou subsección determinada, a licenciatura en Filoloxía, licenciatura en Tradución e Interpretación ou o grao no ámbito dunha lingua estranxeira.
c) Certificado do Celga 4 ou equivalente expedido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
d) Certificación do imposto de actividades económicas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Autorización de cobro de cantidade por actividades escolares complementarias, actividades extraescolares e servizos complementarios a centros docentes privados concertados.