Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED301I
Axudas a centros privados concertados para atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. O obxecto desta orde é establecer os criterios, os requisitos e o procedemento (código ED301I) para a concesión de axudas económicas aos centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para atender o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nas correspondentes unidades concertadas, naqueles aspectos que non estean xa cubertos polo concerto educativo, ao longo do curso escolar 2019/20.
2. Enténdese por alumnado que presenta necesidades específicas de apoio educativo aquel que requira por un período da súa escolarización, ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións específicas derivadas de discapacidade motórica, sensorial, intelectual ou trastornos xeneralizados do desenvolvemento e a conduta.
Os centros docentes privados que teñan concerto vixente coa Comunidade Autónoma de Galicia para as ensinanzas do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, formación profesional básica e ciclos formativos de grao medio e superior.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546518
Fax: 981546542
Email: sxcentros@edu.xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
27/09/2019 00:00 - 28/10/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes computado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Exclúense desta convocatoria de axudas os centros concertados específicos de educación especial e os centros con unidades concertadas de educación especial.
- Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
- Para obter estas axudas, os solicitantes terán que estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, da Seguridade Social e da Comunidade Autónoma.
Lugar de presentación.
a) As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
A capacidade económica, técnica e a dedicación profesional das persoas físicas titulares de centros docentes privados concertados, solicitantes desta axuda, permite presupoñer que posúen a capacidade técnica suficiente para o acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios, no sentido do artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
b) As solicitudes estarán asinadas polas persoas representantes dos centros educativos.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
Coa solicitude formulada conforme o modelo anexo I desta orde achegarase a seguinte documentación:
a) Unha memoria explicativa en que consten as necesidades específicas do centro para atender o alumnado que requira apoio educativo.
Dado que os fondos destinados a cada fin están limitados na súa contía máxima e corresponden a partidas orzamentarias distintas, tal e como se distribúen nos artigos 11 e 17, na devandita memoria os centros deberán indicar a que finalidade prevén destinar as axudas en función dos distintos parágrafos recollidos no artigo 11 desta orde:
– Contratación de persoal complementario, reparacións, mantemento, material non inventariable.
– Material inventariable.
Para o caso de que a previsión afecte a adquisición de material específico ordinario inventariable incluirán unha relación detallada destes materiais indicando a súa finalidade e necesidades que pretenden atender con eles.
b) A certificación en que se detalle o alumnado segundo o tipo de discapacidade a que se refire o punto 2 do artigo primeiro desta orde e, se é o caso, o grao recoñecido polo organismo competente.
c) No caso de que solicite outras axudas para o mesmo proxecto ou actividade, achegará unha declaración responsable do conxunto de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados e a súa contía. No caso contrario, declaración de non telas solicitado.
d) Declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, de conformidade co artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o compromiso de manter o cumprimento do mencionado requisito durante o período de tempo de xestión e xustificación da subvención.
As declaracións, se é o caso, das letras c) e d) faranas no modelo do anexo I.
A documentación complementaria deberá presentarase electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) Certificación que debe emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Certificación que debe emitir a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Certificación que debe emitir a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración doutras axudas (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 12 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/20 (DOG nº 183 do 26 de setembro de 2019).
-
Extracto da Orde do 12 de setembro de 2019 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas a centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/20 (DOG nº 183 do 26 de setembro de 2019).
-
ORDE do 17 de decembro de 2019 pola que se resolve a convocatoria de axudas a centros privados concertados para a atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2019/20.
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.
Aberto todo o ano
Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano
Modificación de autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.
Aberto todo o ano