Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED013A - Participación no concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da consellería competente en materia de educación.
Convocar concurso de traslados específico entre o persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación en colexios públicos de educación infantil e primaria ou de educación primaria (código de procedemento ED013A).
Vacantes que se convocan .
As prazas que se cubrirán neste concurso son as que aparecen no anexo III desta orde e as resultas que se poidan producir nos centros que aparecen no anexo IV.
As prazas dos centros de orientación compartida (OC) solicitaranse co código do centro base, que é o centro que aparece no primeiro lugar.
Tanto os departamentos de orientación únicos como os departamentos de orientación compartidos abranguerán no seu ámbito de actuación os centros que, se é o caso, se lles adscriban.
Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, no anexo III relaciónanse os centros que previsiblemente terán adscritos no curso académico 2023/24.
Poderá participar na presente convocatoria:
a) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de servizo activo con destino definitivo en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, sempre que, de conformidade co establecido na disposición adicional sexta 6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e no artigo 12.1 do Real decreto 1364/2010, do 29 de outubro, transcorresen, ao rematar o presente curso académico, polo menos dous anos desde a toma de posesión do último destino definitivo.
Entendese incluído o persoal funcionario de carreira desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.
b) Así mesmo, poderá participar o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres en expectativa de destino nun centro dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
c) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que, estando adscrito a prazas no exterior, deba incorporarse ao ámbito territorial de xestión da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.
d) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres dependente da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que estea en situación de excedencia por coidado de familiares ou servizos especiais.
e) O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia. Se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollida no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderá participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice a convocatoria transcorreu un ano desde que pasou a esta situación e dous anos desde que obtivo o destino definitivo en que lle foi concedida, se for o caso, a excedencia.
f) O persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou reserva de persoas con discapacidade convocado pola Orde do 28 de xaneiro de 2022 (DOG do 31 de xaneiro).
As persoas participantes no concurso por esta alínea f) farano con cero puntos.
Será requisito imprescindible posuír o certificado de lingua galega 4 (Celga 4), ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ou ter a validación correspondente ou telo superado a través de proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro, ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superaron a proba de coñecemento da lingua galega no procedemento selectivo de acceso ao corpo de mestres.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Recursos Humanos
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545495
Email: persoal.primaria@edu.xunta.gal
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG nº 221 do 21 de novembro de 2022).
Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 26 de outubro de 2022 pola que se convoca concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG nº 230 do 2 de decembro de 2022).
Resolución do 21 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publica a adxudicación definitiva de destinos do concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial dependentes desta consellería (DOG nº 85 do 4 de maio de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
22/11/2022 00:00 - 21/12/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, mediante o procedemento normalizado ED013A, será de 20 días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na epígrafe 2 da base quinta, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso específico.
1. Forma de participación .
1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (código de procedemento ED013A).
As solicitudes tamén poderán cubrirse na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.
2. Documentación complementaria .
Non será necesaria a presentación de documentación complementaria xunto coa solicitude de participación no concurso de traslados específico. Non obstante, o persoal concursante deberá proceder do modo que se indica a seguir:
2.1. Persoal concursante con expediente actualizado.
De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais que figuren no expediente empregaranse na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.
O persoal concursante poderá verificar todos os méritos que figuran no seu expediente mediante a lapela que permite o acceso ao expediente persoal desde a solicitude de participación no concurso de traslados específico. Así mesmo, na solicitude de participación do concurso poderá comprobar aqueles méritos que se consideran para os efectos de baremo desta convocatoria, así como a puntuación total e por apartados, epígrafes e subepígrafes, de ser o caso, que se lle outorga.
Para estes efectos, a baremación das epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes. No suposto de estar de acordo coa puntuación outorgada deberá marcar a opción «Acóllome ao baremo do último concurso no que participei» na solicitude de actualización do expediente e non será necesaria neste caso a presentación desta solicitude de actualización. No caso de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participou ou, se con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas, deberá proceder segundo o establecido na subepígrafe 2.2.1 desta base para o persoal concursante sen expediente actualizado.
De estar conforme coa puntuación outorgada, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso específico de acordo co establecido no apartado primeiro desta base.
2.2. Persoal concursante con expediente sen actualizar.
No prazo de presentación de solicitudes establecido na base sexta desta orde, o persoal docente que participe no concurso específico e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
2.2.1. Alegacións aos méritos recollidos nas epígrafes 6.1 e 6.3 do anexo II.
A baremación destas epígrafes é a outorgada pola Comisión de Avaliación para o persoal que participou no concurso de traslados convocado pola Orde do 8 de novembro de 2010 (DOG do 16 de novembro) ou nas convocatorias seguintes.
No suposto de posuír nestas epígrafes novos méritos perfeccionados con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes da última convocatoria pola que participou deberá marcar a opción «Acóllome ao baremo pero desexo alegar publicacións posteriores ao último concurso en que participei» na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir.
Se, con carácter excepcional, o persoal interesado discrepa da puntuación outorgada nestas epígrafes, deberá marcar na lapela correspondente da solicitude de actualización do expediente a opción de «Non me acollo ao baremo e quero volver a alegar todo» e, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013A), deberá presentar tamén por medios electrónicos a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), excepto no suposto de que xa presentase electronicamente a devandita solicitude de actualización en relación co concurso xeral de traslados e non posúa ningún outro mérito máis para engadir. Neste concreto suposto, no procedemento código ED011A deberá achegar xunto coa solicitude toda a documentación para a cal solicita baremación relativa a estas epígrafes.
No tocante á presentación dos arquivos electrónicos relativos á antedita documentación xustificativa, deberá aterse aos requirimentos técnicos soportados pola sede electrónica da Xunta de Galicia, que poden consultarse na lapela Presentación: «Presentar documentación de gran tamaño: consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos», que figura na Guía de procedementos e servizos correspondente ao procedemento con código ED011A.
2.3. Incorporación das novas alegacións ao expediente persoal.
A Comisión de Baremación será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento código ED011A e posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.
A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso específico cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, pola Comisión de Baremación e poderá ser consultada polo persoal concursante na lapela Baremo, existente na solicitude de participación do concurso.
3. Comprobación de datos .
3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"