Guía de procedementos e servizos

DE400E

Axudas Galicia Paris 2024.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 11/05/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Apoiar ás persoas deportistas, técnicas principais e auxiliares, adestradoras principais e auxiliares, xuíces ou árbitros galegas, incluídas na listaxe de convocados/convocatoria oficial definitiva para os XXOO/XXPP de París 2024.

Poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

• Ter en vigor o recoñecemento pola Secretaría Xeral para o Deporte, como persoa deportista, técnica, adestradora, xuíz ou árbitro galega de Alto Nivel, nos anos 2023 ou 2024. Como únicas excepcións a este punto, naqueles casos nos que non se poida acreditar tal recoñecemento, as persoas solicitantes deberán acreditar residir actualmente en Galicia ou ter residido durante a súa etapa de formación deportiva e reunir un dos seguintes requisitos:

◦ Ter nado en Galicia.

◦ Ter unha vinculación familiar ata o segundo grao de cosanguineidade en Galicia.

• Ter licenza deportiva vixente nunha especialidade deportiva incluída no programa dos XXOO/XXPP de París 2024, expedida por unha federación deportiva galega dende alomenos o 1 de xaneiro do 2023. No caso dos deportistas que, cumprindo co apartado anterior, non teñan licenza federativa galega por ter que estar adestrando e competindo fóra de Galicia, a acreditación deste requisito efectuarase mediante certificación doutra federación territorial, española ou internacional.

• Cumprir cos criterios establecidos no punto 6.2. destas bases, acreditando oficialmente que o seu nome estea incluído na listaxe definitiva de convocados/convocatoria oficial definitiva para os XXOO/XXPP de París 2024, como persoas deportistas, técnicas principais e auxiliares, adestradoras principais e auxiliares, xuíces ou árbitros.

• Non estar cumprindo sanción disciplinaria ou administrativa en materia deportiva de carácter grave ou moi grave.

No caso de todos os tipos de Axuda, a persoa solicitante deberá cumprir cos criterios específicos estipulados no apartado 6.2. destas bases.                                                                

Non poderán obter a condición de persoa beneficiaria aquelas persoas solicitantes nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fundación Deporte Galego

Rúa Madrid, nº 2 - 4, 2º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996375

Email: fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal

https://deporte.xunta.gal/

Fundación Deporte Galego
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/05/2024 00:00 - 30/09/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2024. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.

Solicitudes.

As persoas solicitantes interesadas presentarán a solicitude (Anexo I) preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 Tamén poderán presentarse as solicitudes presencialmente  no Rexistro da Fundación Deporte Galego (R/ Madrid, 2-4, 2º (Fontiñas) – 15781 Santiago de Compostela), cuxo horario de rexistro aos efectos de presentación das solicitudes referidas ás presentes bases será de 9:00 a 14:00 horas.

A presentación das proposicións por unha vía diferente ás sinaladas será causa de rexeitamento ou exclusión.

Documentación complementaria.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

· Anexo II. Autorización de representación. Unicamente nos casos nos que a persoa solicitante outorgue facultades de representación a outra persoa inicialmente allea á solicitude.

· Documento acreditativo da patria potestade ou tutela (copia do libro de familia ou calquera outro documento que o acredite). Unicamente no caso de persoas solicitantes menores de idade e xunto co anterior Anexo II. Autorización de representación.

· Anexo III. Formulario de participación olímpica/paralímpica.

A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedimento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición      do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código de procedemento DE400E e o órgano responsable do procedemento (FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

· DNI/NIE da persoa solicitante.

· DNI/NIE da persoa representante.

· Certificación de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

· Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

· Certificación de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite as persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

A resolución de concesión finalizará en calquera caso, o 31 de decembro de 2024.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos/as de alto nivel, primeira fase de axudas Galicia-París 2024 (DOG nº 91 do 10 de maio de 2024).

    • Bases da convocatoria de axudas a persoas deportistas, técnicas, adestradoras, xuíces e árbitros galegas de alto nivel.

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

DE400A

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/06/2025 00:00 - 18/07/2025 23:59

PE405A

Concesión de licenza de pesca marítima de recreo.

PE616A

Tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR948A

Recoñecemento da condición de alto nivel/alto rendemento deportivo/rendemento deportivo bases.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano