Guía de procedementos e servizos

CT899A

Premios Emprende Gaiás Sixto Seco.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 05/10/2019 00:00 - 04/11/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar os premios de Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco para o ano 2019. Esta resolución regula o procedemento recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia co código CT899A.

2. Obxecto do concurso:

a) Premiar e impulsar o desenvolvemento de proxectos empresariais viables que creen emprego.

b) Promover a cultura emprendedora na nosa comunidade.

c) Dinamizar e diversificar o tecido empresarial de Galicia.

Candidaturas.

As candidaturas poderán ser presentadas polas persoas solicitantes que opten a estes premios de forma individual ou en equipo.

Premios.

Os premios que se van outorgar á mellor idea emprendedora presentada en cada unha das modalidades consisten en:

A) Dous premios en metálico dotados con tres mil euros (3.000,00 €) cada un [un premio por categoría e proxecto seleccionado]; o proxecto gañador en cada unha das categorías sinaladas no punto 5 recibirá tres mil euros en metálico para o desenvolvemento da idea premiada e diploma acreditativo. Só haberá un premio por categoría, polo que no caso de empate entre varios candidatos na mesma modalidade, o premio en metálico repartirase entre estes gañadores/as.

B) Posibilidade de incorporación gratuíta durante doce meses ao espazo de cotraballo «Centro de Emprendemento Creativo de Galicia» da Cidade da Cultura de Galicia. Se o gañador quixese facer uso desta posibilidade, deberá solicitalo expresamente por escrito nun prazo de trinta días desde o outorgamento do premio; se non o solicitase, enténdese que renuncia a esta parte do galardón, sen que supoña a renuncia total ao premio. En calquera caso, a incorporación ao espazo non é requisito obrigatorio para a aceptación do premio en metálico indicado no parágrafo inmediatamente anterior.

A incorporación gratuíta ao espazo inclúe:

1) Ocupación dun espazo na sección de cotraballo, coas seguintes prestacións: unha mesa de traballo, con conexión á internet, e os seguintes servizos comúns: sala de reunións con internet, wifi, proxector..., despacho para reunións, caixa de correo, servizos de seguridade, videovixilancia e control de accesos, subministración eléctrica, auga, calefacción e servizo de limpeza.

2) Desconto do 50 % en todas as actividades que se realicen na Cidade da Cultura de Galicia.

3) Participación en todas as actividades de formación promovidas de forma gratuíta pola Cidade da Cultura de Galicia de interese para a persoa solicitante.

4) Posibilidade de mostrar produtos promocionais do proxecto gañador escaparate/showroom.

5) Intercambio con outros espazos de cotraballo de ámbito internacional, coas que a Cidade da Cultura de Galicia teña convenio.

No caso de solicitantes da modalidade B «proxecto innovador para o desenvolvemento de proxectos na área do deseño e da creación artística e plástica no ámbito cultural», o espazo cedido só poderá ser empregado para a creación intelectual do deseño, dado que a Cidade da Cultura de Galicia non dispón de instalacións que permitan a execución material dos devanditos procesos.

Será requisito inescusable para a percepción dos premios non ter iniciado unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da «idea emprendedora» premiada a que se refire o artigo 5 das presentes bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional e o momento da adxudicación do premio.

O aboamento do premio realizarase unha vez publicada a resolución definitiva.

Cando o proxecto ou memoria se tivese elaborado por varios promotores, pero a idea emprendedora fora posta en marcha unicamente por unha parte deles, deberá presentarse acta notarial ou declaración responsable na que os promotores que abandonen recoñezan o dereito dos demais á continuación e explotación da empresa, e renuncien a calquera reclamación ou dereito sobre o proxecto ou empresas resultantes.

Calquera emprendedor, persoa física ou xurídica, maior de idade, de calquera nacionalidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia

Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia-Edificio CINC, terceiro andar (Monte Gaiás)

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997567

Fax: 881997577

Email: cidade.cultura@xunta.es

Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia

Prazo de presentación: PECHADO

05/10/2019 00:00 - 04/11/2019 23:59

O prazo de presentación das solicitudes e da documentación será dun mes, que se contará a partir do seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se fose festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

1. Poderá participar nesta convocatoria calquera emprendedor, persoa física ou xurídica, maior de idade, de calquera nacionalidade, que desexe implantar a súa idea ou desenvolver o seu proxecto dentro do ámbito das industrias culturais e creativas, co fin de converter a idea nunha actividade sustentable.

2. Non poderán participar na convocatoria aquelas persoas solicitantes que teñan iniciado unha actividade empresarial e/ou profesional para a posta en funcionamento da «idea emprendedora» á que se refire o artigo 5 das presentes bases, sempre que medien máis de seis meses desde o inicio da dita actividade empresarial e/ou profesional.

3. Non ter o carácter de persoa incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, excepto para os suxeitos indicados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, posto que, neste caso, a presentación de solicitudes por vía electrónica é obrigatoria.

  • Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia ou poderán enviar por correo postal ou mensaxería ao seguinte enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

  • Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente no rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia situado na Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña), ou por correo postal ou mensaxería á mesma dirección.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • 1. Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (anexo II).

    • 2. Memoria da idea emprendedora (anexo III).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude indicados no artigo 14.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimento administrativo común das administracións públicas. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente no Rexistro da Fundación Cidade da Cultura de Galicia ou por correo postal ou mensaxaría ao seguinte enderezo: Fundación Cidade da Cultura de Galicia ubicado na Cidade da Cultura de Galicia, Edificio Cinc, terceiro andar, Monte Gaiás, s/n, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se a persoa solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través do rexistro da Fundación. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • Despois de comprobar que as persoas solicitantes cumpren os requisitos, a relación das inscricións admitidas comunicaranse individualmente ás persoas solicitantes.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

1) Anexo I:

1º. DNI ou NIE da persoa solicitante.

2º. DNI ou NIE da persoa representante.

3º. NIF da entidade representante.

4º. Títulos universitarios da persoa solicitante.

5º. Títulos non universitarios da persoa solicitante.

6º. Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria respecto da persoa solicitante.

7º. Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social respecto da persoa solicitante.

8º. Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia respecto da persoa solicitante.

2) Anexo II:

1º. DNI ou NIE de terceiras persoas interesadas.

2º. Títulos universitarios de terceiras persoas interesadas.

3º. Títulos non universitarios de terceiras persoas interesadas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. Igualmente, no caso de que as terceiras persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario anexo II e achegar unha copia dos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderanse solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de setembro de 2019 pola que se autoriza a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para convocar os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco, de conformidade coas bases reguladoras establecidas para a súa convocatoria (DOG nº 182 do 25 de setembro de 2019).

    • Extracto do Anuncio polo que se convocan os premios Emprende Cultura Gaiás Sixto Seco (DOG nº 189 do 4 de outubro de 2019).

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano