Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT899A
Premios Emprende Cultura Gaiás-Sixto Seco.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar os premios de Emprende Cultura Gaiás-“Sixto Seco” para o ano 2017. Esta resolución regula o procedemento recollido na sede electrónica da Xunta de Galicia.
As categorías ás que se pode concursar son:
1. Categoría A: proxecto innovador para a programación de aplicacións informáticas relacionadas co sector cultural e proxectos culturais na internet.
2. Categoría B: proxecto innovador para o desenvolvemento de proxectos na área do deseño e da creación artística e plástica no ámbito cultural.
3. Categoría C: proxecto innovador para o desenvolvemento de proxectos na área da xestión cultural.
1.As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas de ciclos medios e de ciclos superiores de Formación Profesional e dos ensinos profesionais de artes plásticas e deseño.
2. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas de escolas de arte.
3. As persoas solicitantes que teñan finalizado as ensinanzas universitarias en humanidades e/ou calquera outra rama artística.
4.Calquera outra persoa que teña finalizado as ensinanzas universitarias con vinculación no emprendemento cultural e que desexen desenvolver a súa actividade en Gaiás Cidade da Cultura de Galicia.
As candidaturas poderán ser presentadas polas persoas solicitantes que opten a estes premios de forma individual ou en equipo.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Fundación Pública Cidade da Cultura de Galicia
Gaiás - Cidade da Cultura de Galicia-Edificio CINC, terceiro andar (Monte Gaiás)
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997567
Fax: 881997577
Email: cidade.cultura@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
05/09/2017 00:00 - 05/10/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 5 de outubro de 2017.
Non estar incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da devandita lei, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación;
1. Comprobación datos de terceiras persoas interesadas (Anexo II)
2. Memoria do proxecto (Anexo III)
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos eses documentos. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
1º Verificación de identidade da persoa solicitante (DNI ou NIE).
2º Verificación de identidade dos membros do equipo(DNI ou NIE)..
3º Comprobación dos títulos universitarios e non universitarios da persoa solicitante.
4º Comprobación dos títulos universitarios e non universitarios dos membros do equipo.
5º Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria
6º Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social
7º Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3 Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de agosto de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os premios Emprende Cultura Gaiás- “Sixto Seco” para o ano 2017.
-
Resolución relativa a ampliación, por erro na comunicación pública, da data de finalización de fin de presentación de solicitudes.
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano