Guía de procedementos e servizos

CT404E

Modernización e xestión sostible das infraestruturas das artes escénicas e musicais.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Pechado

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

1. Estas bases teñan por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) nº 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT404E).

2. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

3. Estas subvencións son incompatibles co financiamento doutros fondos estruturais da UE ou outras axudas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, e dos seus organismos dependentes para o mesmo proxecto, pero compatibles con outras axudas do resto dos departamentos da Xunta de Galicia e organismos dependentes, así como doutras administracións públicas e entidades públicas ou privadas, e con outros ingresos ou recursos para a mesma finalidade.

4. Estas axudas son compatibles co mercado interior segundo o disposto no artigo 107, parágrafo 3 do Tratado de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación cos artigos 107 e 108.

5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, ingresos ou recursos doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere a intensidade da normativa comunitaria.

Establécense dúas categoría de posibles entidades beneficiarias desta convocatoria:

Categoría 1. As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e/ou musicais abertos ao público, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Categoría 2. As entidades públicas que integran a Administración local, de conformidade co disposto no artigo 3, da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e os seus organismos dependentes titulares, arrendatarios ou posuidores de calquera outro título de dispoñibilidade de espazos escénicos e musicais abertos ao público situados en Galicia, habilitados legalmente para organizar espectáculos escénicos e musicais ao vivo con público.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996098

Email: agadic@xunta.gal

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

CONVOCATORIA 2022 (29/12/2021 - 28/01/2022)

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

De acordo co artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise no momento do estudo das solicitudes presentadas, tras o remate do prazo da súa presentación, circunstancia que será comprobada pola Agadic.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as persoas ou entidades públicas ou privadas nas que concorran algunha das circunstancias ou prohibicións indicadas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, que figura no anexo II.

3. Os beneficiarios, ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

a) Ter social ou estatutariamente como obxecto social a organización de espectáculos de artes escénicas ou musicais, no suposto de persoas xurídicas.

b) Documentación acreditativa da propiedade do inmoble, arrendamento ou calquera outro título válido en dereito de dispoñibilidade do espazo escénico ou musical sobre o que se vai realizar o investimento da axuda solicitada.

c) Dispor da licenza de actividade adecuada á actividade escénica ou musical que habilite o espazo ao desenvolvemento da súa actividade aberta ao público.

d) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes.

a) Contar cun establecemento en propiedade ou ser arrendatario ou posuír calquera outro título de dispoñibilidade do espazo escénico ou musical, na Comunidade Autónoma de Galicia habilitado para o desenvolvemento da súa actividade aberta ao público.

b) A Administración local deberán ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas de Galicia das últimas contas xerais do orzamento 2020. E no suposto de agrupacións ou asociacións de concellos, deberán cumprir con este requisito todos eles.

Presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades solicitantes deberán achegar xunto coa súa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

Categoría 1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas.

1.1. Documentación administrativa:

1.1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

1.1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

1.1.4. Declaración de axudas (anexo V).

1.2. Documentación específica:

1.2.1. Ficha resumo-Memoria técnica do proxecto e da empresa ou entidade privada (anexo III).

1.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

1.2.3. Licencia municipal do espazo escénico ou musical.

1.2.4. Copia da escritura de propiedade, contrato de alugueiro ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade do espazo por parte da persoa solicitante.

Categoría 2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes.

2.1. Documentación administrativa:

2.1.1. Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da Secretaría da entidade, ou cargo asimilable, na que se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.

2.1.2. Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.

2.1.3. Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2019, no suposto de entidades locais.

2.1.4. No suposto de entidades do sector público a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.

2.2. Documentación específica:

2.2.1. Ficha resumo-memoria técnica do proxecto e do espazo (anexo III).

2.2.2. Plan económico financeiro/orzamento desagregado (anexo IV).

2.2.3. Certificado do secretario ou cargo asimilable da entidade solicitante manifestando a propiedade do inmoble onde se vai realizar o investimento ou, de ser o caso, da documentación que acredite a dispoñibilidade deste.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– NIF da persoa xurídica solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesión de subvencións e axudas.

– Consulta de concesión pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 248 do 28 de decembro de 2021).

    • Extracto da Resolución do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións á modernización e xestión sustentable das infraestruturas das artes escénicas e musicais ao abeiro dos fondos de NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación e resiliencia do Regulamento (UE) número 2021/241 e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 248 do 28 de decembro de 2021).

    • Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT213A

Subvencións a festivais de artes escénicas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 26/03/2025 00:00 - 25/04/2025 23:59

CT221C

Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 27/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59

CT221D

Subvencións para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 27/03/2025 00:00 - 28/04/2025 23:59