Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT404D
Subvencións para a Comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais galegas en foros de negocio especializado e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Determinar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2024.
Poderán ser persoas beneficiarias as seguintes:
1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.
As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual ou de videoxogos, e/ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade no campo audiovisual ou de videoxogos galego baixo as epígrafes 961.1, 962.1 do IAE, e 582.1, 620 da CNAE, participen nalgún dos foros de negocio especializados que se relacionan na base seguinte e poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial no mesmo.
2. Modalidade B. Participación en eventos de cine.
2.1. As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE, poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra e participen nalgún dos eventos de cine, fóra de Galicia, que se relacionan na base seguinte.
2.2. As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra, cando o obxecto da subvención sexa a participación do filme nalgún evento de cine dos indicados na base seguinte sempre que se poida acreditar a selección oficial nel.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais
Departamento de Política Audiovisual
Cidade da Cultura - Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Email: industriasculturais@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
17/02/2024 00:00 - 04/11/2024 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, permanecendo aberto ata o esgotamento do crédito e ata o 1 de novembro de 2024 e deberase presentar unha solicitude para cada evento. Cando o último día do prazo sexa inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte de conformidade co disposto no artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades que non cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou nas que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da mencionada lei. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de maneira presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta resolución de subvencións, que sexan persoas físicas, encádrase nun colectivo especialmente cualificado en canto á súa capacidade técnica e dedicación profesional que acredita a posibilidade e dispoñibilidade de acceso aos medos electrónicos e, polo tanto, teñen a obriga de empregalos para a realización de calquera trámite deste procedemento administrativo, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II), a seguinte documentación:
1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritas no rexistro mercantil ou o que corresponda.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
2. Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación complementaria:
2.1. Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados:
2.1.1. Documentación que acredite suficientemente ter realizado o rexistro oficial no foro ou mercado.
2.1.2. Documentación que acredite suficientemente a relación laboral da persoa asistente ao foro ou mercado coa entidade que solicita a axuda.
2.1.3. Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Consistirá nun orzamento desagregado por evento de gastos e ingresos derivados da asistencia ao foro de negocio para os que se solicita a axuda
2.2. Modalidade B. Participación en eventos de cine:
2.2.1. Copia da comunicación da selección por parte da organización do certame de premios, festival ou mostra emitida pola organización en que conste a sección ou a categoría.
2.2.2. Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Será o correspondente á presenza da produción no festival ou mostra.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
– Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día do pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesión pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
- Orzamento de gastos e ingresos (Anexo III)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaración de axudas (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 2 de febreiro de 2024 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2024).
-
Extracto da Resolución do 2 de febreiro de 2024 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 34 do 16 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 27 do 10 de febreiro de 2025).
-
Corrección de erros. Resolución do 29 de xaneiro de 2025 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2024 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano