Guía de procedementos e servizos

CT402C

Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 06/05/2021 00:00 - 07/06/2021 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro, e se convocan para o ano 2021.

Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.

A. Artes escénicas.

• Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s convite/s con contido económico.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

• Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas en feiras e festivais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/os ou convite/s con contido económico.

• Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega, incluídos os celebrados en liña.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

• Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. Só se terán en conta e serán funcións subvencionables aquelas programadas en espazos que non formen parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.

Requisitos:

Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/os ou cesións.

B. Música.

• Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s convite/s con contido económico.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.

• Modalidade B.2: subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de actividades musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a realización de concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/os ou convite/s con contido económico.

• Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos musicais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados musicais fóra da Comunidade Autónoma galega, incluídos os celebrados en liña.

Requisitos:

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.

– Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996077/ 881996078

Fax: 881996080

Email: agadic@xunta.es

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

06/05/2021 00:00 - 07/06/2021 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun (1) mes desde o día seguinte ao publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación xeral e documentación específica necesaria para a tramitación do procedemento.

1. Ademais da solicitude (anexo I) publicado xunto coa presente convocatoria, as persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación xeral:

1.1. Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

1.2. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación.

1.3. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.

1.4. Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.

1.5. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda.

1.6. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

2. As persoas solicitantes deberán presentar a seguinte documentación específica:

2.1. Modalidade A.1, A.2, B.1 e B.2 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia e subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas e espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia, respectivamente):

2.1.1. Ficha de distribución (anexo II).

2.1.2. Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.

2.2. Modalidade A.3 e B.3 (subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e musicais e fóra de Galicia).

2.2.1. Ficha de distribución (anexo II).

2.2.2. Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.

2.2.3. Se é o caso, contrato ou declaración asinada polo solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.

2.3. Modalidade A.4 (subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma).

2.3.1. Ficha de contratación (anexo III).

2.3.2. Contrato de actuación.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presenten de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Sen prexuízo do disposto no parágrafo 1, Agadic poderá requirir a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

7. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá o interesado para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se non o fixer, se terá por desistido da súa solicitude, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación do procedemento destas axudas consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Comunidade Autónoma.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

– Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites posteriores e información ás persoas interesadas.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberá ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 23 de abril de 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 84 do 5 de maio de 2021).

    • Extracto da Resolución do 23 de abril de 2021 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 84 do 5 de maio de 2021).

    • Resolución do 24 de xaneiro de 2022 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2021 (DOG nº 26 do 8 de febreiro de 2022).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano