Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT402C
Subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.
No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
E, supletoriamente:
d) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.
e) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
f) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e Lei 40/2015, de réxime xurídico do sector público.
Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018:
Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou convite/s con contido económico.
Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional consistente na realización dun mínimo de tres funcións/concertos e en ningún caso máis de oito no mesmo espazo.
Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou convite/s con contido económico.
Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.
Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega.
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.
– Acreditar a relación de vinculación dos/das asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.
Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.
Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas. Só se terán en conta e serán funcións subvencionables aquelas programadas en espazos que non formen parte da Rede galega de teatros e auditorios.
En ningún caso, máis de catro representacións nun mesmo espazo.
Requisitos:
– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicita a subvención.
– Ter asinado no momento da solicitude o/os contrato/s ou cesións.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077 / 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
05/04/2018 00:00 - 31/07/2018 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de xullo de 2018.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.
Ademais da solicitude (anexo I), os interesados nestas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación:
Documentación xeral:
Se a persoa solicitante é persoa xurídica, certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.
Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación.
Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.
Se o solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, compromiso de non disolución durante o tempo de duración da actividade subvencionada.
Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou no que corresponda.
• Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Documentación específica para cada modalidade:
a) Modalidade A.1 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia) e modalidade A.2 (subvencións para a exhibición de espectáculos de artes escénicas e musicais en feiras e festivais fóra de Galicia):
Ficha de distribución (anexo II).
Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.
b) Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.
Ficha de distribución (anexo II).
Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.
Se é o caso, contrato ou declaración asinada polo solicitante, da relación dos asistentes coa entidade.
c) Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.
Ficha de contratación (anexo III).
Contrato de actuación.
A documentación específica presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos:
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
DNI ou NIE da persoa solicitante.
NIF da persoa xurídica solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e as persoas representantes delas.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Relación completa dos gastos realizados (Anexo IV)
- Declaracion de axudas (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).
-
Extracto da Resolución do 13 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 65 do 4 de abril de 2018).
-
Resolución do 22 de xaneiro de 2019 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2018 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Autorización de actuación arqueolóxica.
Aberto todo o ano
Proposta de avaliación de documentos
Aberto todo o ano
Proposta de eliminación de documentos
Aberto todo o ano