Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT300A
Axudas da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Presidencia da Xunta de Galicia
Establécense as bases reguladoras das axudas a Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (Código de procedemento CT300A) e aquelas outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, co obxecto de fomentar a súa estabilidade e consolidación, como entidades imprescindibles no fomento da peregrinación xacobea, na acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago e na promoción da cultura xacobea, coas seguintes dúas liñas:
Liña 1: proxectos relacionados ca hospitalidade e co desenvolvemento de actividades encamiñadas á difusión da cultura xacobea.
Liña 2: Publicacións relacionadas coa difusión da cultura xacobea.
1. Poderán solicitar as axudas as Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación, legalmente constituídas, e que teñan como obxecto principal o desenvolvemento de accións relacionadas co Camiño de Santiago e a peregrinación xacobea.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias entidades nas que concorra algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable das entidades solicitantes.
3. Non se permitirá a presentación de solicitudes conxuntas por varias entidades.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15897 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996264 / 881996265
Email: cultura.xacobea@xacobeo.org
Prazo de presentación: PECHADO
15/05/2019 00:00 - 14/06/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. Para poder obter axuda, os proxectos presentados deberán reunir os seguintes requisitos:
a) O proxecto debe estar tecnicamente completo, de xeito que a documentación que se achegue xustifique e explique suficientemente a súa formulación.
b) Deberá fundamentar a súa necesidade social ou insuficiencia de cobertura, no caso da existencia de programas públicos ou privados desenvoltos coa mesma finalidade.
c) O proxecto deber ser viable, tanto en termos de execución económica como social.
d) Deberá contar cunha capacidade técnica, organizativa e de xestión axeitada para levar a cabo o proxecto a realizar.
e) Valorarase a implantación dun sistema de control e avaliación das actividades propias da entidade, mediante o establecemento de indicadores que permitan medir o grao de cumprimento dos obxectivos.
2. Non serán subvencionables:
a) Andainas, comidas e aloxamento que, non formando parte do proxecto presentado ao abeiro destas bases, teñan como participantes aos socios das asociacións ou entidades.
b) Asistencia dos socios da asociación ou entidade a simposios, reunións, feiras ou congresos que teñan como finalidade a mera asistencia aos eventos.
c) Aquelas que teñan como finalidade o financiamento dos gastos correntes da asociación, alugueres de locais, subministracións, etc.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), para o cal se habilita un enlace na Guía de procedementos e servizos co código CT300A.
No caso de asociacións ou entidades estranxeiras (asociacións de amigos do Camiño de Santiago e outras entidades que teñan como finalidade a promoción do Camiño de Santiago e a súa peregrinación), co fin de proceder á solicitude e aos trámites por medios electrónicos, designarán un representante con sinatura dixital en España.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:
a) Escritura de valida constitución da Asociación ou Entidade co seu obxecto social. Os solicitantes estranxeiros deberán achegar a documentación equivalente que acredite a condición de asociación conforme as exixencias da lexislación vixente no país do solicitante.
b) Poder de representación da persoa representante.
c) Memoria descritiva do proxecto presentado á liña 1.
d) Memoria descritiva do proxecto presentado á liña 2.
e) Presentación da relación de gastos orzamentados no proxecto presentado á liña 1. Anexo IV. Non se admitirán os gastos que non figuren nesta relación. Os orzamentos deberan presentar o desglose da base impoñible e o IVE de cada partida do orzamento.
f) Presentación da relación de gastos orzamentados no proxecto presentado á liña 2. Anexo IV. Non se admitirán os gastos que non figuren nesta relación. Os orzamentos deberan presentar o desglose da base impoñible e o IVE de cada partida do orzamento.
g) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras, documento equivalente ao NIF da entidade solicitante.
h) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras DNI ou NIE da persoa representante.
i) No caso de asociacións ou entidades estranxeiras deberán presentar un certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia (artigo 10º.4 do Decreto 11/2009) acompañado da súa tradución legal ao galego ou español.
A documentación complementaria deberá presentarse electrónicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:
a) NIF da entidade solicitante
b) DNI ou NIE da persoa representante no caso de representación
c) Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao corrente de pagamento da Seguridade Social.
e) Certificado de cumprimento das obrigas tributarias ca facenda autonómica da Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de asociacións ou entidades estranxeiras a documentación relacionada nas liñas a) e b) do Artigo 8.1 substituirase pola presentación de documento equivalente e nas liñas c), d), e e) do Artigo 8.1 poderá substituírse por un certificado de residencia fiscal emitido polas autoridades competentes do seu país de residencia (artigo 10º.4 do Decreto 11/2009) acompañado da súa tradución legal ao galego ou español.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electrónicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Relación de gastos previstos (Anexo IV)
Amplíase en 15 días o prazo de xustificación das axudas concedidas -do 15 de novembro ao 30 de novembro de 2024- por non haber lista de agarda.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Anuncio do 2 de maio de 2019 sobre a convocatoria de axudas ás asociacións de amigos do Camiño de Santiago (DOG nº 91 do 14 de maio de 2019).
-
Convocatoria de axudas ás Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago 2019.
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.
Aberto todo o ano
Premio Elías Valiña ao esforzo revitalizador e promocional dos Camiños de Santiago.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 16/06/2025 23:59