Guía de procedementos e servizos

CT237A

Premio á innovación bibliotecaria de Galicia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 16/05/2023 00:00 - 15/06/2023 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Convocar o premio á innovación bibliotecaria de Galicia para o ano 2023 e establecer as bases reguladoras polas que rexerá a súa concesión

O premio á innovación bibliotecaria de Galicia ten   como obxectivo impulsar e visibilizar os proxectos e boas prácticas innovadoras levadas a cabo polas bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas municipais de Galicia, que busquen resultados positivos para a persoa usuaria e que sexan pertinentes e adecuados ao contexto local onde se implantan.

As entidades locais de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo de Bibliotecas

Edificio Biblioteca de Galicia. Cidade da Cultura. Monte Gaiás

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999773/ 981957278

Email: servizo.bibliotecas@xunta.gal // alba.paz.boubeta@xunta.gal

Dirección Xeral de Cultura

Prazo de presentación: PECHADO

16/05/2023 00:00 - 15/06/2023 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo establecido nesta orde.

1. Poderán optar a este premio as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas ou axencias de lectura pública integradas na Rede de bibliotecas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os demais requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Teñan cumprido o establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. As entidades que poden ser beneficiarias poderán presentar a súa solicitude de xeito individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no punto anterior, coas que participen no desenvolvemento de proxectos ou boas prácticas comúns. Neste suposto, todas as entidades solicitantes deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos nesta orde.

En particular, deberán facerse constar expresamente os compromisos asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe do premio que se vai aplicar por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de beneficiarias. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, no suposto de resultar premiado, lle corresponden á agrupación.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As entidades locais de Galicia poderán presentar un máximo de dous proxectos ou boas prácticas postos en marcha polas bibliotecas e/ou axencias de lectura da súa titularidade, sexan de forma individual ou de forma agrupada con outras entidades.

2. Cada proxecto presentarase nunha solicitude separada, dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude (anexo I), unha memoria descritiva do proxecto ou boa práctica, coas seguintes epígrafe:

a) Descrición pormenorizada.

b) Desenvolvemento e resultados.

c) Criterios e procedementos de avaliación da súa efectividade, indicadores utilizados e resultado da súa aplicación, con comparativa entre resultados anteriores ao desenvolvemento da actividade e posteriores.

d) Posibilidades de prolongación e/ou mellora do proxecto.

e) Méritos alegados en todos ou algúns dos aspectos recollidos no artigo 16 desta orde (criterios de valoración).

f) Ligazóns á documentación de interese e ao proxecto presentado.

Os datos do proxecto poderán completarse con fotografías, vídeos e calquera outro material que sirva para contextualizalo e apoialo documentalmente.

A memoria deberá presentarse en galego, segundo as normas ortográficas establecidas pola Real Academia Galega, e non poderá exceder as 15 páxinas, en tamaño A4, con interliñado sinxelo e cun tamaño de letra, como mínimo, de 12 puntos.

Non se aceptarán proxectos que non se adecúen ao esquema descrito.

2. No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de concellos, deberán achegar ademais:

a) Documento en que se acorde a presentación conxunta da solicitude, a autorización á entidade sinalada como representante para presentar a solicitude en nome do resto e a contía do premio que solicita cada un deles.

b) Declaración de datos de cada unha das entidades solicitantes adicionais segundo o anexo II.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

– Consulta de concesións de subvencións e axudas.

– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2023 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2023).

    • Extracto da Orde do 2 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2023 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2023).

    • Resolución do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade aos premios concedidos ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2023 pola que se establecen as bases do Premio á innovación bibliotecaria de Galicia e se convoca para o ano 2023 (DOG nº 218 do 16 de novembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

CT230A

Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230B

Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT302B

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/02/2025 09:00 - 21/07/2025 14:00