Guía de procedementos e servizos

CT235A

Subvencións a Entidades Locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas integradas na rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novedades editoriais en galego e para a mellora das coleccións

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 20/01/2024 00:00 - 19/02/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Establecer a concesión de subvencións dirixidas ás bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas de titularidade municipal, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia.

Nesta orde regúlanse os seguintes dous programas de subvencións:

  • Programa A .Subvencións para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico.

  • Programa B. Subvencións para a mellora das coleccións bibliográficas.

.

1. Poderán ser beneficiarias desta subvención todas as entidades locais de Galicia que:

a) Sexan titulares de bibliotecas públicas ou axencias de lectura integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

b) Estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o establecido no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

c) Ter remitida ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2022, de acordo co establecido no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

2. Tamén poderá ser beneficiaria destas axudas a agrupación de concellos para a prestación de servizos bibliotecarios comúns. A dita agrupación deberá estar debidamente acreditada e os concellos integrantes da agrupación deberán cumprir, individualmente, os requisitos establecidos na presente orde. Os concellos que se presenten en agrupación non poderán presentarse ademais de forma individual.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas entidades locais que se atopen nalgún dos supostos previstos nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo do Libro e Publicacións

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957026/ 981544828

Email: servizo-libro-publicacions.cultura@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro

Servizo de Bibliotecas

Cidade da Cultura, Monte Gaiás, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999773

Fax: 981545065

Email: sxc-subdireccion-bibliotecas.cceou@xunta

Dirección Xeral de Cultura

Prazo de presentación: PECHADO

20/01/2024 00:00 - 19/02/2024 23:59

As entidades locais que desexen acollerse ás subvencións reguladas nesta orde deberán presentar a solicitude coa indicación do programa ou programas en que desexan participar, segundo o modelo do anexo I, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. En todo caso, sempre estarán excluídos do cómputo os sábados, os domingos e os declarados festivos.

As bibliotecas públicas ou axencias de lectura municipais receptoras dos fondos bibliográficos deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia (capítulo V do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas) antes da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de subvención reguladas nesta orde.

b) Ter un horario de apertura ao público dun mínimo de 15 horas semanais.

c) Ter cuberta e remitida ao Servizo do Sistema de Bibliotecas a estatística de bibliotecas do ano 2022.

Quedan excluídas do cumprimento deste requisito as bibliotecas públicas ou axencias de lectura que fosen creadas ou reactivasen os seus servizos durante 2023 ou 2024, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.

d) Ter informatizada a xestión da biblioteca ou da axencia de lectura.

e) Ter remitido ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do exercicio 2022.

Solicitudes.

1. As entidades locais que desexen acollerse ás subvencións reguladas nesta orde deberán presentar a solicitude coa indicación do programa ou programas no que desexan participar, segundo o modelo anexo I.

2. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

5. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

6. De conformidade co artigo 32 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, inadmitiranse as solicitudes posteriores ao esgotamento do crédito orzamentario, aínda que a publicidade de dita circunstancia polo órgano xestor se produza a posteriori do dito esgotamento.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

– Copia do certificado da remisión ao Consello de Contas de Galicia da conta xeral do exercicio 2022.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no recadro correspondente e achegar os documentos.

Cando asi o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 14 do 19 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 14 do 19 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 28 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se lles oferta ás editoriais que participen na Orde do 26 de decembro de 2023 que poidan incorporar as súas novidades editoriais en galego e formato físico á plataforma de novidades editoriais para o ano 2024.(DOG nº 14 do 19 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 22 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura, integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia, para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora das coleccións bibliográficas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 66 do 4 de abril de 2024).

Outros procedementos relacionados

CT230A

Rexistro de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230B

Integración na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT302B

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/02/2025 09:00 - 21/07/2025 14:00