Guía de procedementos e servizos

CT214A

Convocatoria dos premios XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 10/01/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establécense as bases reguladoras e anúnciase a convocatoria para o ano 2024, baixo o réxime de concorrencia competitiva, da XXVII edición do premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, da XIII edición do premio Manuel María de literatura dramática infantil e da XVI edición do premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques en dúas modalidades, para rapaces e para adultos, segundo o público a que vaian dirixidos os textos.

Persoas físicas maiores de idade.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Dirección da Axencia Galega de Industrias Culturais

Departamento de Produción Teatral

Cidade da Cultura. Monte Gaiás s7n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881-996077

Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)

Prazo de presentación: PECHADO

10/01/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

O prazo comezará o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de abril de 2024.

– Poderán optar aos premios as persoas físicas maiores de idade que presenten, de forma individual, textos teatrais inéditos escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados noutros concursos ou convocatorias anteriormente nin mentres dure este procedemento.

– Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo para cada un dos premios.

– Non se poderán presentar textos de teatro de monicreques aos premios Álvaro Cunqueiro e Manuel María.

– Os gañadores da edición inmediatamente anterior non se poderán presentar ao mesmo premio (modalidade, no caso do Barriga Verde) en que resultaron galardoados.

– Non se poderá presentar o persoal da Agadic.

– Non poderán acceder a estes premios os participantes que se encontren afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

– Durante a tramitación do procedemento de concesión desta convocatoria, as persoas participantes teñen a obriga de comunicarlle á Agadic a concesión de calquera premio que obteña o texto presentado, ou se foi representado, en canto esta situación se produza, o que dará lugar á súa exclusión do proceso.

Presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude (anexo I) o texto.

Na portada do texto indicarase exclusivamente o título e/ou lema e o premio a que se opta, e no caso do Barriga Verde debe especificarse, ademais, a modalidade: rapaces ou adultos. Nos textos, en calquera dos formatos presentados, non figurará ningún dato que poida identificar o participante para garantir o anonimato. O incumprimento deste aspecto suporá a exclusión do proceso.

2. O texto presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar o texto presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

A presentación presencial poderá facerse en formato papel ou en soporte dixital. Os textos presentados en papel entregaranse en tamaño A-4, paxinados, sen grampar nin encadernar. Os textos presentados en soporte dixital deberán entregarse en formato pdf.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

 A resolución será notificada antes do 10 de decembro de 2024.

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2024 (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Resolución do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, e se fai pública a convocatoria para a concesión dos premios XXVII Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, XIII Manuel María de literatura dramática infantil e XVI Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, edición 2024 (DOG nº 6 do 9 de xaneiro de 2024).

Outros procedementos relacionados

CT102A

Autorización de actuación arqueolóxica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111A

Proposta de avaliación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT111B

Proposta de eliminación de documentos

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT113A

Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano