Guía de procedementos e servizos

CT130A

Axudas para actuacións en materia de arquivos.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 21/12/2021 00:00 - 20/01/2022 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas á mellora dos arquivos de Galicia, garantindo unha custodia responsable e o acceso dos cidadáns aos documentos, e por outra, a convocatoria destas axudas para o ano 2022 (código de procedemento CT130A).

A finalidade da axuda é a realización de actividades que teñan por obxecto a descrición de fondos documentais dos arquivos galegos segundo a metodoloxía arquivística.

Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia, entendido como tal o establecido no artigo 109 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias desta axuda quedarán suxeitas ás obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, en concreto, estarán obrigadas a:

1. Destinar os fondos percibidos para o obxecto concreto para o cal fosen concedidos. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá comprobar, cando o considere conveniente, a execución das axudas.

2. Facer constar en toda a publicidade xerada polo proxecto subvencionado que recibiron unha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

3. Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

4. As persoas beneficiarias deberán dar cumprimento ás obrigas de publicidade que se establecen no artigo 18 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30 da Lei estatal 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Cultura

Subdirección Xeral de Arquivos e Centros Museísticos

Servizo do Sistema de Arquivos

Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995087/ 981957826

Fax: 881999740

Dirección Xeral de Cultura

Prazo de presentación: PECHADO

21/12/2021 00:00 - 20/01/2022 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Os proxectos presentados deberán seguir as recomendacións e normas técnicas de arquivos dispoñibles no Portal de arquivos de Galicia.

2. Os solicitantes deberán dispoñer dunha aplicación informática de xestión documental que siga as normas técnicas de arquivos para a execución do proxecto.

3. O responsable técnico do proxecto será licenciado universitario ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, e deberá acreditar formación e experiencia profesional en materia de arquivos e patrimonio documental.

4. No caso dos entes locais, segundo o artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, será requisito para a concesión de subvencións que cumprisen o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria 

1. As persoas interesadas deberán achegar, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Unha memoria explicativa do proxecto de descrición indicando de forma expresa:

1º. Aplicación informática de xestión documental implantada no arquivo.

2º. Series documentais concretas que se describirán neste proxecto.

3º. Datas extremas das series documentais que se describirán neste proxecto.

4º. Volume da documentación que se describirá neste proxecto, expresado en metros lineais e/ou número de caixas normalizadas.

5º. Nivel de descrición.

b) Orzamento desagregado do proxecto (IVE incluído).

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

 Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

d) Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia. (DOG nº 191 do 7 de outubro de 2014).

    • Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. (DOG nº 92 do 16 de maio de 2016).

    • Orde do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).

    • Extracto da Orde do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 242 do 20 de decembro de 2021).

    • Resolución do 4 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se publican a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas en virtude da Orde do 2 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 71 do 12 de abril de 2022).

Outros procedementos relacionados

CT135A

Declaración de ben de interese cultural.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT135B

Inclusión dun ben no catálogo do patrimonio cultural de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT230C

Creación de novos servizos de lectura.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT302B

Subvencións para o fomento das artes escénicas e musicais nos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polos que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 19/02/2025 09:00 - 21/07/2025 14:00