Guía de procedementos e servizos

CT128A

Inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Aberto todo o ano
Sobre o procedemento
O Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago ten a finalidade de levar a cabo actuacións conxuntas, facilitar información recíproca e calquera outra forma de colaboración no concernente ó Camiño.
Poden inscribirse no rexistro aquelas entidades que teñan como finalidade, expresamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago e a difusión da cultura derivada deste.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Patrimonio Cultural

Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural

San Caetano s/

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544010

Fax: 981544830

Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Cultural
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día 18 de outubro de 2016.

As entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Memoria xustificativa das actividades desenvolvidas nos últimos anos e proxecto de actividades inminentes no futuro.

  • Escritura de constitución e estatutos nos que deberá acreditarse a finalidade descrita no artigo 23 do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro: para a súa inscrición no Rexistro, as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, a conservación e a promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada del.

  • Composición do órgano de dirección da entidade solicitante no anexo II.

  • Declaración de Rexime económico e financiamento.

  • Certificado de inscrición no rexistro ou rexistros correspondentes estatais o internacionais. No caso de que a entidade solicitante sexa estranxeira, deberá acreditar a súa inscrición ou visado polo organismo competente no seu Estado.

Despois de presentar

Prazo de resolución: 30 días

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 36, do 20 de febreiro de 2001)

    • Decreto 209/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2001).

    • Corrección de erros.-Decreto 209/2002, do 13 de xuño, polo que se modifica o Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG nº 129 do 5 de xullo 2002).

    • Orde do 22 de setembro de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 185 do 28 de setembro de 2016).

    • Resolución do 4 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, pola que se inscribe a Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago (DOG nº 114 do 13 de xuño de 2024).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT128B

Cancelación da inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF500A

Autorización de ocupación de dominio público portuario competencia da Comunidade Autónoma de Galicia con destino á realización de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS310Q

Xuventude Crea.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 30/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59