Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CO300G
Subvencións para o Programa de Modernización do Comercio: fondo tecnolóxico, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Aprobar as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:
1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que o establecemento comercial para o cal se solicita a axuda teña carácter físico e permanente e estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña ou comerciantes ao retallo fóra dun establecemento comercial permanente, deberán ter o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia. As páxinas web deberán cumprir os requisitos que figuran no anexo XIII.
b) Que teña a condición de peme conforme o establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE 187, do 26 de xuño).
Para a consideración de pequena e mediana empresa observarase o disposto na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE núm. L 124/36, do 20 de maio de 2003),
c) Que a actividade principal do negocio se corresponda con algunha das actividades incluídas nos códigos 46 ou 47 da Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) aprobada polo Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009).
En todo caso, requirirase que a actividade principal estea dada de alta nalgunha epígrafe do imposto de actividades económicas que se corresponda coas actividades incluídas nos CNAE 46 ou 47, agás as epígrafes 616, 654 e 655 así como calquera outra actividade económica que non se considere subvencionable de acordo co disposto nestas bases reguladoras.
No caso de que no establecemento se exerzan de maneira simultánea actividades subvencionables con outras non subvencionables, a persoa solicitante deberá acreditar mediante declaración responsable que a actividade comercial subvencionable é a principal (anexo III).
1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
As asociacións e federacións de comerciantes sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que teñan entre os seus fins estatutarios a defensa dos intereses do sector comercial.
b) Que teñan a sede social e ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que teñan unha antigüidade mínima de tres anos na data da publicación desta orde.
d) No caso de asociacións de ámbito municipal, que teñan o número mínimo de comercios asociados dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE establecidas na liña 1.1.c) de artigo 2 desta orde, en función da poboación do concello.
En todo caso, o número de comercios asociados debe representar, como mínimo, o 40 % do número de socios da asociación.
e) No caso de federacións, que teñan ámbito provincial ou autonómico e teñan asociadas un mínimo de 15 asociacións de comerciantes que cumpran, ademais, os requisitos establecidos na letra d).
2. Non serán beneficiarios destas axudas as empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que, para estes efectos, se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014); os/as solicitantes incluídos/as na epígrafe 1.1.1. deste artigo que resultasen beneficiarios/as no ano 2023 da Orde CO300G para o mesmo programa subvencionable; os/as solicitantes incluídos/as no punto 1.1.2. deste artigo que resultasen beneficiarios/as no ano 2023 da Orde CO300G para a mesma actuación subvencionable nin os/as solicitantes que fosen obxecto dun procedemento de reintegro total nas axudas convocadas en materia de comercio pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación nos anos 2021 e 2022.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificio Administrativo San Caetano, s/n - Edificio nº 5, planta 3ª
15781 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881995529/ 981545557
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902120012
Prazo de presentación: PECHADO
31/05/2023 00:00 - 30/06/2023 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:
1.1. Liña de axudas destinada a persoas autónomas e pequenas e medianas empresas comerciais.
a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
b) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da persoa solicitante ou o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica, debidamente cuberto e asinado.
c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, os compromisos de execución asumidos por cada persoa integrante da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada unha, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (anexo IV).
d) Declaración responsable do cumprimento das condicións para o acceso a axuda (anexo III).
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas. De non cumprir co asinado na declaración responsable, procederase ao inicio do expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Informe emitido pola Seguridade Social de todos os códigos de conta de cotización da persoa solicitante en que figure o número de persoas traballadoras na data de presentación de solicitudes ou acreditación de non estar inscrita como empresario/a, se é o caso.
1.2. Liña de axudas destinada a asociacións de comerciantes.
a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, se é o caso.
b) Poder suficiente da persoa representante da entidade solicitante.
c) Composición actualizada da xunta directiva da entidade asociativa.
d) Declaración responsable da persoa que ten a presidencia ou a representación da entidade solicitante de ter aprobadas as contas anuais pola xunta directiva da entidade asociativa nos tres últimos exercicios previos a esta orde de convocatoria (anexo III).
e) Declaración responsable da persoa que ten a presidencia ou a representación da entidade solicitante do número total de membros asociados e do número de comercios asociados (anexo III). Achegarase a listaxe dos comercios asociados detallando, para cada un deles, o nome do local, a actividade que desenvolve e o código de clasificación do imposto de actividades económicas (IAE).
f) De solicitar mupis dixitais, comunicación ao concello da súa instalación.
1.3. Documentación común ás liñas 1.1 e 1.2.
a) Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, anexo V, que deberá incluír:
– Unha descrición detallada de cada unha das actuacións concretas para as cales se solicita a subvención.
– Os obxectivos e a valoración económica das actuacións que se pretenden executar cun orzamento desagregado en que se detallen de forma separada os conceptos e custos obxecto da axuda.
– Unha descrición dos contidos e da planificación da súa emisión, así como o software para a dita emisión, no caso de solicitar as seguintes actuacións:
Probadores interactivos.
Aplicación para dispositivos móbiles (m-commerce).
Escaparates virtuais con ou sen interacción coa clientela.
Pantallas e mesas interactivas.
Tótems publicitarios.
Encerados dixitais.
Aplicación de realidade virtual e aumentada.
Mupis dixitais de sinalización e promoción en áreas comerciais.
b) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención.
Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola persoa solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de persoas ou entidades que as realicen, presten ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección dos provedores cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, errores idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).
c) Declaración responsable sobre o cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo aos seis obxectivos ambientais (DSNH) de acordo co artigo 17 do Regulamento (EU) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables e polo que se modifica o Regulamento (EU) 2019/2088 e de que as actuacións subvencionables cumpren a normativa ambiental autonómica, estatal e comunitaria (anexo VI).
d) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VII).
e) Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) (anexo VIII).
f) Compromiso de conceder os dereitos e os accesos necesarios para garantir que a Comisión, a Oficina Europea da Loita contra a Fraude (OLAF), o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais competentes exerzan as súas competencias (anexo III).
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) Imposto de actividades económicas.
e) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT para subvencións e axudas.
f) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.
g) Certificado de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xuntade Galicia.
h) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario que corresponda e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que a persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Declaración responsable sobre o cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo a ningún dos obxectivos ambientais (DSNH) (anexo VI)
- Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) (anexo VII)
- Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención (anexo V)
- Declaración-Compromiso para os efectos do sinalado no artigo 8º.3 da lei 9/2007 (só no caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personal (anexo IV)
- Declaración responsable (anexo III)
- Declaración de compromiso en relación coa execución de actuacións do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR) (anexo VIII)
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 101 do 30 de maio de 2023).
-
Extracto da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 101 do 30 de maio de 2023).
-
Orde do 16 de agosto de 2023 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 159 do 23 de agosto de 2023).
-
Orde do 7 de setembro de 2023 de modificación da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 175 do 14 de setembro de 2023).
-
Resolución do 11 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 15 de maio de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 179 do 20 de setembro de 2023).
-
Resolución do 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 190 do 5 de outubro de 2023).
-
Corrección de erros. Resolución do 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o Programa de modernización do comercio: Fondo Tecnolóxico, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 198 do 18 de outubro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións para o impulso da innovación e sostibilidade do comercio local e artesanal.
Prazo aberto: 26/02/2025 00:00 - 26/03/2025 23:59
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano