Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CO300D - Subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial.
Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para a execución de proxectos ecoinnovadores no desenvolvemento da actividade comercial.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro de 2013, L352/1).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
En concreto, consideraranse subvencionables as actuacións previstas no artigo 4.1, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2020 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19.
Actuacións subvencionables
1. Considéranse subvencionables os proxectos ecoinnovadores que conteñan algunha das seguintes actuacións:
1.1. Ecoenvases: solucións sustentables de empaquetado de produto e para o seu envío, de ser o caso, coa utilización de materiais cen por cento biodegradables.
Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas, os obradoiros artesanais e as asociacións de vendedores das prazas de abastos e centros comerciais abertos previstos no artigo 3.
Poderán acollerse nesta epígrafe solucións sustentables de envasado, empaquetado exterior, tanto para o seu envío como para a presentación do produto, a protección ou para o seu consumo.
En todo caso, as bolsas, no caso de seren de plástico, deberán ser compostables, que cumpran os requisitos da norma europea vixente EN 13432:2000 Envases e embalaxes. Requisitos dos envases e das embalaxes valorizables mediante compostaxe e biodegradación. Programa de ensaio e criterios de avaliación para a aceptación final do envase ou da embalaxe, e das súas sucesivas actualizacións, así como as bolsas de plástico que cumpran os estándares europeos ou nacionais de biodegradación a través de compostaxe doméstica.
O investimento máximo subvencionable para este punto será de 4.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe da subvención será do 70 %.
No caso de obradoiros artesáns ou establecementos de tendas de artesanía autorizadas, deberán cumprir coas obrigas establecidas na Orde do 26 de outubro de 2018, pola que se regula a concesión, uso e control da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia, concretamente as establecidas no artigo 6, condicións do uso da marca.
Na documentación desta actuación, prevista no artigo 5.1.1.l) e m), e no artigo 19.1.a) (se é o caso, orzamentos, facturas pro forma, facturas e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa), deberá figurar a composición da solución para a que se solicita a axuda, onde quede debidamente acreditado o seu carácter biodegradable.
1.2. Economía circular.
Poderán ser beneficiarios desta actuación os comerciantes retallistas e os obradoiros artesanais previstos no artigo 3.
Considérase subvencionable a implantación ou posta en marcha de proxectos de ecoinnovación comercial, que poderán referirse ás seguintes áreas:
a) Procesos de economía circular, incluíndo proxectos de modelos de negocio onde polo menos o 70 % da oferta de produto non sexa de primeira manufactura.
b) Venda de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados, que supoñan polo menos o 30 % das referencias do establecemento comercial.
c) Proxectos de recollida de envases do propio establecemento comercial, con ou sen incentivos para o cliente, para a súa posterior reutilización polo establecemento comercial.
d) Proxectos de negocios que introduzan polo menos o 70 % da oferta de produtos con etiquetaxe ecolóxica.
e) Venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, sempre que supoñan polo menos o 70 % das referencias do establecemento comercial.
A subvención consistirá nunha axuda por beneficiario de 1.500 € para o pulo de proxectos ecoinnovadores que inclúan as actuacións descritas neste punto.
1.3. Instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos.
Poderán ser beneficiarias desta actuación as asociacións de vendedores das prazas de abastos e centros comerciais abertos previstos no artigo 3.
Considéranse subvencionables os proxectos de instalación de máquinas de reciclaxe de envases con incentivos (reverse vending), onde se colleiten envases a cambio de diñeiro ou vales. O proxecto deberá consistir na instalación e posta en funcionamento da máquina, así como a recollida periódica por parte dunha empresa ou entidade para a súa posterior reciclaxe.
O investimento máximo subvencionable será de 7.000 €, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención será o 50 % do investimento máximo subvencionable.
2. Non se consideran gastos subvencionables:
Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda. Tampouco serán subvencionables o material promocional ou as actuacións de publicidade sobre as actuacións subvencionadas.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
Respecto do punto 1.2, non se considerarán subvencionables os proxectos implantados con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2020 nin aquelas actuacións non relacionadas directamente coa súa actividade principal. Para os efectos da alínea e), relativa á venda a granel de produtos que habitualmente se presentan envasados, queda excluída del a venda de produtos frescos.
A quen vai dirixido?
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.
Obrigas dos beneficiarios
Son obrigas do beneficiario:
1º. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
2º. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.
3º. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
4º. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.
5º. Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se atopa ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega, nos termos previstos no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6º. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de dous anos desde a súa concesión, agás no suposto das actuacións previstas no artigo 4.1.1.
7º. Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.
8º. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.
9º. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
10º. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Obrigas específicas de publicidade
Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, os beneficiarios/as das axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Para estes efectos incluirase a lenda <<Proxecto cofinanciado>>, acompañada da imaxe corporativa institucional básica da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 2 do Decreto 409/2009, do 5 de novembro (DOG núm. 227, do 19 de novembro), segundo o modelo e as instrucións elaboradas pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo publicados no enderezo http://www.portaldocomerciante.gal/. Empregaranse os soportes máis adecuados á natureza do investimento.
Requisitos
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social radique na comunidade autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de cincuenta (50) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal do solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Obradoiros artesáns que estean inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. En caso de novos obradoiros, terán ata o último día de prazo para a presentación de solicitudes para a inscrición nese rexistro.
3. As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
4. As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.
Para estes efectos, terán a consideración de centros comerciais abertos as agrupacións de establecementos comerciais definidas no artigo 24 da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia, que conten, en todo caso, cunha unidade de xestión profesionalizada e que teñan a condición de centro comercial aberto de acordo cos criterios establecidos no artigo 3.1.3 das bases reguladoras da Orde do 13 de marzo de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CO300A) (DOG núm. 64, do 2 de abril).
5. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado (DOUE do 26 de xuño, L 187/1), nin aquelas persoas que, tendo sido beneficiarias do procedemento CO300D, renunciaran a el ou perderan o dereito ao cobramento total da subvención no ano 2019.
Así mesmo, non poderán ser beneficiarias as persoas ás cales lle fose concedida unha subvención para as actuacións previstas no artigo 4.1.2 no ano 2019.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Comercio
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
San Caetano. Bloque 5. 3ª Planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545419/ 981545594
Órgano responsable
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).
Extracto da Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).
Corrección de erros. Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 43 do 4 de marzo de 2020).
Corrección de erros. Orde do 6 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación de determinados procedementos relativos á concesión de subvencións indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos desta consellería durante a vixencia do estado de alarma (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).
Resolución do 4 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para actuacións en materia de ecoinnovación comercial e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 190 do 18 de setembro de 2020).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
22/02/2020 00:00 - 23/03/2020 23:59
12/05/2020 00:00 - 21/05/2020 23:59
Continúa o prazo de presentación de solicitudes, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 6 de maio de 2020.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro do mes.
Documentación para a presentación
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado anexo IV, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia:
https://sede.xunta.gal
2. En relación coa presentación de solicitudes, as persoas beneficiarias ás cales vai dirixida esta orde de subvencións, que sexan persoas físicas, están dadas de alta no réxime de autónomos e, polo tanto, teñen a obriga de empregar medios electrónicos para a realización de calquera trámite dun procedemento administrativo no exercicio da súa actividade profesional, tal e como establece o artigo 10 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
3. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
5. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
6. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente.
Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
8. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As solicitudes para participar no procedemento da concesión da subvención presentaranse na forma e no prazo que se indica no artigo 3 da convocatoria.
1. 1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados, de ser o caso. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
b) Documento acreditativo de poder bastante da persoa representante da entidade solicitante para actuar ante a Administración, ou poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica.
c) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, deberán constar expresamente (anexo V) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
d) Se a persoa solicitante está dada de alta no IAE nunha actividade económica do anexo II ou III e noutra ou noutras que non sexan subvencionables, deberá xustificar cal delas é a principal:
1. No caso de sociedades, presentarán declaración anual do IVE (modelo 390) do ano anterior.
2. No suposto de sociedades constituídas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020, substituirase ese documento polo anexo VII.
e) No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.
f) Se a persoa solicitante está dada de alta no IAE nunha actividade económica do anexo II ou III e noutra ou noutras que non sexan subvencionables, deberá xustificar cal de elas é a principal (anexo VII).
g) Se é o caso, declaración responsable da contratación con provedores de empresas de inserción social nos últimos 3 anos.
h) Se é o caso, declaración responsable de ser o titular ou ter no cadro de persoal persoas empregadas con capacidades diferentes.
i) Se é o caso, declaración responsable de ter implantado algunha medida de responsabilidade social na xestión da actividade artesanal ou comercial.
k) Informe de vida laboral do código de conta de cotización da persoa solicitante ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores/as.
l) Memoria detallada de cada unha das actuacións para as cales se solicita a subvención, que incluirá unha descrición pormenorizada, os obxectivos e a valoración económica das actuacións que se pretenden executar.
En concreto, para as actuacións recollidas no artigo 4.1.2, a memoria deberá concretar cada un dos aspectos en que se basea e xustifica o proxecto presentado, incluíndo a porcentaxe sobre o total da oferta no establecemento de produto ecolóxico, de segunda manufactura, de produtos elaborados con residuos ou materiais reciclados ou de venda a granel.
m) Orzamento detallado de gastos previstos para a realización das actuacións previstas segundo o anexo IV e factura ou, na súa falta, factura pro forma da actividade ou adquisición que se subvenciona de quen vaia subministrar o ben ou prestar o servizo, de ser o caso, coa desagregación de conceptos e contías.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor (40.000 euros no suposto de execución de obra ou 15.000 euros nos demais supostos), a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e das ofertas detalladas dos investimentos sobre os cales se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola entidade solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e das ofertas que non foron seleccionadas pola entidade solicitante para a realización do proxecto.
3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
• Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que como mínimo obtivo a entidade solicitante.
• Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a entidade solicitante.
As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser entidade beneficiaria da axuda.
Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos que non se presente documentación económica completa conforme o aquí recollido.
1.2. As persoas interesadas que sexan asociacións de vendedores das prazas de abastos e centros comerciais abertos cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia deberán achegar ademais a seguinte documentación coa solicitude:
a) Copia da acta da sesión en que se informen os asociados do proxecto para o cal se solicita a subvención.
b) Orzamento do exercicio corrente da entidade asociativa, sen incluír as partidas para as cales se solicita a subvención.
c) Orzamento liquidado pola entidade asociativa no ano 2019.
d) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade que acredite o número de membros asociados dados de alta e número de comercios retallistas, dos cales se achegará relación detallada e actualizada, con inclusión do nome da persoa titular e do establecemento, así como as epígrafes do IAE en que figura dado de alta, enderezo postal e telefónico, concretando, se é o caso, as empresas ou entidades participantes no proxecto e as actuacións que se van desenvolver.
e) No caso de centros comerciais abertos, declaración responsable das cotas aboadas polos comercios asociados no ano 2019 (anexo VIII).
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar os documentos preceptivos co obxecto de efectuar as comprobacións oportunas. De non cumprir co asinado nalgunha das declaracións responsables, procederase ao inicio do expediente de reintegro da subvención concedida de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI ou NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante.
f) Certificación expedida pola Axencia Tributaria da declaración do imposto da renda das persoas físicas.
g) Certificación de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
h) Certificación de estar ao día dos pagamentos coa Seguridade Social.
i) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
l) Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Anexos asociados
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Anexos asociados
- Fase de xustificación
- Documentación xustificativa da subvención (Anexo IX)
- Declaración doutras axudas (Anexo VI)
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"