Guía de procedementos e servizos

BS650F

Complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/os pensionistas da seguridade social na súa modalidade non contributiva.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto publicar o modelo actualizado de solicitude de complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia.

Pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña

Gregorio Hernández, nº 2 (Espazo Amizar)

15011  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881246/ 881881903

Fax: 881881202

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294437

Fax: 982294359

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense

Saenz Díez, 33 baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386192

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo

Rúa Concepción Arenal, 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817230

Fax: 986817294

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Inclusión Social

Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión

Servizo de Prestacións e Acción Social

SAN CAETANO S/N

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541899

Servizo de Prestacións e Acción Social

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e as solicitudes poderanse presentar desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de cada ano.

  • A persoa pensionista, para o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 2 do Real decreto 1191/2012, do 3 de agosto, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva, deberá achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Documento que acredite a representación cando a solicitude a subscriba unha persoa distinta da persoa beneficiaria da pensión non contributiva.

    • b) Copia compulsada do contrato de arrendamento en vigor.

No caso de que xa fose presentado anteriormente non será necesario achegalo. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou o citado documento.

Se non existe contrato de arrendamento escrito, a condición de arrendatario xustificarase por outro medio de proba válido en dereito, sempre que este acredite a localización da vivenda, que debe coincidir coa residencia habitual do pensionista, a vixencia mínima do arrendamento dun ano, a identificación do arrendador e do arrendatario, con indicación do nome e apelidos, NIF e domicilio de ambos.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

A través da carpeta do cidadán dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia as persoas interesadas poderán relacionarse electronicamente coa Administración competente e realizar os trámites necesarios para a tramitación do procedemento, consultar o seu estado de tramitación e coñecer os actos de trámite realizados.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de abril de 2017 pola que se publica o modelo actualizado de solicitude de complemento de pensión para o alugueiro de vivenda a favor das/dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva para a súa presentación na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 83 do 2 de maio de 2017).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 1191/2012, do 3 de agosto, polo que se establecen normas para o recoñecemento do complemento de pensión para o aluguer de vivenda a favor dos pensionistas da Seguridade Social na súa modalidade non contributiva (BOE nº 186 do 4 de agosto de 2012).

Outros procedementos relacionados

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS640A

Integración na rede galega de centros de dia de atención social para persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS650A

Pensión de invalidez non contributiva (PNC)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano