Guía de procedementos e servizos

BS426A

Inscrición no Rexistro de Mediadores e Mediadoras Familiares de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Solicitar a inscrición no Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia para actuar en funcións de cooperación e auxilio a aquelas persoas que teñen ou tiveron unha relación familiar e precisen dunha solución pactada á súa problemática.

Os profesionais especializados en áreas psico-socio-familiares .

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia

Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia

Edificio Administrativo de San Caetano.Edificio a Pirámide

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957165/ 881995437

Fax: 981544634

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

a) Ser titulado en dereito, psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, traballo social ou en educación social.

b) Ter desenvolvido, alomenos durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude de habilitación para a inscrición, actividades profesionais no eido psico-socio-familiar.

c) Estar en posesión das licenzas ou autorizacións pertinentes para o exercicio da súa actividade profesional e, se é o caso, inscrito no seu colexio profesional.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Xustificación acreditativa de ter satisfeito as taxas por servizos administrativos de conformidade co establecido no Título II do Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril.

  • Xustificación acreditativa de contar con formación específica para exercer a mediación.

  • Xustificación acreditativa de ter subscrito un seguro ou garantía equivalente que cubra a responsabilidade civil derivada das actuacións nos conflitos nos que interveña.

  • Xustificación acreditativa da experiencia profesional no campo psicosociofamiliar.

  • Xustificación acreditativa de estar en posesión das licenzas ou autorización pertinentes para o exercicio da súa actividade profesional e, se é o caso, da inscrición no colexio profesional.

  • Outra documentación

COMPROBACIÓN DE DATOS

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI o NIE da persoa solicitante

  • Títulos oficiais universitarios

  • Títulos oficiais non universitarios

CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade solicitante

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 4/2001, do 31 de maio, reguladora da mediación familiar (DOG nº 117 do 18 de xuño de 2001).

    • Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta (DOG nº 34 do 18 de febreiro de 2003).

    • Corrección de erros.-Decreto 159/2003, do 31 de xaneiro, polo que se regula a figura do mediador familiar, o Rexistro de Mediadores Familiares de Galicia e o recoñecemento da mediación gratuíta (DOG n° 44 do 4 de marzo de 2003).

    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS312A

Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano