Guía de procedementos e servizos

BS420E

Axudas correspondentes ao programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 21/08/2024 00:00 - 20/09/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública do Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, mediante a creación dun total de 3.417 prazas do primeiro ciclo de educación infantil 0-3 por parte da Administración estatal, das entidades locais e de organismos dependentes das entidades locais do 1 de xaneiro de 2021 ao 15 de setembro de 2024 (código de procedemento BS420E).

Actividades subvencionables.

1. As axudas convocadas a través desta orde comprenden as seguintes actuacións:

a) Reforma/rehabilitación e equipamento para novas unidades (aulas) partindo de edificios de centros educativos que necesitan reformas/rehabilitación e obras para a adecuación do espazo ás necesidades educativas do alumnado neste ciclo educativo ou construción de aulas; construción de novas escolas infantís e equipamento daqueles centros titularidade da Administración local.

Na súa progresiva implantación deberase priorizar o acceso do alumnado en zonas con maior incidencia de risco de pobreza ou exclusión social e a extensión a áreas rurais. A extensión da escolarización nese ciclo ten que atender a compensación dos efectos que as desigualdades de orixe económico, social, territorial e cultural teñen sobre o alumnado.

b) Funcionamento: de forma transitoria e extraordinaria estes investimentos destinaranse a pagar a remuneración dos empregados necesarios para o arranque do investimento e os gastos de funcionamento das novas prazas de titularidade das entidades beneficiarias.

2. Dado o carácter incentivador do programa, só se admitiran os proxectos que supoñan un aumento efectivo do número de prazas.

3. Así mesmo, as actuacións que se van subvencionar deberán axustarse ás seguintes condicións:

a) Na rehabilitación de edificios terase en consideración as directrices recollidas na Directiva (UE) 2018/844 do Parlamento Europeo e do Consello, do 30 de maio de 2018, pola que se modifica a Directiva 2010/31/UE relativa á eficiencia enerxética dos edificios e a Directiva 2012/27/UE relativa á eficiencia enerxética para que sexan edificios de consumo de enerxía case nulo, permitindo reducir de forma significativa o consumo de enerxía primaria non renovable.

b) Cando se instalen aparellos de auga, estes terán unha etiqueta de produto existente na Unión.

Para evitar o impacto da obra, identificaranse e abordaranse os riscos de degradación ambiental relacionados coa preservación da calidade da auga e a prevención da tensión hídrica, de acordo cun plan de xestión de uso e protección da auga.

c) A medida apoiará o obxectivo europeo de conseguir que polo menos o 70 % (en peso) dos residuos de construción e demolición xerados nos proxectos de infraestrutura (con exclusión dos residuos con código LER 17 05 04) sexan destinados á reutilización, á reciclaxe e á revalorización doutros materiais, incluídas as operacións de recheo utilizando residuos para substituír outros materiais.

Na realización da súa construción respectarase o principio de xerarquía dos residuos, dando prioridade á prevención, preparación para a reutilización, reciclaxe, valorización enerxética e, por último, eliminación, sempre que sexa posible desde o punto de vista ambiental levando a cabo as medidas propostas no Protocolo de xestión de residuos da UE, co obxecto de limitar a xeración de residuos durante a construción.

Os deseños dos edificios e as técnicas de construción apoiarán a circularidade e, en concreto, adaptaranse á norma ISO 20887:2020 sustentabilidade en edificios e obras de enxeñaría civil, deseño para desmontaxe, adaptabilidade, principios, requisitos e orientación.

d) Os compoñentes e materiais utilizados na construción das obras que se van subvencionar deberán estar suxeitas ao cumprimento do Regulamento (CE) 1907/2006 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de decembro de 2006, relativo ao rexistro, a avaliación, a autorización e a restrición das substancias e preparados químicos (REACH), polo que se crea a Axencia Europea de Substancias e Preparados Químicos, se modifica a Directiva 1999/45/CE e se derrogan o Regulamento (CEE) nº 793/93 do Consello e o Regulamento (CE) nº 1488/94 da Comisión, así como a Directiva 76/769/CEE do Consello e as directivas 91/155/CEE, 93/67/CEE, 93/105/CE e 2000/21/CE da Comisión.

Poderán ser entidades beneficiarias da subvención a Administración xeral do Estado, as entidades locais e os organismos dependentes das entidades locais, debidamente recoñecidas e inscritas no RUEPSS, para o impulso da escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, prioritariamente para nenos e nenas de 1 e 2 anos.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995441/ 981544650

Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

07/10/2022 00:00 - 07/11/2022 23:59

14/09/2023 00:00 - 13/10/2023 23:59

21/08/2024 00:00 - 20/09/2024 23:59

De conformidade coa Disposición adicional única da Orde do 9 de agosto de 2024 (DOG nº 159 do 20 de agosto de 2024), ábrese un novo prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde as entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da personalidade e representación da entidade solicitante.

b) Proxecto ou memoria técnica, no caso de que non se requira proxecto, onde se describan adecuadamente as actuacións que se van realizar e a situación de partida, subscrita polo persoal técnico competente, de ser o caso.

c) Memoria urbanística xustificativa da viabilidade dos investimentos propostos coa situación xurídica, catalogación e permisos dos usos dos terreos.

d) Certificado ou informe municipal sobre as actividades da zona e a súa compatibilidade coa escola infantil 0-3.

e) Estudo que reflicta o número de nenos/as menores de tres anos potenciais usuarios/as da escola infantil 0-3, incluídos os/as non nacidos/as e en proceso de adopción.

f) Plan de viabilidade que permita a posta en funcionamento e o mantemento do centro durante un mínimo de 5 anos.

g) Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar dano significativo a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020 (principio do not significant harm-DNSH) (anexo IV).

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán requiridos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supera os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias emitida pola Axencia estatal de Administración tributaria.

d) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Recoñecemento e inscrición no RUEPSS da entidade solicitante.

2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 191 do 6 de outubro de 2022).

    • Extracto da Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 191 do 6 de outubro de 2022).

    • Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2023).

    • Extracto da Orde do 6 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 174 do 13 de setembro de 2023).

    • Orde do 9 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 159 do 20 de agosto de 2024).

    • Extracto da Orde do 9 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 23 de setembro de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de impulso de escolarización no primeiro ciclo de educación infantil con novas prazas de titularidade pública, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 159 do 20 de agosto de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano