Guía de procedementos e servizos

BS420F

Axudas a entidades privadas de iniciativa social para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 10/11/2023 00:00 - 11/12/2023 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

1. Establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas ás entidades privadas de iniciativa social titulares das escolas infantís 0-3 anos coa finalidade de bonificar e compensar os gastos derivados da prestación do servizo de comedor aos nenos e nenas como persoas usuarias da escola e do dito servizo durante o curso escolar 2023/24 e proceder á súa convocatoria.

2. Para os efectos desta orde enténdese por servizo de comedor o prestado ben por persoal do propio centro, ben por persoal alleo a el e contratado con tal fin (servizo de cátering), e que inclúe os alimentos.

Só poderá facer uso do servizo de comedor os nenos e nenas como persoas usuarias do servizo de  atención educativa  da escola infantil 0-3

3. Non será subvencionable o uso do servizo de comedor por días soltos.

Entidades privadas de iniciativa social.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 012

Fax: 981544634

Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

10/11/2023 00:00 - 11/12/2023 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social titulares dunha ou máis escolas infantís 0-3 en funcionamento que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a entidade titular da escola infantil 0-3 que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas fose beneficiaria das axudas convocadas a través da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13.1.2021.

b) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

c) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas dispón do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola consellería competente na materia.

d) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación de conformidade coa normativa de aplicación e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que se solicitan as axudas estea aplicando, pola utilización do dito servizo, un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, entón órgano competente na materia.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da personalidade e representación da persoa que solicita a axuda no caso de ter variacións respecto da última presentada ante calquera Administración .

b) Relación nominal dos nenos e das nenas que asisten á escola infantil 0-3 e fan uso do servizo de comedor durante o período subvencionado (curso 2023/24), con indicación da contía que lle corresponda aboar polo dito servizo, que deberán ter cuberto na aplicación informática escinf, no enderezo seguinte: https://escinf.xunta.es/escinfextweb.

2. Ademais, na epígrafe correspondente do anexo I faranse constar as seguintes declaracións:

a) O conxunto de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade que a solicitada ao abeiro desta orde.

b) Que foi beneficiaria das axudas convocadas a través da Orde do 30 de decembro de 2020.

c) Que está debidamente inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.

d) Que a escola infantil 0-3 pola que solicita as axudas dispón do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola consellería competente na materia.

e) Que dispón da documentación acreditativa do cumprimento do calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación dos nenos e nenas que asisten á escola infantil e do requisito de residencia en Galicia respecto dos que acceden á bonificación.

f) Que a escola infantil está aplicando pola utilización do servizo de comedor un réxime de prezos equivalente ao previsto na normativa reguladora do réxime de prezos das escolas infantís 0-3 públicas do Sistema de servizos sociais.

g) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan coa solicitude son certos.

h) Que non está incurso/a en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

i) Que non está incurso/a en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

j) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

k) Que se compromete a manter o cumprimento destes requisitos durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados con anterioridade pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Resolución de inhabilitación para obter subvencións ou axudas rexistrada na Base de datos nacional de subvencións.

d) Resolución de concesión de subvencións ou axudas rexistrada na Base de datos nacional de subvencións.

e) Relación das tarifas de prezos do curso 2023/24, adaptada ao disposto na letra d) do artigo 3.

f) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias emitida pola Axencia Estatal de Administración tributaria.

g) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

h) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de outubro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o curso 2023/24, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2023).

    • Extracto da Orde do 31 de outubro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o curso 2023/24, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano