Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS420A
Axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Política Social e Igualdade
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
Esta orde ten por obxecto a convocatoria en réxime de concorrencia competitiva de axudas económicas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, coa finalidade de consolidar a oferta existente e de ofrecer un servizo amplo de conciliación da vida familiar e laboral no que se preste unha atención educativa de calidade e cuns prezos homoxéneos para as familias.
Enténdese por nenas/os de 0 a 3 anos, as/os nacidas/os con posterioridade a 31 de decembro de 2014.
Gastos subvencionables.
As axudas convocadas teñen como finalidade compensar os gastos que se produzan e/ou se abonen desde o primeiro de xaneiro de 2017 ata a data de xustificación nos seguintes conceptos:
a) Gastos de persoal (non se subvencionarán aqueles importes que excedan dos salarios e complementos establecidos para cada categoría profesional no último convenio colectivo de ámbito estatal de centros de asistencia e educación infantil).
b) Gastos de alimentación.
c) Outros gastos xerais de mantemento do centro.
As entidades privadas de iniciativa social que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolva/n a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obrigas das entidades beneficiarias.
1. As entidades beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ademais especificamente a:
a) Asegurar o cumprimento do proxecto educativo na/s escola/s subvencionadas.
b) Remitir os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.
c) Facilitar a inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Política Social respecto dos centros subvencionados.
d) Adaptar a tarifa de prezos da escola infantil 0-3 ao establecido no artigo 21 desta orde.
e) Realizar a selección de solicitudes para a adxudicación de prazas na escola infantil 0-3 de acordo co baremo e puntuación establecido no anexo VI.
f) Prestar servizo cinco días á semana durante todo o ano, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral ou salvo causa xustificada, logo da autorización da Consellería de Política Social.
g) Asegurar na prestación do servizo de comedor que se proporciona unha dieta equilibrada e axeitada á idade dos nenos e nenas e poñer a disposición dos pais e das nais a relación semanal de menús.
h) Cumprir cos contidos exixidos para o proxecto lingüístico, de acordo co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
i) Enviar á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte a documentación que consta nos seguintes dous puntos:
1º. Un certificado de ingresos e gastos compresivo de todo o ano natural conforme ao modelo establecido no anexo III.
2º. Unha relación do alumnado do centro no curso 2016/2017, onde se indique a seguinte información:
- Nome do pai, nai ou representante legal.
- Nome da/do nena/o.
- Meses de asistencia ao centro.
- Importe da cota mensual.
j) En relación coas solicitudes de novo ingreso para o curso 2017/2018:
1º. Facilitar unha copia do modelo de solicitude de axudas que figura como anexo IV a esta orde ás persoas que lles soliciten praza, co obxecto de que poidan exercer a opción por unha axuda do Bono Concilia no caso de figurar en lista de espera no centro.
2º. Remitir á Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da súa provincia, antes do 10 de xuño de 2017, a relación de solicitantes de prazas do centro que se encontren en lista de espera para o curso 2017/2018 e que, pola súa vez, optan polo Bono Concilia. A esta relación xuntaranse todas as solicitudes de axuda do Bono Concilia (anexo IV).
k) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
l) Dar a adecuada publicidade das axudas percibidas a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.
m) Dar adecuada publicidade ao número de solicitudes de praza recibidas e ao baremo aplicado para a súa selección a través do taboleiro de anuncios do centro e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.
2. As entidades beneficiarias teñen a obriga de subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro.
3. As entidades que resulten beneficiarias destas axudas por primeira vez, disporán dun prazo de 2 meses desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda para adaptar os prezos da escola infantil 0-3 ao disposto no artigo 21.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185704
Fax: 981185737
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294442
Fax: 982294386
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386121
Fax: 988386131
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817044
Fax: 986817049
Prazo de presentación: PECHADO
17/01/2017 00:00 - 16/02/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
a) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
b) Que a escola infantil 0-3 para a que se solicita a axuda cumpra os requisitos establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, e no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como na normativa de desenvolvemento, se é o caso.
Con cada solicitude (anexo I) e obrigatoria a presentación da seguinte documentación:
a) NIF da entidade solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.
b) Acreditación da personalidade e representación da persoa que solicita a axuda.
c) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter debedas coa Comunidade Autónoma, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
d) Datos do/s centro/s para os que se solicita a subvención (anexo II).
e) Resumo da memoria do centro do curso escolar 2015/2016 (máximo de 10 páxinas), onde se aborden os seguintes contidos:
1º. Horarios e servizos que presta.
2º. Unidades en funcionamento (grupos de idade, ocupación, adscrición do persoal educativo ás unidades).
3º Persoal adscrito ao centro diferenciado por categorías profesionais e xornada laboral.
4º. Descrición xeral das actividades realizadas co alumnado.
5º. Relación de protocolos cos que conta.
6º. Mención ás actividades de formación do persoal, de ser o caso.
f) Proxecto lingüístico do centro.
g) Tarifa de prezos vixente, adaptada ao disposto no artigo 21 desta orde.
As entidades que soliciten por primeira vez estas axudas dispoñen dun prazo de dous meses desde a notificación da resolución favorable para enviar a documentación prevista na letra g) do punto anterior.
No suposto de que a tarifa de prezos da escola infantil sufra modificacións durante o ano 2017, deberase informar á Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica no prazo dun mes desde que estas modificacións teñan lugar.
Todos os documentos que se acheguen deben presentarse en orixinal, copia cotexada ou dixitalizada.
As solicitudes deberán presentarse unicamente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial, dentro dos prazos previstos, na forma prevista no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o 2017 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2017).
-
Resolución do 22 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 30 de decembro de 2016 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 67 do 6 de abril de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano