Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS423F
Programa montaña en familia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Esta orde ten por obxecto convocar o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021 (código de procedemento BS423F).
Prazas convocadas.
1. Convócanse para este ano 600 prazas para participar en estadías de fin de semana dentro do programa Montaña en familia durante as fins de semana do mes de novembro e as dúas primeiras do mes de decembro.
Enténdese por praza, para os efectos desta convocatoria, a que ocupa individualmente cada un dos membros da unidade familiar seleccionada.
2. As estadías comprenden desde o venres pola noite ata o domingo ao mediodía.
3. Cada familia seleccionada só poderá desfrutar dunha estadía na estación de montaña.
1. Poderán ser beneficiarias do programa Montaña en familia, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, as seguintes familias de especial consideración residentes na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) As familias numerosas.
b) As familias monoparentais.
c) As familias acolledoras.
d) As familias vítimas de violencia de xénero.
2. Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa, no certificado de familia monoparental, así como, se é o caso, a formada polas persoas acolledoras e vítimas de violencia de xénero e todos/as os/as fillos/as a cargo.
Terán a consideración de fillos ou fillas tamén as persoas en situación de adopción ou acollemento familiar.
Ningunha persoa pode ser beneficiaria de máis dunha estadía de fin de semana con cargo a esta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Apoio á Familia, á Infancia e á Adolescencia
San Caetano s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995437/ 881995558
Email: familia@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
02/11/2021 00:00 - 15/11/2021 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será 10 días hábiles. Este prazo comezará a computarse desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Serán beneficiarias do programa Montaña en familia aquelas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar das indicadas no artigo 2 desta orde.
b) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes.
1. Cada unidade familiar poderá presentar, a través dunha persoa que a represente, unha solicitude para a adxudicación de prazas para estadías de fin de semana preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas solicitantes que representen a unidade familiar deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Anexo II sobre comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, de ser o caso.
b) Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todos os membros da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
c) Copia do título de familia numerosa, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Copia do certificado de familia monoparental, só no caso de non ser expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Copia da resolución administrativa de acollemento, só no caso de non ser expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante a consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habillitados para o efecto. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma establecida no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a esta consulta:
a) Documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiros da persoa solicitante e da persoa que a represente, se é o caso, así como dos demais membros da unidade familiar.
b) Título de familia numerosa expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Certificado de familia monoparental expedido pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Resolución administrativa de acollemento, só no caso de non ser expedida pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2020, da persoa solicitante e, se é o caso, dos demais membros da unidade familiar.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado do anexo I, ou no anexo II, se é o caso, e achegar os documentos correspondentes.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de outubro de 2021 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia na estación de montaña de Manzaneda para o ano 2021 (DOG nº 209 do 29 de outubro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 31/03/2026 23:59
Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59
Prazas en residencias de tempo libre.
Prazo aberto: 08/05/2025 00:00 - 21/05/2025 23:59