Guía de procedementos e servizos

BS404A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 17/03/2023 00:00 - 15/03/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar integradas na Rede de escolas infantís de Galicia A Galiña Azul para o curso 2023/24 (código BS404A solicitudes de novo ingreso).

Nenos e nenas desde tres meses de idades na data de ingreso, ata os 3 anos, sempre que os cumpla con anterioridade ao 31 de decembro de 2023.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Escolas Infantís do Consorcio Galego

Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996480 (provincias de Pontevedra e Lugo)

Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de Pontevedra e Lugo)

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Escolas Infantís do Consorcio Galego

Edificio Admtvo. San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996477 (provincias de A Coruña e Ourense)

Email: auxiliarcentros.ei@igualdadebenestar.org (provincias de A Coruña e Ourense)

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Prazo de presentación: PECHADO

17/03/2023 00:00 - 15/03/2024 23:59

(Prazo ordinario: Desde: 17/03/2023  Ata:  05/04/2023) O prazo para a presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finaliza o día 5 de abril de 2023.

(Prazo excepcional: Desde: 06/04/2023  Ata: 15/03/2024 O prazo para a presentación das solicitudes que se presenten ao abeiro do disposto no artigo 3.2.b) finalizará o 15 de marzo de 2024.

As solicitudes presentadas pasado o prazo establecido no primeiro parágrafo do artigo 8.2 que se atopen nos seguintes casos:

1º. Nacemento, acollemento ou adopción do neno ou da nena con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

2º. Cambio de concello de residencia ou de traballo da unidade familiar.

3º. Cambio de domicilio ou lugar de traballo da unidade familiar dentro do mesmo concello.

4º. Retorno a Galicia durante o ano 2023 das galegas e galegos que residiran fóra de España, sempre que o dito retorno se producira con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.

5º. Excepcionalmente, outras circunstancias que motivadamente aprecien a Xerencia as xefaturas territoriais da Consellería de Política Social e Xuventude.

Serán requisitos para ser adxudicataria/o de praza nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio:

a) Que a nena ou o neno xa nacese no momento da presentación da solicitude.

b) Que teña unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil na que obteña praza e non teña cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro de 2023. Non obstante o anterior, poderanse eximir do límite de idade dos 3 anos os nenos e as nenas con necesidades específicas de apoio educativo, de acordo co Decreto 229 /2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que as familias que xa escolarizaran outo fillo ou filla no mesmo centro ou en calquera outro centro da Rede pública autonómica A Galiña Azul, que comprende as escolas 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio, deberán estar ao día no pagamento das cotas polos servizos recibidos na data de presentación da solicitude, tanto nos supostos de renovación de praza como de novo ingreso.

Solicitudes.

As solicitudes de novo ingreso (procedemento BS404A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Neste impreso de solicitude poderá solicitarse praza para máis dunha escola e indicar a orde de preferencia. Presentarase unha única solicitude na escola que se indique como primeira opción.

Os impresos estarán dispoñibles ademais no enderezo electrónico https://www.igualdadebenestar.org e https://politicasocial.xunta.gal e facilitaranse tamén nos propios centros en que se solicite praza.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. Para o novo ingreso, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación (procedemento BS404A):

a) Anexo II, relativo á comprobación de datos da persoa cónxuxe ou parella da persoa solicitante ou outros membros da unidade familiar, de ser o caso.

b) Anexo III, no caso de persoas solicitantes, separadas ou divorciadas, que necesitan dunha autorización expresa do proxenitor ou proxenitora non solicitante para presentar a solicitude de praza.

c) Copia do libro de familia ou, na súa falta, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

d) Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia da nena ou do neno para quen se solicita praza, de ser o caso, cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Informe sobre a necesidade de integración na escola infantil acreditada por un equipo de valoración e orientación da Consellería de Política Social e Xuventude, no caso dos nenos e das nenas con necesidades específicas de apoio educativo.

f) Copia da resolución administrativa de acollemento ou de garda con fins adoptivos, cando estean formalizados por outra comunidade autónoma distinta da galega.

g) Xustificación de ocupación da nai/pai, persoa titora legal ou persoa acolledora actualizada no caso de persoas traballadoras que non estean dadas de alta no réxime xeral da Seguridade Social.

h) Se procede, outros documentos en que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo nos supostos en que este for de aplicación:

1º. Certificado do grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, persoa acolledora, persoa titora legal, ou outros membros da unidade familiar cando non sexan expedidos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

2º. Certificado administrativo de monoparentalidade expedido por outra comunidade autónoma ou, na súa falta, certificado de convivencia e sentenza de separación ou divorcio, convenio regulador ou resolución xudicial de medidas paterno-filiais.

3º. Copia do título de familia numerosa, no caso de que non sexa expedido pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

4º. Certificado que acredite a condición de deportista de alto nivel ou de alto rendemento deportivo, ou a condición de persoa adestradora, técnico/a, xuíz/a a ou árbitro/a de alto nivel deportivo recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia da propia orde de protección ou da medida cautelar autenticada polo/a letrado/a da Administración de xustiza.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

7º. Informe das forzas e corpos de seguridade que indique a existencia de indicios claros de trata de seres humanos con fins de explotación sexual.

k) Certificado de empadroamento da nena ou do neno e dunha das persoas proxenitoras ou representante legal expedido polo concello en que residan (con efectos desde o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).

l) Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algunha das persoas proxenitoras ou representante legal da nena ou do neno teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.

m) No caso de estar censado nun concello limítrofe a aquel onde radique a escola, dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, achegarase o certificado de empadroamento do concello do que procede.

n) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, só nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.

2. A falta de presentación dalgún dos documentos recollidos nas alíneas d), f), g) e h) do número anterior dentro do prazo de presentación da solicitude e emenda suporá a non valoración na correspondente epígrafe do baremo, nos supostos da súa aplicación que se recolle no anexo IV, de calquera das circunstancias alegadas.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación dos procedementos BS404B e BS404A consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do IRPF, da persoa solicitante, da/do cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude.

2. Nos supostos de solicitudes de novo ingreso, procedemento BS404A, consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Alta na Seguridade Social na data de presentación da solicitude da persoa solicitante e da/do cónxuxe ou parella.

b) Grao de discapacidade e/ou dependencia do neno ou da nena para quen se solicita praza recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acollemento ou garda con fins adoptivos do neno ou da nena para quen se solicita praza formalizados pola Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Estar inscrito como demandante de emprego a persoa solicitante e a/o cónxuxe ou parella, a data do día anterior ao da publicación desta resolución, de ser o caso.

e) Grao de discapacidade e/ou de dependencia da nai/pai, persoa acolledora ou persoa titora legal recoñecido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

f) Situación de monoparentalidade recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Familia numerosa recoñecida pola Comunidade Autónoma de Galicia.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, anexo II e anexo V, segundo o caso, e achegar os correspondentes documentos acreditativos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 7 de marzo de 2023 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2023/24 (DOG nº 53 do 16 de marzo de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59