Guía de procedementos e servizos

BS403G

Axudas para a continuidade das Casas Niño autorizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 12/01/2022 00:00 - 11/02/2022 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e proceder á súa convocatoria coa finalidade de dar continuidade a este recurso e seguir atendendo as necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia nos que están establecidas co financiamento dos gastos nos anos 2022, 2023 e 2024.

1. Poderán optar ás axudas, a través dunha prima, financiadas con cargo á aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.0 as persoas físicas titulares das casas niño recollidas no artigo 1 que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:

a) Para a subvención da anualidade 2022 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de agosto de 2019.

b) Para a subvención da anualidade 2023 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2020.

c) Para a subvención da anualidade 2024 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021.

2. Poderán optar ás axudas de investimento financiadas con cargo a aplicación orzamentaria 13.02.312B.770.0 as persoas físicas titulares das casas niño recollidas no artigo 1 que estean en funcionamento e manteñan a súa situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia da seguinte maneira:

a) Para a subvención da anualidade 2022 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de marzo de 2017.

b) Para a subvención da anualidade 2023 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de marzo e o 31 de xullo de 2018.

c) Para a subvención da anualidade 2024 poderán ser beneficiarias as persoas titulares de casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de abril e o 31 de agosto de 2019.

3. As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

San Caetano, s/n

Teléfono: 981545666/ 981957029/ 981544650

Email: demografiaeconciliacion@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

12/01/2022 00:00 - 11/02/2022 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte, da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

a) Que a persoa solicitante teña a súa residencia no concello onde está situada a casa niño.

b) Acreditar un correcto estado de saúde.

c) Atender un número mínimo de 2 nenos/as.

d) Dispoñer dun plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.

e) Ter contratada unha póliza de seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.

f) Contar coa comunicación da Consellería de Política Social para ter iniciado a actividade da casa niño entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021.

Forma, lugar de presentación de solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

b) Programa de actuación da casa niño onde consten as actividades que se desenvolverán cos nenos e nenas e as prestacións ás familias (máximo 5 páxinas).

c) Xustificante de ter aboada a prima da póliza do seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.

d) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa que se encargará de substituír a persoa titular da casa niño nos supostos de enfermidade ou calquera outro motivo de ausencia temporal desta, agás causas imprevisibles e inevitables.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante e da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de enfermidade ou calquera outro motivo de ausencia temporal desta.

b) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.

c) Inhabilitación para obter subvencións ou axudas.

d) Concesión de subvencións ou axudas.

e) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais da persoa solicitante e da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de enfermidade ou calquera outro motivo de ausencia temporal desta.

f) Situación de alta na Seguridade Social da persoa solicitante.

g) Situación de alta no imposto de actividades económicas da persoa solicitante.

h) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias emitida pola Axencia estatal de Administración tributaria (AEAT) da persoa solicitante.

i) Certificación de estar ao día das obrigas coa Seguridade Social da persoa solicitante.

j) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante.

k) Titulacións oficiais universitarias da persoa que se encargará de substituír a persoa titular da casa niño nos supostos de enfermidade ou calquera outro motivo de ausencia temporal desta.

l) Titulacións oficiais non universitarias da persoa que se encargará de substituír a persoa titular da casa niño nos supostos de enfermidade ou calquera outro motivo de ausencia temporal desta.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 6 do 11 de xaneiro de 2022).

    • Extracto da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 6 do 11 de xaneiro de 2022).

    • Orde do 16 de xullo de 2024 pola que se modifica a Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciasen a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xaneiro de 2021, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 143 do 24 de xullo de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano