Guía de procedementos e servizos

BS403G

Axudas para a continuidade das Casas Niño autorizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de marzo de 2018

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 20/01/2021 00:00 - 19/02/2021 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva ás persoas titulares de casas niño que iniciaron a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xullo de 2018, e proceder á súa convocatoria para o ano 2021, coa finalidade de dar continuidade a este recurso e seguir atendendo as necesidades de conciliación da vida persoal, familiar e laboral das familias nos concellos rurais de Galicia nos que están establecidas.

1. Podrán optar a estas ayudas las personas físicas titulares de las casas nido recogidas en el artículo 1 que estén en funcionamiento y mantengan su situación de alta fiscal y en la Seguridad Social como personas trabajadoras por cuenta propia.

2. Las personas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que no están incursas en ninguna de las causas de prohibición previstas en el artículo 10 de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia, para obtener la condición de beneficiarias.

Obrigas das persoas beneficiarias.

1. As persoas beneficiarias destas axudas obríganse a observar o disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e ademais especificamente a:

a) Remitir os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

b) Facilitar a inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Política Social respecto das exixencias de acondicionamento do inmoble previstas para a posta en marcha e mais da atención prestada na casa niño subvencionada.

c) Realizar a selección de solicitudes para a adxudicación de prazas na casa niño de acordo co baremo e puntuación establecido no anexo V no suposto de que a demanda de prazas sexa superior á oferta.

d) Solicitar copia da cartilla de vacinación infantil do neno ou nena para a formalización da matrícula.

e) Prestar atención personalizada aos nenos e nenas nas condicións previstas no artigo 4. Nos supostos en que se vexa afectada a actividade presencial por indicación da autoridade sanitaria observarase o disposto no artigo 17.

f) Manter a situación de alta fiscal e na Seguridade Social como persoas traballadoras por conta propia.

g) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

h) Dar a adecuada publicidade das axudas percibidas a través do taboleiro de anuncios da casa niño e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.

i) Dar adecuada publicidade ao número de solicitudes de praza recibidas e, de ser o caso, do baremo aplicado para a súa selección, a través do taboleiro de anuncios da casa niño e da páxina web, no caso de que dispoñan dela.

2. As persoas beneficiarias teñen a obriga de subministrar información nos termos previstos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

SAN CAETANO S/N SANTIAGO DE COMPOSTELA

Teléfono: 981545666/ 981957029/ 981544650

Email: DEMOGRAFIAECONCILIACION@XUNTA.GAL

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

20/01/2021 00:00 - 19/02/2021 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

a) Que a persoa solicitante teña a súa residencia no concello onde está situada a casa niño.

b) Acreditar unha revisión médica anual.

c) Atender un número mínimo de 2 nenos/as.

d) Dispoñer dun plan de actuación cos/coas nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.

e) Ter contratada unha póliza de seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.

f) Contar coa comunicación da Consellería de Política Social para ter iniciado a actividade da casa niño entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xullo de 2018.

Forma e lugar de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da dita lei.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificado médico oficial acreditativo do estado de saúde.

b) Programa de actuación da casa niño onde consten as actividades que se desenvolverán cos nenos e nenas e as prestacións ás familias para a anualidade 2021 (máximo 5 páxinas).

c) Xustificante de ter contratada unha póliza de seguro que cubra as continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes durante o desenvolvemento da actividade subvencionada.

d) Proposta pedagóxica básica que inclúa as modificacións incorporadas ao documento presentado coa solicitude de concesión da axuda de creación da casa niño e que, en todo caso, aborde os seguintes contidos: a organización do período de adaptación e a adquisición de hábitos de autonomía persoal relativos á alimentación, o descanso e a hixiene desde a súa vertente educativa. A proposta incluirá, así mesmo, a programación xeral dunha xornada.

e) Plan de actuación cos/coas nenos/as ante unha emerxencia.

f) Anexo II relativo á comprobación de datos da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia.

Os documentos recollidos nas letras d) e e) do número anterior só serán achegados no suposto de que sufrisen variación respecto dos que están en poder da Consellería de Política Social.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI)/número de identidade de extranxeiro (NIE) da persoa solicitante e da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia.

b) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.

c) Inhabilitación para obter subvencións ou axudas.

d) Concesión de subvencións ou axudas.

e) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais da persoa solicitante e da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia.

f) Situación de alta na Seguridade Social da persoa solicitante.

g) Situación de alta no imposto de actividades económicas da persoa solicitante.

h) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias emitida pola Axencia estatal de Administración tributaria (AEAT) da persoa solicitante.

i) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social da persoa solicitante.

j) Certificación de estar ao día nas obrigas tributarias coa facenda da Comunidade Autónoma de Galicia da persoa solicitante.

k) Titulacións oficiais universitarias da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia.

l) Titulacións oficiais non universitarias da persoa que se encargará de substituír a titular da casa niño nos supostos de ausencia, enfermidade ou emerxencia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar despois da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Dous meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciaron a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xullo de 2018, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2021).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade das casas niño que iniciaron a súa actividade entre o 1 de outubro de 2016 e o 31 de xullo de 2018, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 11 do 19 de xaneiro de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano