Guía de procedementos e servizos

BS403B

Programa de axudas a través da tarxeta Benvida.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 12/01/2024 00:00 - 31/03/2025 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1.  Establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2024 teñan un fillo/a, adopten, sexan declaradas en situación de garda  con fins adoptivos ou acollan de xeito permanente a un ou máis menores de ata tres anos de idade e para aquelas outras que, tendo obtido a axuda ou non accedendo a ela por superar os ingresos previstos nas respectivas convocatorias do ano 2022 e 2023, experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito ás contías reguladas no artigo 4.2, así como para aquelas mulleres que no ano 2024 se atopen na semana 21 ou posterior de xestación.

2. Así mesmo, é obxecto da orde proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

3. A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida, a cal só poderá ser utilizada en oficinas de farmacia, parafarmacias, ópticas, librerías, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia que teñan establecemento aberto no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan de documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) e que se atopen nun dos seguintes supostos:

a) Atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

b) Ter fillas ou fillos nados/as entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

c) Ter constituída a adopción, acollemento familiar permanente ou ser declarado/a en situación de garda con fins adoptivos dun o máis menores de ata tres anos de idade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024.

2. Así mesmo, poderán beneficiarse da axuda as galegas e galegos e os seus descendentes que se atopen en calquera dos dous supostos anteriores e, tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o ano 2024.

3. Igualmente aquelas familias que obtiveran a axuda de carácter xeral de 1.200 € nas convocatorias dos anos 2022 e 2023 e non accederan a ela no segundo ano de vida e ata que o neno faga tres anos, ou ata que se cumpran tres anos do ditado da resolución nos supostos de adopción ou garda con fins adoptivos por superar os ingresos previstos para iso, poderán beneficiarse na presente convocatoria das contías previstas no artigo 4.2 no caso de experimentar unha variación á baixa da renda da unidade familiar que implique ter dereito a elas.

O importe da axuda nestes casos establecerase en función dos meses que resten desde o 1 de xaneiro de 2024 ata que o neno ou nena que dá dereito á axuda faga tres anos ou ata que se cumpran tres anos do ditado da correspondente resolución para os supostos de adopción ou garda con fins adoptivos.

Así mesmo, aquelas familias que non optaran á dita axuda nas referidas convocatorias, por superar os ingresos recollidos no artigo 5.1.b), e experimentaran unha variación á baixa da renda da unidade familiar e concorran á presente convocatoria, poderán beneficiarse das contías previstas no artigo 4.2 nos termos establecidos no punto anterior.

4. Non poderán ser beneficiarias as persoas privadas ou suspendidas total ou parcialmente da patria potestade dos seus fillos/as, mediante resolución xudicial firme, ou cuxa tutela ou garda fose asumida polos órganos competentes en materia de protección de menores.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Subdirección Xeral de Demografía e Conciliación

Servizo de Conciliación Familiar

Edificio Administrativo San Caetano. Edificio a Pirámide

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 012

Fax: 981544634

Email: tarxetabenvida.familia@xunta.gal

Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

Prazo de presentación: PECHADO

12/01/2024 00:00 - 31/03/2025 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento ou se dite a resolución administrativa ou xudicial para os supostos de adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día do nacemento ou do día no que se ditou a resolución de adopción, de garda con fins adoptivos ou de acollemento familiar permanente.

No suposto de muller xestante, en calquera momento do ano 2024 sempre que supere as 21 semanas de xestación.

No suposto de que a persoa solicitante sexa emigrante retornada a Galicia en 2024 e sempre que o fillo ou filla nacera no dito ano 2024, o prazo será de tres meses que se contarán a partir do día seguinte a aquel que conste na documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España. Así mesmo, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal da data que figure na dita documentación acreditativa.

Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. Para estes efectos, considerarase cumprido o requisito de residencia habitual co empadroamento efectivo nun concello de Galicia.

b) Que a renda da unidade familiar non supere os 45.000 €. No suposto de que esta contía fose superior, a renda per cápita non deberá superar os 13.500 €.

c) Que a renda da unidade familiar non supere os 22.000 € para ter dereito á contía da axuda prevista no artigo 4.2.

d) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual nun concello cunha poboación inferior a 5.000 habitantes para ter dereito ao incremento da axuda prevista no artigo 4.3.

2. Ademais, as persoas galegas emigrantes deberán ter retornado a Galicia no ano 2024 e deberán estar en posesión da nacionalidade española antes do dito retorno.

3. Para ter dereito á axuda excepcional prevista no artigo 4.4, a unidade familiar debe estar en situación de especial vulnerabilidade declarada polo órgano dos servizos sociais comunitarios básicos e ter un recurso do dito sistema público pendente de resolución.

4. Así mesmo, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. Todos os requisitos recollidos no número 1 deberán reunirse no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

6. No suposto de ter concedida a tarxeta Benvida durante o estado de xestación non pode volver solicitarse esta axuda unha vez nacido o fillo ou filla, e igualmente no caso de solicitudes para nenos/as en situación de garda con fins adoptivos non pode volver solicitarse esta no momento de constituírse a adopción.

Presentación das solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes electrónicas poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As familias que puidesen ser beneficiarias nos termos indicados no artigo 3.3 disporán desde o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 28 de febreiro de 2024 para esta finalidade, e deberán presentar o anexo III e, se procede, o anexo II, no caso de ter a axuda xeral ou o anexo I no suposto de non ter optado á axuda no ano de referencia por superar ingresos nesa anualidade.

3. No suposto excepcional de ampliación da axuda ata un ano máis previsto no artigo 4.4 a comunicación da situación de especial vulnerabilidade, anexo IV, realizarase dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo I, a seguinte documentación:

a) Anexo II debidamente cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, se é o caso.

b) Copia do libro ou libros de familia en que consten todas as fillas e fillos da persoa solicitante ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das fillas ou fillos da persoa solicitante, para efectos de acreditar a data de nacemento e o número de orde que ocupa a filla ou fillo na descendencia da persoa solicitante.

c) Informe médico, que acredite que se iniciou a semana 21 de embarazo na data de presentación da solicitude, a data previsible do parto e número de fetos, agás que se trate de xestantes que sigan o embarazo no Sistema público galego de saúde (Servizo Galego de Saúde-Sergas).

d) Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, a garda con fins adoptivos, ou o acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade, de ser o caso, cando se trate de procedementos formalizadas fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Copia da sentenza de nulidade, separación ou divorcio ou da resolución xudicial que estableza as medidas paterno-filiais dos fillos e fillas comúns nas unións de feito e/ou do convenio regulador, de ser o caso.

f) Certificado de monoparentalidade cando non sexa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Pasaporte en vigor da persoa cónxuxe ou parella, para o suposto de que esta estea en trámite de autorización de residencia.

h) Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro no período impositivo computable, acompañados dun certificado do organismo competente ou entidade bancaria acreditativo do valor en euros dos ditos ingresos, de ser o caso.

2. No suposto de persoas galegas emigrantes retornadas ou descendentes, deberase presentar ademais:

a) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia ou de ser descendente dunha persoa galega.

b) Certificado de persoa emigrante retornada, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a data de retorno a España.

c) Pasaporte para as persoas solicitantes que non teñan DNI.

3. No suposto de solicitar a ampliación excepcional da axuda prevista para situacións de especial vulnerabilidade no artigo 4.4 dentro dos dous meses anteriores á data en que o neno ou nena faga os tres anos, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Comunicación da situación de especial vulnerabilidade segundo o anexo IV.

b) Informe técnico dos servizos sociais comunitarios básicos que acredite a situación de especial vulnerabilidade e que está sendo atendido/a polo Sistema público de servizos sociais, con indicación das solicitudes de prestacións ou axudas económicas en fase de tramitación.

4. Cando se acheguen coa solicitude documentos en idioma distinto do galego ou castelán presentarán tamén a tradución dos ditos documentos a calquera destes dous idiomas, de acordo coa normativa que sexa de aplicación.

5. Na solicitude (anexo I) deberá figurar, con carácter obrigatorio, un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta Benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.

6. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

7. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.

9. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante e da persoa cónxuxe ou parella, de ser o caso.

b) Declaración do IRPF, da persoa solicitante, da persoa cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da solicitude de subvención. No caso de non ter obriga de presentar a declaración do IRPF comprobarase o nivel de renda.

c) Declaración do IRPF, no caso da persoa solicitante da denominada comunicación de variación do nivel de renda, segundo o anexo III e mais da persoa cónxuxe ou parella e demais membros da unidade familiar, de ser o caso, correspondente ao último período impositivo con prazo de presentación vencido no momento de presentación da dita comunicación. No caso de non ter obriga de presentar a declaración do IRPF comprobarase o nivel de renda.

d) Certificado de empadroamento da persoa solicitante.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, a garda con fins adoptivos, ou o acollemento familiar permanente dun o máis menores de ata tres anos de idade formalizada na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Certificado de monoparentalidade expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Acreditación de atoparse na semana 21 ou posterior de xestación entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2024 no suposto de seguimento do embarazo polo Sergas.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente (anexo I, anexo II e anexo III) e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. As consultas previstas nos números anteriores deste artigo poderán realizarse en cada unha das anualidades de vixencia desta orde.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Catro meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2024).

    • Orde do 17 de xuño de 2024 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 27 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da Tarxeta Benvida, nos supostos de xestación, nacemento, adopción, garda con fins adoptivos ou acollemento familiar permanente no ano 2024, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 122 do 25 de xuño de 2024).

Outros procedementos relacionados

BS401E

Solicitude adopción internacional

Aberto todo o ano

BS401F

Solicitude de adopción nacional.

Aberto todo o ano

BS401G

Solicitude de acollemento familiar

Aberto todo o ano

BS402A

Novo ingreso en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 15/03/2025 00:00 - 13/03/2026 23:59