Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS401D
Habilitación de entidades colaboradoras de adopción internacional.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia
Servizo de Protección de Menores
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544630
Fax: 981957591
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de familia, Infancia e Dinamización Demografica da Coruña
Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981185704
Fax: 981185737
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294442
Fax: 982294386
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica de Ourense
Rúa Saénz Díez, nº 39-baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386121
Fax: 988386131
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica Vigo
Concepción Arenal, 8 -1º
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817044
Fax: 986817049
Prazo de presentación: PECHADO
24/08/2015 00:00 - 31/08/2021 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes esta pechado porque a competencia para tramitar a habilitación de entidades mediadoras en adopción internacional foi atribuída a órganos do ministerio en virtude dos artigos 21 e seguintes do Real Decreto 165/2019, de 22 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de Adopción internacional: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2019-4951&b=27&tn=1&p=20190404#a1-5
- Que nos seus estatutos recolla como finalidade a protección de menores e os principios e bases segundo as que pode repercutir nas persoas solicitantes de adopción os gastos derivados da tramitación efectuada.
- Que a súa traxectoria no desenvolvemento das actividades para conseguir os seus obxectivos estatutarios sexa correcta e axeitada.
- Que teña aptitudes para cumprir correctamente as funcións que vaia asumir e dispoña dos medios materiais e humanos adecuados (equipos multidisciplinares e persoa de dirección e administración).
- Que no seu proxecto de actuación se garantice suficientemente o respecto aos principios e normas da adopción internacional e a debida intervención dos organismos do país estranxeiro no que vaia a actuar.
- Que teña o seu domicilio social en Galicia ou actúe en establecementos radicados nela, e representación no país estranxeiro para o que solicite a habilitación.
- Que xustifique, mediante un estudo económico, os custos e gastos, incluídos os honorarios profesionais, derivados da tramitación das solicitudes e procesos de adopción internacional para acreditar que non obterán beneficios indebidos.
Solicitude segundo o Anexo I.
Copia do DNI ou NIE da persoa representante da entidade, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Acreditación da representación que exerza a persoa que asina a solicitude.
Relación detallada dos medios materiais e patrimoniais dos que dispoñan para o desenvolvemento das súas funcións.
Documentación acreditativa do persoal que vaia a prestar servizos na entidade co seu historial profesional.
Documentación que acredite a formación ou experiencia para actuar no ámbito da adopción internacional.
Proxecto de actuación da persoa representante no país, no que se detallarán todas as súas actuacións, previas e posteriores á asignación do/da menor, nas diferentes fases administrativas e xudiciais e as zonas onde se vaia a traballar, indicando a metodoloxía de traballo.
Plan económico sobre ingresos e gastos sinalando as percepcións que se prevexan cobrar ás persoas solicitantes de adopción ao longo de todo o proceso.
Copia do NIF da entidade solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Copia autenticada da acta ou acordo de creación da entidade.
Copia autenticada dos estatutos da entidade.
Certificado de inscrición da entidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, só no caso de non autorizar a súa consulta.
Documento acreditativo da composición do órgano de dirección, no que se exprese o nome completo de cada membro e o seu DNI.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).
-
Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2000).
-
Decreto 406/2003, do 29 de outubro, polo que se modifica o Decreto 42/2000, do 7 de xaneiro, polo que se refunde a normativa reguladora vixente en materia de familia, infancia e adolescencia (DOG nº 222 do 14 de novembro de 2003).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano