Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS327A
Premios Talento Mozo de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
1. Esta orde ten por obxecto a regulación do procedemento de concesión dos premios ao talento mozo na Comunidade Autónoma de Galicia para o recoñecemento de traxectorias excelentes e proxectos impulsados e postos en marcha por mozos e mozas galegos, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2019.
2. Cos premios Talento Mozo Galicia tratarase de recoñecer e visibilizar o talento e capacidades da xuventude galega, nas modalidades de Ciencia, Rural, Deporte, Empresa e Cultura e Creación.
Convocatoria e modalidades.
1. A Consellería de Política Social convoca estes premios para o ano 2019. O procedemento de concesión tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, nos termos previstos nos artigos 20 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En todo o non previsto nestas bases será de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da citada Lei 9/2007.
2. Os premios Talento Mozo Galicia que se convocan terán as seguintes modalidades:
a) Ciencia.
b) Rural.
c) Deporte.
d) Empresa.
e) Cultura e Creación.
Poderán optar aos premios Talento Mozo as persoas mozas que reúnan os seguintes requisitos:
1. Ter entre 18 e 30 anos na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
2. Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia na data en que finalice o prazo de presentación de candidaturas.
3. Contar cunha traxectoria relevante na modalidade do premio a que concorra. Para estes efectos, os méritos que motivan a candidatura deben estar referidos a circunstancias acreditadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
Obrigas das persoas premiadas.
As persoas premiadas deberán:
a) Acreditar, con carácter previo á concesión e ao pagamento dos premios, que están ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e que non teñen débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Reintegrar, total o ou parcialmente, o importe do premio no suposto de incumprimento dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión e das demais obrigas contidas nesta orde, na Lei 9/2007 ou na restante normativa que sexa de aplicación. Para facer efectiva a devolución, tramitarase o procedemento de reintegro oportuno, que se axustará ao previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
c) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, as modificacións que se produzan nos requisitos e condicións que determinaron a concesión do premio. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza.
e) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a obtención doutras axudas para a mesma traxectoria e/ou proxecto. Para estes efectos, a persoa solicitante debe incluír no anexo I a declaración relativa a outras axudas e, con posterioridade á presentación da solicitude, comunicar a súa obtención, de ser o caso.
f) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
g) Cumprir cos requisitos e obrigas recollidas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa aplicable.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Instituto da Xuventude de Galicia
Edificio Administrativo San Lázaro 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545664
Email: institutoxuventude.ctb@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
22/10/2019 00:00 - 21/11/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para poderen optar aos premios Talento Mozo Galicia as persoas candidatas deberán acreditar documentalmente, na forma prevista no artigo seguinte desta orde, que se reúnen as cualidades que xustifiquen poder optar ao premio na modalidade de que se trate.
Unha mesma persoa non poderá presentarse como candidata a máis dunha modalidade de premio. No suposto de que se produza esta situación, a solicitude non será admitida a trámite.
A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
As persoas interesadas deberán achegar co impreso de solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Memoria individualizada descritiva do proxecto ou traxectoria que opta ao premio, na modalidade de que se trate, que poña de manifesto os seus aspectos máis relevantes e valiosos e que conteña expresa mención dos méritos en que se fundamente a solicitude (anexo II).
b) Curriculum vitae da persoa candidata.
c) Documentación oficial acreditativa dos méritos alegados. Sen esta acreditación, os citados méritos non se terán en conta polo xurado.
Con carácter potestativo poderá xuntarse outra documentación que a persoa solicitante considere relevante tal como apoios á candidatura, tanto de persoas físicas como xurídicas, publicacións, fotografías ou outros documentos.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos.
1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
c) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 200 do 21 de outubro de 2019).
-
Extracto da Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 200 do 21 de outubro de 2019).
-
Resolución do 18 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 31 de decembro de 2019 dos premios Talento Mozo Galicia, ao abeiro da Orde do 10 de outubro de 2019 pola que se aproban as bases que rexen os premios Talento Mozo Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2019. (DOG nº 39 do 27 de febreiro de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano