Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
BS324A - Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas individuais de mobilidade para a mocidade.
1. Esta orde ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, con cargo ao Plan operativo de emprego xuvenil (en adiante, POEX), para a realización de prácticas formativas non laborais en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos. O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
2. A finalidade do programa de mobilidade é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as inscritos/as no Sistema nacional de garantía xuvenil (en adiante, SNGX), non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.
3. A realización das prácticas formativas non laborais xerará o dereito a solicitar a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de mocidade, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015.
4. As bases específicas reguladoras de cada un dos procedementos incorporaranse no título II desta orde.
Mozos e mozas individualmente, inscritos/as no SNGX e que figuren como beneficiarios/as, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
1. As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán ter cumpridos os 18 anos e estar inscritas e figurar como beneficiarias no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia o día en que presenten a solicitude de concesión da subvención, e cumprir co establecido na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficacia, e no Real decreto lei 6/2016, do 23 de decembro, de medidas urxentes para o impulso do Sistema nacional de garantía xuvenil, entre outros:
a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
2. Non poderán participar nas mobilidades financiadas na presente convocatoria os mozos e mozas que participaran en convocatorias anteriores do programa Galeuropa.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544854/ 981544645
Fax: 981545843
Email: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es
http://garantiaxuvenil.xunta.es/
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado
Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).
Extracto da Orde do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 81 do 29 de abril de 2019).
Resolución do 1 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 27 de xuño de 2019, do procedemento BS324C, de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 134 do 16 de xullo de 2019).
Resolución do 10 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de xullo de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2019).
Resolución do 23 de xullo de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 22 de xullo de 2019 do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2019).
Resolución do 14 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 13 de agosto de 2019, do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas a Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 160 do 26 de agosto de 2019).
Resolución do 9 de agosto de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 7 de agosto de 2019 do procedemento BS324B de concesión de subvencións destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 162 do 28 de agosto de 2019).
Resolución do 7 de novembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 30 de outubro de 2019 do procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega destinadas ao Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 221 del 20 de novembro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
30/04/2019 00:00 - 29/05/2019 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.
- As solicitudes de subvencións individuais (procedemento BS324A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos .
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación indicada no título II para cada un dos distintos procedementos.
- Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Comprobación de datos .
1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) NIF da entidade representante, cando o representante sexa unha persoa xurídica.
e) Comprobación de estar inscrito/a e ser beneficiario/a no Sistema nacional de garantía xuvenil.
f) Certificado de discapacidade cando sexa emitido pola Xunta de Galicia.
g) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
i) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Documentación .
Coas solicitudes das subvencións individuais (anexo I-A) xuntarase a seguinte documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos:
1. Curriculum vitae modelo europeo en calquera dos idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Anexo IV-A, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas non laborais.
No caso de non presentación deste anexo coa solicitude, deberá ser remitido no prazo establecido no artigo 22.1.b) 1º.
3. Se procede, acreditación de violencia de xénero, que se acreditará por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, que son:
a) Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
b) Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
c) Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
e) Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
f) Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
g) Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
4. Acreditación, se procede, da situación de discapacidade cando non sexa emitida pola Xunta de Galicia.
5. Se procede, o informe acreditativo da situación de risco de exclusión social emitido polo Sistema galego dos servizos sociais.
- Fase de solicitude
- Aceptación da empresa ou entidade estranxeira (Anexo IV-A)
- Solicitude (Anexo I-A)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"