Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS324A
Mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa: Axudas individuais de mobilidade para a mocidade.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para os proxectos de mobilidade transnacional dirixidos á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017, con cargo ao POEX.
A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as inscritos/as no SNGX non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.
Poden ser beneficarios/as destas axudas os mozos e as mozas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do capítulo I desta orde e que teñan mínimo 18 anos de idade.
Obrigas xerais dos/das beneficiarios/as.
As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumprir as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral a axudas e subvencións públicas, deberán:
Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.
Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.
Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e da IEX que poderán comprender as oportunas visitas sobre o terreo e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.
Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa europea de garantía xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.
Así mesmo, deberán subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.
Obrigas dos/as beneficarios/ das Axudas individuais á xuventude.
a) Buscar pola súa conta a empresa/entidade pública ou privada para a realización das prácticas.
Dispoñer dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das mobilidades, e enviar copia á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
b) Manter contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e para os efectos do previsto no capítulo V do título I, durante o ano seguinte á finalización das prácticas.
c) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás que sexan convocadas, tanto previas á saída, como durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas.
d) Entregar cubertos os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 20 e 29.
e) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal:
1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e a da tarxeta sanitaria ou seguro médico equivalente.
2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas, para os efectos de seguimento da actividade segundo o disposto no capítulo V do título I, deberán enviar un correo electrónico indicando:
Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo IV-A.
O calendario de realización das prácticas, en que se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.
3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo dos 3 días seguintes a que se produza o feito, motivando as causas.
4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo IV-A cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes a producirse o cambio. De ningunha maneira se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas axudas concedidas.
f) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas, sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa/entidade de prácticas.
g) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e, en xeral, no transcurso da mobilidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544854 / 981544645
Fax: 981545843
Email: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es
http://xuventude.xunta.es / http://garantiaxuvenil.xunta.es/
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2017 00:00 - 15/06/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Polo tanto, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan exixir os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumprir co establecido na Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficacia, entre outros:
a) Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
b) Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
c) Non ter recibido accións formativas no día día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas/entidades que non se atopen ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
As solicitudes individuais de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:
a) Solicitude de modelo oficial que figura no anexo I-A.
O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado logo de solicitude por escrito motivado, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores para gastos de viaxe, manutención e aloxamento. Poderá realizarse o cambio para outro país que teña asignada unha contía superior para gastos de viaxe, manutención e aloxamento só no caso de que haxa unha redución da duración da mobilidade de xeito que non se supere o importe da axuda que corresponde segundo o país inicialmente solicitado e sempre cumprindo a duración mínima de 2 meses.
b) Currículo modelo europeo.
c) Copia do DNI/NIE cando o/a solicitante en caso de que denegue expresamente a súa consulta.
d) Acreditación de violencia de xénero: se é o caso, acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, que son:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
e) De ser o caso, anexo IV-A, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas.
As solicitudes de axudas reguladas nos distintos procedementos desta orde deberán formalizarse por separado para cada un deles, no modelo de solicitude sinalado para cada procedemento no anexo-A, e estarán dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
As solicitudes de axudas individuais (Procedemento BS324A) presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de identificación con usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 2 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede a súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 92 do 15 de maio de 2017).
-
Resolución do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se lles dá publicidade ás subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 2 de maio de 2017 pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 67 do 6 de abril de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano
Carné Xove.
Aberto todo o ano