Guía de procedementos e servizos

BS320A

Subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa servizo de voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea - Next Generation EU

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 19/08/2023 00:00 - 18/09/2023 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria e a entidades locais enmarcadas no Programa servizo de voluntariado xuvenil que realicen proxectos do dito programa, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

As entidades beneficiarias das axudas serán as entidades de acción voluntaria e as entidades locais que realicen proxectos de voluntariado enmarcados no programa Servizo de voluntariado xuvenil do ano 2023.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Servizo de Voluntariado e Participación

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957916

Email: voluntariado@xunta.gal

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

19/08/2023 00:00 - 18/09/2023 23:59

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

No caso de que unha entidade presente máis dunha solicitude dentro do prazo establecido, entenderase que a única válida é a última presentada e desistirase automaticamente das anteriores.

1. Para poder ser entidade beneficiaria destas axudas, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán condicións imprescindibles:

a) Que as entidades de acción voluntaria e as entidades locais estean legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Especificamente, as entidades locais con personalidade xurídica propia a que se refire o título IV da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, precisan de inscrición como tal no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia. No caso de agrupacións de municipios, todos e cada un deles deberán estar inscritos no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia para poder concorrer a esta convocatoria de subvencións.

En calquera caso, tamén poderán solicitar axudas as entidades non inscritas que, na data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, presentasen solicitude de inscrición na sección de entidades do referido Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

b) Ter sede permanente ou domicilio social en Galicia e desenvolver os proxectos subvencionables na Comunidade Autónoma galega a través de persoas voluntarias.

c) Ter debidamente contratados todos os seguros de responsabilidade civil e de accidentes de todas as persoas voluntarias que participen no proxecto presentado, durante todo o tempo de execución deste.

d) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

e) Ter cumprido a obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio, no caso das entidades locais.

2. Non poderán solicitar as subvencións convocadas en virtude desta orde aquelas entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13, números 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10, números 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. As entidades deberán manter os requisitos exixidos durante todo o período de realización do proxecto subvencionado.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I procedemento BS320A) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. As entidades locais poderán presentar a solicitude a título individual ou conxuntamente, baixo calquera das fórmulas recollidas no artigo 3.2, por máis dunha entidade local. De ser o caso, nas solicitudes presentadas conxuntamente deben indicar expresamente cal destas entidades se debe considerar como representante ou a cal deben dirixirse as actuacións administrativas. En ausencia de designación expresa, considerarase como tal a entidade local que figure en primeiro lugar.

3. No caso de que a solicitude a presenten varias entidades locais conxuntamente baixo calquera das fórmulas recollidas no artigo 3.2., os ditos concellos non poderán presentar solicitude de subvención a título individual para o mesmo ou distinto proxecto.

4. Non serán admitidas ou serán excluídas todas aquelas solicitudes presentadas conxuntamente por máis dunha entidade local, nas cales non se acredite suficientemente a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actuacións independentes de cada unha delas. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberá acreditarse que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada e independente.

Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.

a) Proxecto de actividades (anexo II). Admitirase un só proxecto por entidade para o conxunto de actividades indicadas no artigo 2.2, agás as actuacións de voluntariado interxeracional da letra j), para as cales se permitirá a presentación dun proxecto independente do anterior.

Cada proxecto irá acompañado coa súa denominación/nome, resumo, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de persoas que se beneficiarán da actividade, das persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada unha destas persoas e do número de días que participará cada unha delas, así como do custo que correspondería por número de persoas voluntarias e días e dun orzamento desagregado do custo das demais actividades e a descrición das actividades que se van realizar.

Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

De conformidade co anterior, nun mesmo proxecto non se poderán mesturar actuacións das letras desde o a) ata o i) do artigo 2.2 coas actuacións da letra j) dese mesmo artigo. As entidades deberán presentar un único proxecto para calquera das actuacións indicadas nas ditas letras desde o a) ata o i) (ou para un conxunto delas), ou para a actuación da letra j), ou dous proxectos, un para as primeiras e outro para a da dita letra j).

No caso de que, consonte o indicado nos parágrafos anteriores, se presenten dous proxectos, incluiranse na mesma e única solicitude, indicando en cada caso con que letras do artigo 2.2 se corresponden.

b) No caso de concellos e mancomunidades de municipios, certificación da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado que debe asumir a entidade interesada, para cada un dos proxectos, de ser o caso.

c) No caso de solicitudes formuladas por agrupacións de entidades locais, a entidade local designada para actuar como representante deberá xuntar, ademais da documentación requirida ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, un documento en que se deixe constancia de que as persoas representantes das entidades locais participantes autorizan a presentación da solicitude.

d) No caso de proxectos enmarcados na letra j) do artigo 2.2: declaración de compromiso, de cesión e tratamento de datos e de ausencia de conflito de intereses, Orde HPF/1030/2021 en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» ou DNSH, polas súas siglas en inglés Do no significant harm) (anexo VIII).

2. O órgano instrutor deste procedemento poderá solicitar canta documentación considere precisa para unha mellor valoración e comprobación de cada proxecto presentado.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a súa oposición expresa.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á entidade interesada que os achegue.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos pola sede electrónica ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos na convocatoria. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Seguridade Social.

d) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Certificación de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Para a comprobación do cumprimento do requisito establecido no artigo 4.1.e) consultaranse os datos da rendición do sector local en Galicia publicados polo Consello de Contas na súa páxina web oficial.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 156 do 18 de agosto de 2023).

    • Extracto da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 156 do 18 de agosto de 2023).

    • Orde do 13 de outubro de 2023 pola que se modifica a Orde do 1 de agosto de 2023, pola que se regulan as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa de servizo de voluntariado xuvenil, así como a proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto de talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 201 do 23 de outubro de 2023).

    • Resolución do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución de 20 de outubro de 2023, de concesión de axudas ao abeiro da Orde do 1 de agosto de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no Programa voluntariado xuvenil, así como proxectos de voluntariado interxeracional no medio rural, con base no proxecto piloto Talento interxeracional no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano