Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS310Q
Xuventude Crea
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen a concesión dos premios do programa Xuventude Crea e convocalos para o ano 2020.
2. Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, graffiti, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
Poderán solicitar a participación as persoas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2020, agás o establecido no capítulo II segundo para cada especialidade.
Obrigas das persoas seleccionadas para a fase final e das persoas premiadas
1. As persoas participantes seleccionadas para a fase final e as persoas premiadas deberán subministrar á Consellería de Política Social os arquivos de código fonte necesarios para que os proxectos finalistas e premiados poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.
2. As persoas participantes seleccionadas para a fase final nos termos dos artigos 25, 35, 37, 39 e 43, e as persoas premiadas deberán:
a) Acreditar, previamente á concesión e pagamento das axudas previstas para a participación na fase final e para os premios, que están ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
b) Reintegrar, total ou parcialmente, o importe da axuda da fase final e do premio no suposto de incumprimento dos requisitos e condicións establecidos para a súa concesión e das demais obrigas contidas nesta orde, na Lei 9/2007 ou na restante normativa que sexa de aplicación. Para a efectividade da devolución, tramitarase o correspondente procedemento de reintegro segundo o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
c) Facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.
d) Cumprir os requisitos e as obrigas recollidas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e as restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa aplicable.
3. As persoas premiadas, ademais das obrigas establecidas nos números 1 e 2, deberán:
a) Colaborar nas accións de difusión que se organicen, así como a autorización de edición e reprodución a favor da Consellería de Política Social para a súa publicidade, difusión e divulgación a través do portal web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social (http://xuventude.xunta.es/), redes sociais e demais medios de difusión da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Conservar os orixinais das obras premiadas e poñelos á disposición da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para a súa exhibición ou difusión por calquera medio ata o 31 de decembro do ano natural seguinte ao da concesión do premio.
c) No caso de que a obra sexa obxecto de posterior exhibición ou difusión pola persoa premiada, deberase indicar de forma expresa e visible a súa condición de premiada neste programa.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541689
Fax: 981545843
Prazo de presentación: PECHADO
09/07/2020 00:00 - 19/08/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
- Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
- Salvo no caso das especialidades de teatro, música, graffiti, creación de videoxogos, cociña e danza moderna, a participación será sempre a título individual.
- Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
- A información contida neste artigo debe ser consignada de acordo co disposto no capítulo II (parte específica).
- A solicitude das persoas participantes deberase facer a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo I).
As solicitudes deberanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas participantes deberán achegar co impreso de solicitude (anexo I) un sobre pechado en cuxo exterior figurará exclusivamente o título da obra e o pseudónimo do autor ou da autora e no cal irán o boletín de inscrición (anexo II) e a obra e documentación que corresponda de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta, ademais da seguinte documentación, de ser o caso:
a) No caso de que a persoa participante sexa menor de idade, precísase autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión relacionada con ela.
b) Anexo III para a comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (no caso de grupos).
c) No caso dunha pluralidade de solicitantes, deberase achegar coa solicitude (anexo II) a listaxe completa de persoas solicitantes, xunto coa autorización no caso de menores de idade e o anexo III (no caso de grupos), de ser o caso.
Calquera soporte audiovisual que se envíe (memoria USB, CD, DVD...) deberá ter as óptimas condicións de visionado e gravación.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria presentarase de forma presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites posteriores ás solicitudes se deberán realizar de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Comprobación de datos
1. De conformidade coa normativa de protección de datos persoais, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou dos membros do grupo, de ser o caso.
b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.
c) Certificado de empadroamento da persoa solicitante ou dos membros do grupo, de ser o caso.
d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante ou dos membros do grupo, de ser o caso.
e) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social da persoa solicitante ou dos membros do grupo, de ser o caso.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) da persoa solicitante ou dos membros do grupo, de ser o caso.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo II (boletín de inscrición) e anexo III (en caso de grupos), e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 135 do 8 de xullo de 2020).
-
Extracto da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 135 do 8 de xullo de 2020).
-
Resolución do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 19 de novembro de 2020 de premios da especialidade de fotografía do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 247 do 9 de decembro de 2020).
-
Resolución do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 19 de novembro de 2020 de premios e axudas para a fase final da especialidade de teatro do programa Xuventude Crea (procedemento BS310Q), da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 251 do 15 de decembro de 2020).
-
Resolución do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 19 de novembro de 2020, de premios da especialidade de artes plásticas do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 251 do 15 de decembro de 2020).
-
Resolución do 23 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 19 de novembro de 2020, de premios e axudas para a fase final da especialidade de graffiti do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 251 do 15 de decembro de 2020).
-
Resolución do 30 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 24 de novembro de 2020, de premios da especialidade de danza moderna do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 9 do 15 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 24 de novembro de 2020, de premios e axudas para a fase final da especialidade de música do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 9 do 15 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 24 de novembro de 2020, de premios da especialidade de banda deseñada do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 9 do 15 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 28 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 2 de decembro de 2020 de premios e axudas para a fase final da especialidade de cociña do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 13 do 21 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 28 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 2 de decembro de 2020 de premios da especialidade de creación de videoxogos do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 13 do 21 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 10 de decembro de 2020 de premios da especialidade de poesía do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 16 do 26 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 10 de decembro de 2020 de premios da especialidade de videocreación do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 16 do 26 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2020 de premios e axudas para a fase final da especialidade de moda do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 16 do 26 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2020 de premios da especialidade de deseño de xoias do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 16 do 26 de xaneiro de 2021).
-
Resolución do 30 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 9 de decembro de 2020 de premios da especialidade de novela curta do programa Xuventude Crea, procedemento BS310Q, da Orde do 22 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2020.(DOG núm. 16 do 26 de xaneiro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano
Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Recoñecemento oficial dos servizos de información xuvenil.
Aberto todo o ano