Guía de procedementos e servizos

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
A realización de actividades ao aire libre reguladas neste decreto, requirirá a presentación ante a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar dunha declaración responsable de inicio de actividade.

A declaración responsable de inicio de actividade constitúe un documento subscrito pola persoa prestadora do servizo, de acordo cos modelos normalizados que figuran nos anexos deste decreto, no cal declara baixo a súa responsabilidade:

a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo correspondente deste decreto, en función da natureza do servizo.

b) Que, en función da natureza do servizo que vai prestar, cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos nos títulos I, II e III deste decreto para ese servizo.

c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.

De producirse un cambio na titularidade do servizo, a nova persoa titular deberá subscribir unha nova declaración responsable co mesmo contido que se detalla no punto segundo deste artigo. Esta nova declaración deberá presentarse nun prazo non superior a quince días dende que se produza o cambio de titularidade.

Persoas físicas, asociacións, entidades ou empresas públicas ou privadas, que queiran desenvolver un programa de actividades ó aire libre dirixidas á xuventude, entendendo como tales acampadas, marchas volantes ou rutas e campos de traballo.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957057 / 981544866

Fax: 981545843

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238

Fax: 881881237

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294346

Fax: 982294339

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120 / 988386113

Fax: 988386119

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

R/ Concepción Arenal, 8

36201  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986817781 / 986817782

Fax: 986817082

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Dende o día 29 de febereiro de 2012

  • Toda persoa física ou xurídica que queira iniciar a prestación de servizos de actividades xuvenís, regulados no título II, antes de emitir a declaración responsable, segundo o modelo oficial que figura no anexo V deste decreto, deberá estar en posesión da seguinte documentación:

    • a) Informe favorable das autoridades competentes en materia de sanidade referente ás condicións hixienico-sanitarias do lugar e á potabilidade da auga para as actividades de máis de cincuenta participantes. No caso de que a auga que se vaia utilizar proceda da rede municipal de abastecemento correspondente ou sexa envasada, chegará con facer constar esta circunstancia.

    • b) Relación dos compoñentes do cadro tecnico-directivo e especificación da súa identidade e a titulación en materia de tempo libre de cada un deles.

    • c) Identidade da persoa responsable da actividade, domicilio e copia do título acreditativo da condición de director/a ou monitor/a de actividades de tempo libre, segundo proceda, con respecto ao número de participantes.

    • d) No suposto de que a persoa solicitante sexa unha persoa xurídica, a acreditación de que a persoa que emite a declaración responsable e a súa representante legal.

    • e) Asistencia medica prevista e especificación do centro de saúde ao que acudir en caso de necesidade.

    • f) Descrición das condicións tecnicas da acampada ou campo de traballo.

    • g) Plano gráfico ou esbozo do lugar onde se vaia desenvolver a actividade e forma de acceso a el, coa indicación do municipio, parroquia e lugar, o máis detalladamente posible. No suposto de que o lugar de pernoita estea próximo á costa, deberá indicarse, en metros lineares, a distancia aproximada ao límite interior da beiramar.

      No caso de rutas ou marchas voantes, deberá indicarse, ademais, unha descrición do itinerario, zonas de acampada e días en que se efectuarán as pernoitas.

    • h) Fins ou obxectivos da actividade, así como as datas entre as cales se desenvolverá.

    • i) Relación do número das persoas participantes e idades destas.

    • j) Autorización por escrito do titular de dereitos de uso e aproveitamento, administrador ou representante legal suficientemente acreditado, do predio que se ocupa, sexa de propiedade pública ou privada.

    • k) Copia do escrito dirixido á persoa titular da alcaldía do concello onde se sitúe o terreo onde se pretende desenvolver a actividade e comunicación da intención da realización desta e do lugar da pernoita. Na copia deberá figurar o rexistro de entrada.

    • l) No caso de actividades cuxa programación prevexa a súa realización dentro da Rede Galega de Espazos Protexidos, Rede Natura, áreas protexidas de interese internacional, reservas da biosfera ou espazos naturais de interese local, deberán posuír autorización do órgano competente da súa conservación ou xestión.

    • m) Cando as actividades se desenvolvan na beira do mar, na zona comprendida nunha franxa de 100 metros medida terra dentro desde o límite interior da beiramar do mar, deberán ter solicitado un informe preceptivo ao órgano competente en materia de costas, que poderá establecer condicións adicionais para a mellor protección deste espazo.

    • n) Autorización para facer lume de acampada, de acordo coa normativa vixente sobre medidas de prevención de incendios, sempre que estea previsto no programa de actividades.

    • o) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente».

  • Documentos específicos para campos de traballo.

    Cando a actividade que se vaia realizar sexa un campo de traballo, ademais da documentación detallada no artigo 50 do Decreto 58/2012 do 12 de xaneiro, deberá dispoñer da seguinte documentación:

    • a) Descrición do perfil das persoas participantes e da composición do equipo especializado no traballo que se vaia realizar no campo e indicar os mesmos datos para o equipo tecnico en animación.

    • b) Programa de traballo e medios con que conta o campo para a súa realización.

    • c) Horario de traballo.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2012).

    • Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49 do 10 de marzo do 2000).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano