Guía de procedementos e servizos

BS215A

Axudas dirixidas a persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 06/04/2023 00:00 - 30/11/2023 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Concesión das axudas económicas destinadas a persoas con diagnóstico de Esclerose Lateral Amiotrófica.

1. Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:

a) Ter feitos os 18 anos.

b) Estar empadroados/as nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Estar diagnosticadas da enfermidade da ELA.

d) Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitada a situación de dependencia.

2. Ademais, as persoas beneficiarias da axuda teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Subdirección Xeral de Atención Sociosanitaria e Innovación Asistencial

Servizo de Calidade, Humanización e Xestión da Información

Edfif. Administrativo San Caetano, Edif. 8B

15705  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995696

Email: dxmas.politicasocial@xunta.gal

Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria

Prazo de presentación: PECHADO

06/04/2023 00:00 - 30/11/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de novembro de 2023.

Cando o ultimo día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderase presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da representación, de ser o caso.

b) Certificado ou informe médico oficial acreditativo de estar diagnosticado/a coa enfermidade da ELA.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.

d) Grao e nivel de dependencia.

e) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social.

g) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Tributaria de Galicia.

h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións do solicitante rexistradas na Base de datos nacional de subvencións no período solicitado.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas solicitantes a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares ou rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Un mes

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas para o ano 2023 dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 67 do 5 de abril de 2023).

    • Extracto da Orde do 3 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas económicas para o ano 2023 dirixidas ás persoas con esclerose lateral amiotrófica e se realiza a súa convocatoria (DOG nº 67 do 5 de abril de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano