Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS212B
Axudas para a continuidade das casas do maior.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Política Social e Igualdade
Convocatoria de subvencións destinadas para os anos 2024 e 2025 a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a continuidade e mantemento das casas do maior postas en marcha nos anos 2019, 2021 e 2022.
Poderán ser beneficiarias destas axudas para a continuidade do funcionamento das casas do maior, as persoas físicas que se estableceron como empresarias autónomas ou que constituíron cooperativas de traballo asociado que, durante os anos 2019, 2021 e 2022, puxeron en marcha unha casa do maior.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996332
Email: subxmaiores.politicasocial@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e Atención Diúrna de Maiores
Servizo de Recursos Comúns
Edificio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547320
Prazo de presentación: PECHADO
27/02/2024 00:00 - 26/03/2024 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes.
1. As solicitudes de subvencións reguladas nesta orde presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte á notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta documentación deberá estar referida á/s persoa/s socia/s encargadas do desenvolvemento da actividade.
b) Xustificante da vixencia da póliza de seguro por un importe mínimo de 15.000 euros, que garanta a cobertura das continxencias de responsabilidade civil, danos a terceiras persoas e accidentes que puidesen xerarse por feitos ou circunstancias ocorridos como consecuencia da estadía na casa do maior ou das actividades propias do servizo prestado que se realicen no exterior.
c) Anexo III cuberto cos datos da persoa profesional encargada do desenvolvemento da actividade, no caso de cooperativas de traballo asociado.
d) Documentación acreditativa de alta na Seguridade Social no réxime especial de autónomos da persoa solicitante e da persoa profesional que vaia desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) da persoa solicitante, persoa representante e da que está a desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado, e número de identificación fiscal (NIF) da entidade, no suposto de cooperativas de traballo asociado.
b) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigacións tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa ou entidade solicitante e da persoa que vai desenvolver a actividade.
c) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa ou entidade solicitante e da persoa que vaia desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.
d) Concesións das axudas ás cales aplica a regra de minimis vixentes da persoa ou entidade solicitante e/ou persoas que vaia desenvolver a actividade no caso de cooperativas de traballo asociado rexistrados na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
e) Alta no imposto de actividades económicas da persoa ou entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de febreiro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 13 de febreiro de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior, en réxime de concorrencia non competitiva, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Aberto todo o ano
Concerto social para a xestión dun servizo de punto de encontro familiar de Ribeira, incluíndo un programa de formación e apoio á parentalidade positiva.
Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Axudas para a posta en marcha de casas do maior.
Prazo pechado: 24/05/2024 00:00 - 24/06/2024 23:59