Guía de procedementos e servizos

BS210A

Recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na comunidade autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Pechado

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes.

En particular, esta orde ten por obxecto o desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, canto aos requisitos e condicións para cada tipo de servizo e/ou libranza, as intensidades de protección dos servizos, o réxime de compatibilidades entre os servizos e libranzas, os criterios para a xestión das prestacións do sistema e a efectividade delas, o procedemento de valoración e recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para os/as menores de tres anos, así como dos supostos de emerxencia social, o procedemento para o recoñecemento da efectividade do dereito ás prestacións económicas das persoas solicitantes falecidas durante a tramitación do procedemento sen recibiren atención, as comisións provinciais de coordinación e o réxime de infraccións e sancións do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

Titulares do dereito.

1. Poderán solicitar o recoñecemento da situación de dependencia os españois que, de conformidade co previsto no artigo 5 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, cumpran os seguintes requisitos:

a) Encontrarse en situación de dependencia nalgún dos graos establecidos.

b) Para os menores de tres anos, encontrarse en situación de dependencia conforme o disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 39/2006, do 14 de decembro.

c) Residir en territorio español e telo feito durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude. Para os menores de cinco anos o período de residencia exixirase a quen exerza a súa garda e custodia.

2. Así mesmo, será necesario que o beneficiario resida na Comunidade Autónoma de Galicia na data da presentación da solicitude.

3. As persoas que, reunindo os requisitos dispostos no parágrafo anterior, carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

4. As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

- Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.

1. De conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia está configurado na Comunidade Autónoma de Galicia polo seguinte catálogo de servizos:

a) Servizos de prevención das situacións de dependencia e de promoción da autonomía persoal.

b) Servizo de teleasistencia.

c) Servizo de axuda no fogar.

d) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:

1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.

2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.

3. Servizo de atención diúrna especializada.

4. Servizo de atención de noite.

e) Servizo de atención residencial para persoas en situación de dependencia:

1. Servizo residencial de persoas en situación de dependencia.

2. Estadías temporais en residencia.

3. Servizo de atención residencial a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.

f) Outros servizos de atención a persoas en situación de dependencia, en razón dos distintos tipos de discapacidade.

2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.

Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao III, nivel 2 e 1, e para o grao II, nivel 2 e 1.

De conformidade co establecido no artigo 4 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:

a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo privado dos enumerados no artigo 7.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 desta orde.

b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determine no correspondente programa individual de atención.

c) A libranza de asistencia persoal, que terá por obxecto a promoción da autonomía das persoas en situación de gran dependencia e dependencia severa, neste último suposto como complemento adicional da Comunidade Autónoma.

- Catálogo de servizos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.

1. De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, polo que se modifica o Real decreto 727/2007, do 8 de xuño, sobre criterios para determinar as intensidades de protección dos servizos e a contía das prestacións económicas da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, e o Real decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia, o Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia está configurado polo seguinte catálogo de servizos:

a) Servizos de prevención das situacións de dependencia.

b) Servizos de promoción da autonomía persoal.

1. Servizo de habilitación e terapia ocupacional.

2. Servizo de atención temperá.

3. Servizo de estimulación cognitiva.

4. Servizo de promoción, mantemento e recuperación da autonomía funcional.

5. Servizo de habilitación psicosocial para persoas con enfermidade mental ou discapacidade intelectual.

6. Servizo de apoios persoais e coidados en equipamentos especiais.

c) Servizo de teleasistencia.

d) Servizo de axuda no fogar.

e) Servizo de atención diúrna e de atención de noite para persoas en situación de dependencia:

1. Servizo de atención diúrna para persoas maiores.

2. Servizo de atención diúrna para persoas menores de 65 anos.

3. Servizo de atención diúrna especializada.

4. Servizo de atención de noite.

2. Os centros e servizos citados estarán suxeitos ao previsto na normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia que regule a calidade, condicións e réxime de prestación dos servizos.

3. A prevención será prioritaria para as persoas en situación de dependencia en grao I, co obxecto de previr o agravamento do seu grao e nivel de dependencia, polo que debe formar parte de todas as actuacións que se realicen no ámbito do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia.

4. Os plans de prevención das situacións de dependencia, elaborados pola Comunidade Autónoma, concretarán no seu correspondente ámbito territorial os criterios, recomendacións e condicións mínimas que estableza o Consello Territorial do SAAD.

- Libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia para o grao I, nivel 2 e 1.

De conformidade co establecido no Real decreto 175/2011, do 11 de febreiro, as libranzas do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia son as seguintes:

a) A libranza vinculada ao servizo, que ten por finalidade facilitar, por medio dunha achega económica, a adquisición dun servizo dos enumerados no artigo 9.1 desta orde, cando non sexa posible ser prestado mediante a oferta pública da rede de servizos sociais de atención á dependencia definida no artigo 2.2 da mesma orde.

b) A libranza para coidados no medio familiar, cuxa finalidade é que, con carácter excepcional, a persoa en situación de dependencia reciba no seu medio familiar os coidados non profesionais que precise e así se determinen no correspondente programa individual de atención.

Persoas de calquera idade que se atopen en situación de dependencia.

As persoas que, reunindo os requisitos dispostos , carezan da nacionalidade española ou non sexan nacionais de Estados membros da Unión Europea, rexeranse polo establecido na Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, nos tratados internacionais e nos convenios que se establezan co país de orixe. Aos/ás menores de idade que carezan da nacionalidade española aplicaráselles o disposto nas leis do/a menor vixentes, tanto no ámbito estatal como no autonómico, así como nos tratados internacionais.

As persoas en situación de dependencia que, como consecuencia da súa condición de emigrantes retornados, non cumpran o requisito do período de residencia no territorio español, poderán acceder ás prestacións con igual contido e extensión que as prestacións reguladas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, e na súa posterior normativa de desenvolvemento.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña

Servizo de Dependencia da Coruña

Rúa Concepción Arenal, nº 7 - 9

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881504

Fax: 981881506

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo

Servizo de Dependencia de Lugo

Rúa Serra de Ancares, nº 68 baixo

27003  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294427

Fax: 982889162

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense

Servizo de Dependencia de Ourense

Rúa Sáenz Díez, nº 33

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386199

Fax: 988386159

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo

Servizo de Dependencia de Vigo

Rúa Concepción Arenal, nº 8

Teléfono: 986817805/ 986817824

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Prazo de presentación: PECHADO

- Requisitos xerais para ser persoa beneficiaria.

Poderán ser persoas beneficiarias das prestacións reguladas na presente orde as persoas que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter o recoñecemento da situación de dependencia nalgún dos graos establecidos na Lei 39/2006, do 14 de decembro, segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, conforme o calendario de aplicación progresiva establecido na disposición derradeira primeira da citada lei.

b) Que a prestación sexa determinada como a modalidade de intervención máis axeitada, segundo as necesidades de atención da persoa en situación de dependencia, no programa individual de atención.

c) Que se acredite o cumprimento dos requisitos específicos para o aceso ás prestacións que correspondan en cada caso, conforme a normativa vixente.

d) Que a percepción da prestación se adecue ao réxime de compatibilidades regulada no capítulo III da presente orde.

- Requisitos específicos de acceso e intensidade dos servizos:

Intensidades dos servizos.

1. A intensidade dos servizos do Sistema a Autonomía e Atención á Dependencia establecerase no correspondente programa individual de atención. A intensidade determinarase polo contido prestacional de cada un dos servizos asistenciais e pola súa duración ou extensión segundo o grao e nivel de dependencia recoñecido, nos termos establecidos nos artigos seguintes.

2. Enténdense por servizos asistenciais os que ten que recibir a persoa en situación de dependencia para a súa atención e coidado persoal na realización das actividades da vida diaria, así como os que teñen como finalidade a promoción da súa autonomía persoal.

  • Solicitude normalizada.

  • Fotocopia compulsada do DNI/NIE/Pasaporte do solicitante ou calquera outro do-cumento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente, no caso de que non se autoriza a súa consulta.

  • Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.

  • Acreditación da representación que se ten da persoa solicitante, se e o caso, e copia compulsada do DNI/NIE do representante.

  • Certificado de empadroamento emitido polo concello correspondente que acredite a residencia nun municipio da comunidade autónoma no momento de presentar a solicitude, en el caso de que no se autorize a súa consulta. Da presentación deste documento están eximidas as persoas que estean sendo atendidas dentro do sistema público de servizos sociais (residencias, centro de día, axuda no fogar) da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Certificado/s de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

    Para o caso de menores de cinco anos, certificado de empadroamento que acredite a residencia de quen teña a súa representación.

    No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio do Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.

  • No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido na Delegación do Goberno correspondente ou mediante a correspondente baixa consular.

  • Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde, doutras administracións públicas que traten habitualmente á persoa solicitante ou de entidades concertadas ou conveniadas coa Seguridade Social ou reximes especiais, conforme o modelo do anexo II.

    Terá o carácter de informe de condicións de saúde complementario o emitido por profesionais de entidades, asociacións e corporacións sen ánimo de lucro no ámbito da discapacidade, así como o emitido por profesionais de entidades xestoras de servizos sociais de centros residenciais onde se atope o solicitante.

    Estarán exentas da presentación do informe sobre as condicións de saúde as persoas solicitantes de homologación que tiveran recoñecida a necesidade de axuda de terceira persoa, cunha puntuación de 45 puntos ou máis, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade.

  • Informe social, emitido polo/a traballador/a social dos servizos sociais comunitarios do domicilio da persoa solicitante e, se e o caso, do/a traballador/a social do sistema de saúde ou do/a traballador/a social dos servizos sociais especializados, conforme o modelo do anexo III.

  • Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra comunidade autónoma, se e o caso.

  • Resolución de grao e nivel, se e o caso, cando sexa emitido por outra comunidade autónoma.

  • Manifestación da persoa solicitante ou do seu representante, conforme o punto nº 10 e 11 do modelo anexo I da solicitude, da súa preferencia dentro do catálogo de servizos e prestacións económicas do sistema para a autonomía e atención á dependencia.

    No caso de solicitude de prestación económica para coidados no contorno familiar, certificado de empadroamento do coidador, declaración xurada do grao de parentesco que os une ou tipo de relación se non e a filial, conforme o punto nº 11 do modelo anexo I da solicitude, e DNI/NIE ou outro documento acreditativo da súa identidade.

  • Certificado de convivencia da persoa solicitante segundo padrón municipal.

  • Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso o solicitante non estará obrigado a presentar estes documentos.

  • Declaración responsable acerca do patrimonio da persoa solicitante na que se detalle o conxunto das súas titularidades de bens e dereitos de contido económico, de xeito que quede completamente acreditada a súa situación patrimonial, conforme o anexo IX.

  • Copia compulsada, de ser o caso, do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, que dependan economicamente do solicitante.

    Cando existan menores de idade que dependan economicamente da persoa solicitante, copia compulsada do libro de familia no caso de que estes non posúan DNI.

  • Declaración do imposto da renda das persoas físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, economicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme o modelo anexo I da solicitude, en cuxo caso non estarán obrigados a presentar estes documentos, e declaración responsable do seu patrimonio, conforme o modelo anexo IX.

  • O solicitante e as demais persoas obrigadas a presentar copia compulsada do DNI/NIE ou doutro documento acreditativo da súa identidade, sinaladas no artigo anterior, autorizarán expresamente o departamento territorial da consellería competente en materia de servizos sociais a acceder aos datos do DNI por medios dixitais, suposto en que non será necesaria a presentación de copias destes documentos en soporte papel.

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa Individual de Atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 34 de 19 de febreiro de 2010).

    • Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 9 do 13 de xaneiro do 2012).

    • Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 42 do 29 de febreiro de 2012).

    • Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 67 do 9 de abril de 2012).

    • Orde do 9 de Agosto de 2012 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 157 do 20 de agosto de 2012).

    • Orde do 1 de abril de 2013 pola que se aproba o modelo de informe social unificado para a área de dependencia, discapacidade e promoción da autonomía persoal e se aproba a súa utilización no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 69 do 10 de abril de 2013).

    • Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 86 do 6 de maio de 2013).

    • Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 94 do 20 de maio de 2013).

    • Orde do 27 de marzo de 2014 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 64 do 2 de abril de 2014).

    • Corrección de erros. Orde do 19 de abril de 2013 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2014).

    • Orde do 25 de febreiro de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2015).

    • Orde do 27 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e o funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 169 do 4 de setembro de 2015).

    • Decreto 142/2023, do 21 de setembro, polo que se regulan o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2023).

    • Orde do 16 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012 de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a autonomía e a atención á dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes (DOG nº 222 do 22 de novembro de 2023).

    • Orde do 30 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2012, de desenvolvemento do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e a Atención á Dependencia, o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competente (DOG nº 229 do 1 de decembro de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2006, 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de Dependencia (BOE nº 299 do 15 de decembro de 2006).

    • Real Decreto 504/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o baremo de valoración da situación de dependencia establecido pola Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia (BOE nº 96 do 21 de abril de 2007).

    • Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).

    • Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 114 do 12 de maio de 2007).

    • Corrección de erros do Real Decreto 615/2007, do 11 de maio, polo que se regula a Seguridade Social dos coidadores das persoas en situación de dependencia (BOE nº 140 do 12 de xuño de 2007).

    • Real Decreto 99/2009, do 6 de febreiro, polo que se modifica o Real Decreto 614/2007, do 11 de maio, sobre nivel mínimo de protección do sistema para a autonomía e atención á dependencia garantido pola Administración Xeral do Estado (BOE nº 43 do 19 de febreiro de 2009).

Outros procedementos relacionados

BS604A

Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS605A

Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS611B

Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (nova tarxeta)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS611C

Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade (por perda ou subtracción)

Tramitar en liña

Aberto todo o ano