Guía de procedementos e servizos

BS101A

Inscricións no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. Comunicacións e autorizacións do protectorado.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2015 - Prazo pechado: 24/08/2015 00:00 - 03/03/2024 23:59

Consellería de Política Social e Igualdade

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Tramitar a declaración de fundación de interese galego para a súa posterior inscrición en rexistro das fundacións que polos seus fins se adscriban ao Protectorado da Consellería de Política Social.

Tramitar os actos das fundacións adscritas ao Protectorado da Consellería de Política Social sometidos a:

- comunicación e/ou autorización do protectorado.

- inscrición rexistral.

Fundacións de interese galego adscritas ao Protectorado da Consellería de Política Social así como outras persoas, físicas ou xurídicas, que soliciten información sobre as mesmas.

Xunta de Galicia

Consellería de Política Social e Igualdade

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999081

Fax: 981957876

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Igualdade
Requisitos e documentación

A partir do día 04/03/2024 incluído, as solicitudes relativas ao procedemento BS101A, Inscricións no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, comunicacións e autorizacións  do protectorado,  da Consellería Politica Social e Xuventude, deberán formularse a través do procedemento PR750A - Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego e dirixilas á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social e Xuventude.

Prazo de presentación: PECHADO

24/08/2015 00:00 - 03/03/2024 23:59

Con data 03/03/2024 ás 23:59, péchase o prazo para formular solicitudes relativas ao procedemento BS101A-Inscricións no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, comunicacións e autorizacións  do protectorado, da Consellería de Politica Social e Xuventude, debido á integración nun procedemento único das solicitudes dirixidas a todas as seccións do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, no procedemento PR750A - Inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego

a) Requisitos da inscrición inicial dunha fundación

Son requisitos necesarios para que unha fundación poida ser clasificada e declarada de interese galego:

- Que non teña ánimo de lucro.

- Que, por vontade dos seus creadores, teña afectado de xeito duradeiro o seu patrimonio, a realización de fins de interese xeral para Galicia.

- Que desenvolvan principalmente as súas actividades e teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Que os beneficiarios da fundación sexan colectividades xenéricas de persoas.

- Que a dotación inicial, sen a cal non se pode constituír unha fundación, sexa adecuada e suficiente para o cumprimento dos seus fins.

- Á realización dos fins fundacionais debe destinarse, polo menos, o 70% das rendas e ingresos que obteña a fundación despois de deducir os gastos realizados para a obtención de tales rendas e ingresos.

A unha Comisión formada polos Secretarios Xerais das Consellerías, lle corresponde o exame das solicitudes, co fin de emitir informe vinculante sobre a súa clasificación e adscrición.

Correspóndelle á Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, mediante Orde, a clasificación de todas as fundacións. A dita Orde de clasificación levará consigo a adscrición da tutela da fundación á Consellería correspondente por razón da materia que constitúa o fin primordial da Fundación.

Á Consellería á que se adscribe a fundación corresponderalle, mediante resolución, a declaración de interese galego da dita fundación.

Declarada de interese galego a fundación, pasará a inscribirse na sección da Consellería de Política Social do Rexistro único de Fundacións de Interese Galego dependente da Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

b) Requisitos de inscricións sucesivas (modificacións de estatutos, modificación de padroado, etc.): as establecidas na normativa segundo o tipo de inscrición.

  • Inscrición inicial no rexistro ( 30.46.01)
  • Inscrición de modificación de estatutos ( 30.46.02)
  • Inscrición de modificación do órgano de goberno ( 30.46.03)
  • Inscrición de delegacións de facultades, revogacións e apoderamentos ( 30.46.04)
  • Inscrición de fusión, escisión e extinción ( 30.46.05)
  • Inscrición de alleamento, gravame e arrendamento de bens ( 30.46.06)
  • Modificación/desembolso da dotación ( 30.46.07)
  • Nomeamento/cesamento da Xerencia ou membros de comisións ( 30.46.09)
  • Outros actos sometidos a inscrición ( 30.46.10)
  • Copia doutros documentos depositados no Rexistro e obtención de información, certificacións ou listaxes ( 30.46.11)
  • Certificado de denominación ( 30.46.12)
  • Anotacións de calquera clase nos expedientes ou subministración de datos non incluídos nos apartados anteriores ( 30.46.13)
  • Expedición de copia de estatutos ( 30.46.14)
  • Dilixenciado de libros ( 30.46.15)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Modificación estatutaria:

    • Texto da modificación proposta

    • Certificación do acordo de modificación dos estatutos adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a con visto e prace do/da presidente/a

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que incorporará o acordo do padroado no que conste a vontade de modificar os seus estatutos e a súa conveniencia e o texto consolidado dos estatutos

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Modificación da dotación:

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que recolla o aumento da dotación ou os desembolsos sucesivos incluíndo a manifestación da vontade do/da doador/a do ben da integración na dotación ou acordo do padroado sobre afectación do ben e, no seu caso, informe de taxación.

    • Certificación do acordo de aumento da dotación adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, coas sinaturas lexitimadas notarialmente acompañada do balance no que se fundamente o acordo.

    • Xustificante do aboamento das taxas.

  • Modificación do padroado:

    • Documento que acredite a designación ou cese.

    • Documento que acredite a aceptación expresa do cargo: escritura pública, documento privado con sinatura lexitimada notarialmente, acta de comparecencia no Rexistro de Fundacións, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

    • Documento que acredite o cese: certificación emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, certificación emitida polo Rexistro Civil ou polo Rexistro Mercantil, resolución xudicial ou administrativa, certificado ou documento equivalente expedido polo órgano administrativo competente, escritura pública, documento privado con sinatura lexitimada notarialmente, acta de comparecencia no Rexistro de Fundacións.

    • Resolución xudicial.

    • Xustificante do aboamento das taxas.

  • Comisións e outros órganos:

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que recolla a creación dos devanditos órganos e na que se especifiquen as súas facultades, funcións e competencias.

    • Documento que acredite a aceptación expresa do cargo: escritura pública, documento privado con sinatura lexitimada notarialmente, acta de comparecencia no Rexistro de Fundacións, certificación emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

    • Xustificante do aboamento das taxas.

  • Nomeamento e cese da xerencia:

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que recolla a certificación do acordo de nomeamento e/ou cese da xerencia adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a

    • Xustificante do aboamento das taxas.

  • Delegacións e outorgamento de poderes xerais e revogación:

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que recolla as facultades, funcións e competencias delegadas, modificadas ou revogadas segundo a certificación do acordo adoptado polo padroado emitida polo/a secretario/a col visto e prace do/da presidente/a.

    • Xustificante do aboamento das taxas.

  • Alleamento e gravame de bens e dereitos que integran o patrimonio da fundación:

    • Certificación do acordo de alleamento ou gravame adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, que recolle o texto do acordo con indicación da identidade e descrición do obxecto do acordo e valoración económica

    • Memoria explicativa na que se indiquen razóns que xustifiquen o alleamento ou gravame, obxectivos perseguidos e pronunciamento expreso da súa incidencia na viabilidade económico-financeira

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Declaración de concurso de acredores e medidas de intervención temporal:

    • Declaración xudicial.

    • Xustificante do aboamento das taxas.

  • Extinción:

    • Certificación do acordo de extinción adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a

    • Contas da fundación na data na que se adoptou o acordo

    • Proxecto de distribución de bens e dereitos resultantes da liquidación

    • Memoria xustificativa da concorrencia da causa de extinción, debendo xustificar, no seu caso, a improcedencia ou imposibilidade de modificar os estatutos ou de levar a cabo un proceso de fusión

    • Designación dos liquidadores

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que recolla a certificación do acordo de extinción, as contas da fundación, proxecto de distribución de bens e dereitos, memoria xustificativa e designación dos liquidadores

    • Resolución xudicial

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Liquidación e baixa rexistral:

    • Copia autorizada e copia simple da escritura pública que inclúe a aprobación definitiva da liquidación por parte do padroado, documentación referida á adxudicación do haber resultante segundo as regras estatutarias e documentos contables referidos ao peche da contabilidade

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Delegación de fundacións inscritas noutros rexistros:

    • Copia da escritura pública na que conste o acordo do padroado de creación da delegación especificando: domicilio da delegación, fins e actividades, identificación e facultades dos apoderados pola fundación para o goberno e a representación da delegación

    • Certificación do Rexistro de Fundacións no que estea inscrita a fundación

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Remuneracións de patróns e auto-contratación:

    • Certificación do acordo de realización do negocio xurídico adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, na que conste o custo máximo anual para a fundación e que non existe disposición en contra da persoa fundadora

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Participación maioritaria en sociedades mercantís:

    • Copia do título que xustifique a adquisición maioritaria ou minoritaria que acumulada ás anteriores dea lugar a participación maioritaria

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Aceptación de legados e herdanzas con cargas ou repudiación de legados e herdanzas sen cargos:

    • Certificación do acordo de aceptación ou repudiación adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a, que recolle o texto do acordo con indicación da identidade e descrición do obxecto do acordo e valoración económica

    • Memoria explicativa na que se indiquen as razóns que xustifican a aceptación ou repudiación, obxectivos perseguidos e pronunciamento expreso da súa incidencia na viabilidade económico-financeira

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Outra información suxeita a constancia rexistral:

    • Contas anuais

    • Informe de auditoría

    • Plan de actuación

    • Certificación do acordo de aprobación das contas anuais adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a

    • Certificación do acordo de aprobación do plan de actuación adoptado polo padroado, emitida polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a

  • Legalización de libros:

    • Actas

    • Diario

    • Inventario

    • Contas anuais

    • Outros

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Certificacións e/ou información rexistral:

    • Xustificante do aboamento das taxas

  • Outros:

    • Especificar

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante

  • DNI/NIE da persoa representante

  • NIF da entidade solicitante

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego (DOG nº 242 do 19 de decembro de 2006).

    • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015).

    • Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009).

    • Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego (DOG nº 22 do 2 de febreiro de 2009)

    • Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 251 do 31 de decembro de 2010).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 49/2002 do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins de lucro e dos incentivos fiscais ao mecenazgo (BOE nº 307 do 24 de decembro de 2002).

    • Lei 50/2002, de 26 de decembro, de Fundacións (BOE nº 310 de 27 de decembro de 2002).

    • Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 283, do 24 de novembro de 2011).

    • Corrección de erros do Real Decreto 1491/2011, do 24 de outubro, polo que se aproban as normas de adaptación do Plan Xeral de Contabilidade ás entidades sen fins lucrativos e o modelo de plan de actuación das entidades sen fins lucrativos (BOE nº 88, do 12 de abril de 2012).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano