Guía de procedementos e servizos

AU230K

Exención no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores por estar en situación de exclusión social

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Mediante este modelo os usos domésticos (vivendas) que constitúan una unidade de convivencia independente e se encontren en situación ou risco de exclusión social poderán solicitar a exención no canon da auga, canon de xestión de depuradoras e canon de xestión de redes de colectores.

As unidades de convivencia independentes que acrediten estar en situación de exclusión social, entendéndose por unidade de convivencia independente a formada por aquelas persoas que convivan nun mesmo domicilio e manteñan entre eles un vínculo por matrimonio ou análoga relación estable, por adopción ou acollemento, ou por parentesco de consanguinidade ou afinidade ata o cuarto e segundo grado respectivamente.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Augas de Galicia

Praza Camilo Díaz Baliño, 7-9

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 541697

Fax: 981544534

Augas de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Todo o ano.

Os requisitos que deben cumprir as unidades de convivencia para ter a condición de estar en risco de exclusión social serán as seguintes:

a) O enderezo para o cal se solicita a bonificación debe coincidir co enderezo en que está empadroada a unidade de convivencia.

b) No caso de abastecerse a partir de entidade subministradora, o titular do contrato de subministración de auga deberá coincidir con algún dos membros da unidade familiar. Noutro caso, o solicitante deberá acreditar que é o pagador da factura-recibo de auga.

c) Os ingresos totais da unidade de convivencia non deben superar o importe do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

d) Polo menos unha das persoas da unidade de convivencia deberá estar en situación de exclusión social por estar nalgunha das situacións que se enumeran a continuación:

- Persoas perceptoras da renda de integración social de Galicia.

- Persoas perceptoras de pensións non contributivas nas modalidades de invalidez ou xubilación.

- Persoas que non estando en ningún dos dous supostos anteriores teñan unha ausencia ou déficit grave de recursos económicos unido a unha situación de desemprego ou imposibilidade de desempeñar un traballo remunerado e que conten con outros factores, evidenciados a través da súa traxectoria persoal, que agraven a situación de exclusión social ou o risco de padecela recoñecidos na lexislación vixente na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Solicitude  normalizada segundo o Anexo X

- Comprobación de datos da unidade de convivencia  (anexo XXIII).

- Copia da última factura da auga.

- Acreditación de domiciliación bancaria da factura da auga (no caso de que a persoa solicitante non sexa a persoa titular do subministro).

- Informe dos  servizos sociais comunitarios para la cualificación da condición de persoa en risco de exclusión (anexo XXIV).

Prazo de resolución: 6 meses

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia (DOG nº 222 do 18 de novembro de 2010).

    • Decreto 136/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais (DOG nº 119 do 22 de xuño de 2012).

    • Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga (DOG nº 154 do 12 de agosto de 2022).

    • Orde do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban os formularios normalizados dos procedementos relativos ao canon da auga, canon de xestión das depuradoras e canon de xestión das redes de colectores regulados pola Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e pola Lei 1/2022, do 12 de xullo, de mellora da xestión do ciclo integral da auga. (DOG nº 247 do 29 de decembro de 2022).

  • Ámbito Estatal

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano