Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
AP400B
Entidades colaboradoras que participarán na xestión do programa de emisión de bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
O obxecto destas bases é establecer as condicións polas que se rexerá a concesión dos bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables e regular a inscrición das entidades colaboradoras que participarán na promoción da contratación e instalación das conexións da internet de, cando menos, 30 Mbps a través do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa ÚNICO-Bono Social) previsto no Real decreto 989/2021, do 16 de novembro (BOE núm. 275, do 17 de novembro) e enmarcado no investimento C15.I3 «Bonos dixitais para pemes e colectivos vulnerables» do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.
Procedemento de inscrición de entidades colaboradoras (código de procedemento AP400B)
1. Alcance das actuacións que desenvolverán as entidades colaboradoras.
As entidades colaboradoras terán como labor:
a) A promoción da contratación.
b) A instalación do servizo da internet contratado polo beneficiario do bono dixital.
c) Achegar a documentación precisa para a verificación e control da adecuada execución dos bonos xestionados, descrita nas presentes bases reguladoras.
Poderán obter a condición de entidades colaboradoras, nos termos previstos no artigo 9 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, as empresas privadas con personalidade xurídica propia, validamente constituídas e empresarios individuais. En ambos os casos, deben ter a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 11/2022, do 28 de xuño, xeral de telecomunicacións, e ofertar servizos da internet na Comunidade Autónoma de Galicia coas características técnicas especificadas no artigo 5 das presentes bases, acreditando os seguintes requisitos:
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Centro de Innovación Cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia - Cidade da Cultura - Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545535
Email: amtega@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
18/08/2022 00:00 - 19/09/2022 23:59
26/09/2022 00:00 - 30/06/2023 23:59
a) Abrirase un prazo inicial de presentación de solicitudes de inscrición como entidade colaboradora dun (1) mes natural a partir do seguinte ao da publicación no DOG da convocatoria. O prazo rematará o mesmo día en que se producise a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente a aquel en que se inicie o cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.
b) Sen prexuízo do anterior, unha vez finalizado o referido prazo dun (1) mes e co fin de ofrecer a posibilidade de inscribirse no rexistro ás entidades que se constitúan ou estean en condicións de cumprir os requisitos exixidos con posterioridade ao dito prazo inicial, admitiranse solicitudes de inscrición como entidade colaboradora en calquera momento ata o 30 de xuño de 2023.
1º. Ser operador de telecomunicacións e estar dado de alta no Rexistro de operadores da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC).
2º. Ofrecer servizos de conexión á internet de banda larga de, cando menos, 30 Mbps ao público en xeral.
Non poderán obter a condición de entidade colaboradora:
1º. As persoas nas que concorra algunha das circunstancias recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2º. As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.
3º. As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices da Comisión Europea sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) Diario Oficial de la Unión Europea do 31.7.2014.
A acreditación de non estar incurso nas devanditas situacións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.
Presentación das solicitudes para a inscrición como entidade colaboradora:
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das empresas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Se a solicitude non reunise os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Documentación complementaria:
a) As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación complementaria:
1º. Condición de operador: deberase incluír a acreditación de que a persoa solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 11/2022, do 28 de xuño, xeral de telecomunicacións. A dita acreditación deberase realizar achegando certificación de estar rexistrado no correspondente rexistro de operadores regulado no artigo 7 da Lei 11/2022, do 28 de xuño, ou ben indicando o nome, servizo e data de resolución que figura no devandito rexistro, para a súa comprobación polo órgano instrutor.
2º. Acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo se establece no artigo 7.5 das presentes bases reguladoras.
3º. Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea que é de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (anexo VII).
4º. Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión (anexo VIII).
5º. Descrición detallada das condicións económicas e as características dos servizos que propón prestar ao abeiro da convocatoria. Así como os canais de atención a particulares que se porán á disposición para a contratación dos servizos subvencionados.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
b) A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
c) Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
d) No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos:
a) Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada opóñase á súa consulta:
1º. Número de identificación fiscal (NIF) da entidade solicitante.
2º. DNI/NIE da persoa solicitante.
3º. DNI/NIE da persoa representante.
4º. Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
5º. Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
6º. Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
b) No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
c) Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Recordatorio sobre a solicitude de pago
Para proceder á tramitación do abono das contías adiantadas aos beneficiarios dos Bonos Dixitais do procedemento AP400A, lembre que deberá achegar a seguinte documentación:
- Memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal da entidade colaboradora: empregando o modelo dispoñible en galego ou en castelán
- Relación dos servizos dados de alta, debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal da entidade colaboradora: empregando o modelo dispoñible en galego ou en castelán
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o período 2022-2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2022).
-
Extracto da Resolución do 28 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a inscrición de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o período 2022-2023 (DOG nº 155 do 17 de agosto de 2022).
-
Resolución do 15 de novembro de 2022 pola que se fai pública a relación de entidades colaboradoras que participarán na xestión de subvencións do programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 223 do 23 de novembro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Adhesión de 'Aliados Dixitais'
Aberto todo o ano
Bonos dixitais para a conectividade de colectivos vulnerables.
Prazo pechado: 29/06/2024 00:00 - 31/10/2024 23:59
Subvencións para a execución de diversas actuacións de mellora nas infraestruturas de telecomunicacións en edificios.
Prazo pechado: 08/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59