Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
AP401A - Premios Axentes TIC da Rede CeMIT.
Recoñecer o compromiso e a labor dos axentes TIC e responsables de aula, xa que fan posible unha Rede CeMIT máis eficiente e moderna que asegura que a cidadanía conte coas capacidades dixitais para poder participar de forma máis efectiva no novo contexto dixital
Poderán participar nesta convocatoria todas as persoas que desenvolvan labores de dinamización no ámbito dunha aula CeMIT (axentes TIC e responsables de aula da Rede CeMIT) mediante a realización de cursos, charlas etc., e que, mediante declaración responsable, acrediten levar a cabo tales labores na aula que corresponda durante o ano en curso.
1. A forma de participación será a título individual, agás nos casos en que existan varias persoas responsables da dinamización da aula, que poderán conformar un equipo de traballo. O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como voceira do equipo, que será a encargada das comunicacións.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Centro de innovación cultural e Modernización Tecnolóxica de Galicia. Cidade da Cultura de Galicia. Monte Gaias s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545271
Fax: 981545274
Email: amtega@xunta.gal
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2023).
Extracto da Resolución do 10 de xullo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Axentes TIC da Rede CeMIT, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 140 do 24 de xullo de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
25/07/2023 00:00 - 25/09/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses contados desde o día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.
Solicitudes .
1. As solicitudes serán presentadas polas persoas interesadas ou, no caso de presentar candidatura en grupo, pola persoa física designada como voceira do equipo. O anexo IV deberá presentalo cada unha das terceiras persoas solicitantes.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Segundo recolle o artigo 14.3 da Lei 39/2015: «Regulamentariamente, as administracións poderán establecer a obriga de relacionarse con elas a través de medios electrónicos para determinados procedementos e para certos colectivos de persoas físicas que, por razón da súa capacidade económica, técnica, dedicación profesional ou outros motivos, quede acreditado que teñen acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios». Considérase que os/as axentes TIC e responsables de aula da Rede CeMIT, pola súa condición de dinamizadores en competencias dixitais, dispoñen da capacidade e medios electrónicos necesarios para relacionarse coa Administración no marco deste procedemento, polo que se impón a obriga de tramitación electrónica a todas as persoas solicitantes neste procedemento.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa candidatura, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• Candidaturas individuais:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante, segundo o caso.
c) Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento coa Seguridade Social.
d) Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.
• Candidaturas en grupo:
a) DNI ou NIE das persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes.
b) Certificado de que as persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes están ao día no pagamento coa Seguridade Social.
c) Certificado de que as persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes están ao día no pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Certificado de non estar inhabilitado para obter subvencións e axudas.
e) Certificado de que as persoas integrantes do equipo que non actúen como solicitantes están ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos citados, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de solicitude (anexo II).
2. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
– Ficha de postulación (anexo III).
– Pluralidade de persoas solicitantes (anexo IV), se aplica na súa solicitude.
– De xeito opcional, unha memoria que achegue máis información sobre a súa candidatura.
3. A ficha de postulación (anexo III) contará coas seguintes partes:
– Na categoría Espazo maker: a/as persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberá/n indicar un breve resumo da iniciativa, incluíndo número total de horas e persoas formadas, complemento/s tecnolóxico/s punteiro/s empregado/s; xustificación das características como proxecto con carácter interxeracional, xustificación do fomento das vocacións Steam, explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas, xustificación da orixinalidade da actividade realizada.
– Na categoría Maiores dixitais: a/as persoa/s interesada/s en participar nesta categoría deberá/n indicar un breve resumo da iniciativa, incluíndo número total de horas e persoas formadas, complemento/s tecnolóxico/s punteiro/s empregado/s; xustificación das características como proxecto con carácter interxeracional, xustificación do fomento das vocacións Steam, explicación do impacto social da iniciativa sobre a vida das persoas formadas, xustificación da orixinalidade da actividade realizada.
4. Co obxecto de garantir o anonimato, no anexo III non figurará ningún dato persoal da persoa ou equipo de persoas autoras das propostas.
5. No caso de que se trate dunha candidatura en equipo, os seus membros, exceptuando o representante, deberán cubrir o anexo IV referente á pluralidade de persoas solicitantes.
6. A/as persoa/s interesada/s poderán achegar, de xeito opcional, xunto coa solicitude (anexo II), unha memoria en formato libre que achegue máis información sobre a súa candidatura. Esta memoria ten que cumprir o seguinte formato: tipografía Arial, tamaño 11 puntos, entreliñado de 1.5 e extensión non maior de dez páxinas. Aquelas candidaturas que non cumpran con estes requirimentos non se terán en conta.
7. A documentación complementaria deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
8. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
9. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"