Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS650G
Pensión de xubilación non contributiva (PNC).
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Política Social e Igualdade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Solicitar pensión non contributiva de xubilación
Cidadáns españois e nacionais doutros países con residencia legal en España que cumpran os requisitos indicados no seguinte apartado e teñan fixada a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
1) As persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores á contía anual establecida para a pensión non contributiva e en caso de convivencia con familiares de ata o segundo grao de consanguinidade non superar o límite de ingresos establecido segundo a súa unidade de convivencia.
2) Ter 65 anos ou máis.
3) Residir en territorio español e telo feito durante un periodo de 10 anos no periodo que media entre a data de cumprimento dos 16 anos e a de devengo da pensión, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatemente anteriores á data de solicitude.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitude segundo o Anexo I.
Comprobación de datos das persoas que integran a unidade familiar segundo o anexo II.
Autorización á presentación electrónica da solicitude e demais documentación por parte do/a traballador/a social de referencia, se é o caso, segundo o anexo III.
Certificado de convivencia.
Acreditación de residir legalmente en territorio español durante ao menos dez anos, entre os 16 anos e o devengo da pensión, dos cales dous deberán ser consecutivos e inmediatamente anteriores a data da solicitude.
Copia da sentenza xudicial que declare a incapacidade legal e/ou copia do documento que acredite a representación legal cando a solicitude se suscriba por persoa distinta á posible persoa beneficiaria.
Outra documentación.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI o NIE da persoa solicitante
Certificado de residencia da persoa solicitante
Situación de desemprego da persoa solicitante
Importe de prestacións de desemprego a data actual da persoa solicitante
Importe de prestacións de desemprego nun período da persoa solicitante
Residencia legal de persoas extranxeiras da persoa solicitante
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
Nivel de renda da persoa solicitante
Anexos
- Fase de solicitude
- Autorización á presentación electrónica da solicitude e demais documentación por parte do/a traballado/a social de referencia (Anexo III)
- Comprobación de datos persoais das persoas que integran a unidade familiar e as que sexan parentes por consanguinidade ata o 2º grao (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?
Tres meses
Que ocorre se non recibes resposta?
Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.
Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.
A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.
A resolución pode ser:
- Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
- Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).
Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade da Coruña
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Coruña
Gregorio Hernández, nº 2 (Espazo Amizar)
15011 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881246/ 881881903
Fax: 881881202
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294202/ 982294203
Fax: 982294359
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Ourense
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Ourense
Saenz Díez, 33 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386192
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo
Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817230
Fax: 986817294
Xunta de Galicia
Consellería de Política Social e Igualdade
Dirección Xeral de Inclusión Social
Subdirección Xeral de Prestacións e Programas de Inclusión
SAN CAETANO S/N
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544895
Órgano responsable
-
Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 146 do 4 de agosto de 2015). Ligazón á normativa
-
Decreto 89/2016, do 30 de xuño, polo que se regula a creación, o uso e o acceso á historia social única electrónica (DOG nº 141 do 27 de xullo de 2016). Ligazón á normativa
-
Orde de 29 de marzo de 2017 pola que se crea un novo ficheiro de datos de carácter persoal.(DOG nº 68 do 6 de abril de 2017). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas (BOE nº 69 do 21 de marzo de 1991). Ligazón á normativa
-
Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (BOE nº 154 do 29 de xuño de 1994). Ligazón á normativa
-
Orde PRE/3113/2009, do 13 de novembro, pola que se ditan normas de aplicación e desenvolvemento do Real Decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas, sobre rendas ou ingresos computables e a súa imputación (BOE nº 280 do 20 de novembro de 2009). Ligazón á normativa
-
Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da seguridade social.(BOE nº 261 do 31 de outubro de 2015). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento da situación de dependencia e da discapacidade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Traslado en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Solicitude de estancias temporais nos servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Expedición da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano