Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
VI406G - Programa de axuda á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Convocar o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, previsto no Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, para a anualidade 2024, con carácter plurianual.
Ao abeiro do artigo 51 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) As persoas propietarias ou usufrutuarias de vivendas unifamiliares illadas ou agrupadas en fila e de edificios existentes de tipoloxía residencial de vivenda colectiva, ben sexan persoas físicas ou ben teñan personalidade xurídica de natureza privada.
b) As comunidades de persoas propietarias ou as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
c) As persoas propietarias que, de forma agrupada, sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos polo artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal.
d) As sociedades cooperativas compostas de forma agrupada por persoas propietarias de vivendas ou edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil, así como polas persoas propietarias que conforman comunidades de propietarios ou agrupacións de comunidades de propietarios constituídos conforme o disposto no artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.
1. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas axudas aquelas persoas ou entidades que estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) dos citados artigos, relativa á obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, no suposto da liña B, no caso de que non se presente o proxecto técnico xunto coa solicitude. Nos demais supostos, dado que a xustificación se presenta xunto coa solicitude, non poderá procederse ao pagamento da axuda mentres non se acredite que está ao día no cumprimento das ditas obrigas.
2. No caso de que a persoa beneficiaria da axuda sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada que exerza actividades económicas ou comerciais, aplicarase o seguinte réxime en materia de axudas de Estado:
a) Cando a suma do importe das axudas concedidas nos tres anos previos e da contía da axuda solicitada nesta convocatoria sexa inferior a 300.000 euros, aplicarase o disposto no Regulamento (UE) núm. 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
b) Cando a suma do importe das axudas concedidas nos tres anos previos e da contía da axuda solicitada nesta convocatoria sexa igual ou superior aos 300.000 euros, aplicarase o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, aplicando a exención correspondente ás axudas ao investimento destinadas a medidas de eficiencia enerxética regulada no artigo 38 bis.
O sometemento a esta norma de exención comunitaria require o cumprimento das seguintes condicións:
1º. Que se exclúan como posibles beneficiarias as empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do dito Regulamento (UE) 651/2014, e as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
2º. Que a solicitude da axuda sexa anterior ao inicio das actuacións subvencionables, para cumprir o requisito de que a axuda teña efecto incentivador.
3º. Que a intensidade da axuda non supere as porcentaxes sinaladas no artigo 38 bis do devandito Regulamento (UE) 651/2014, isto é, o 35 % dos custos subvencionables, porcentaxe que pode incrementarse nun 10 % para as medianas empresas e nun 20 % para as pequenas empresas. Para determinar o cumprimento da intensidade máxima de axuda debe terse en conta o importe total das axudas estatais concedidas para os mesmos custos subvencionables.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Área Central s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881045897
Email: oficinarehabilitacion@xunta.gal
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2024).
Extracto da Resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se convoca o Programa de axudas á elaboración do libro do edificio existente para a rehabilitación e a redacción de proxectos de rehabilitación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para o ano 2024, con carácter plurianual (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2024).
Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 239 de 6 de outubro de 2021).
Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 257, do 26 de outubro de 2022).
Corrección de erros do Real Decreto 903/2022, do 25 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 42/2022, do 18 de xaneiro, polo que se regula o Bono Alugueiro Novo e o Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, así como o Real Decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021, e o Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 276, do 17 de novembro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
12/07/2024 00:00 - 13/09/2024 23:59
As axudas previstas nesta convocatoria poderanse solicitar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 13 de setembro de 2024.
Non obstante o anterior, se antes da finalización do devandito prazo se esgota o crédito orzamentario previsto nesta convocatoria, terase por rematado o prazo de presentación de solicitudes nesa data. O dito esgotamento será publicado no Diario Oficial de Galicia mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se incorpora nesta resolución como anexo I.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. No modelo de solicitude deberán constar os seguintes campos: o tipo de persoa ou entidade solicitante, os datos do edificio ou edificios para o cal se elabora o libro do edificio existente ou o proxecto de rehabilitación, incluído o ano da súa finalización; o número de vivendas e, de ser o caso, locais do edificio ou edificios obxecto do libro ou do proxecto con indicación da súa superficie construída e número de alturas, incluída a planta baixa; a referencia catastral ou referencias catastrais; a porcentaxe de superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, destinada a uso residencial de vivenda; os datos relativos ao certificado de eficiencia enerxética do edificio no seu estado actual inscrito no RGEEE e no certificado de eficiencia enerxética do edificio previsto coas actuacións propostas; o investimento total; o custo subvencionable e a contía da axuda solicitada.
3. No modelo de solicitude deberán realizarse as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que non solicitou nin se lle concedeu ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Declaración responsable de que non se lle concedeu ningunha axuda de minimis. No caso de ter solicitado ou obtido axuda de minimis, deberá indicar cales e a súa contía.
c) Compromiso de comunicar inmediatamente calquera outra subvención que solicite e/ou obteña en réxime de minimis doutras administracións públicas ou doutros entes públicos, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración, con indicación da súa contía.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, agás a da letra e) dos ditos artigos relativa á obriga de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, no momento da concesión, si deberá acreditarse que se está ao día no cumprimento das ditas obrigas para o pagamento da axuda.
e) Declaración responsable de que están ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, de conformidade co artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, e o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
f) Declaración responsable de que as actuacións subvencionables non se iniciaron antes do 1 de febreiro de 2020.
g) Declaración responsable de que a empresa a que se represente non está en crise de acordo coa definición de «empresa en crise» que establece o número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) núm. 651/2014, do 17 de xuño de 2014, de ser o caso.
h) Declaración responsable de que coñece e acepta os contidos e obrigas recollidos nas bases reguladoras e na convocatoria deste programa.
i) Declaración de que todos os datos da súa solicitude son certos.
Documentación complementaria .
1. As persoas e entidades interesadas deberán achegar coa solicitude, en calquera das liñas para as cales solicite axuda, a seguinte documentación de forma individualizada:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa ou entidade solicitante, se é o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Escritura pública, certificado ou nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade do edificio, no caso de que a persoa ou entidade non conste como titular catastral, e acredite que o edificio está rematado antes do ano 2000 e que, polo menos, o 50 % da súa superficie construída sobre rasante, excluída a planta baixa ou plantas inferiores se ten ou teñen outros usos compatibles, teña uso residencial de vivenda.
c) Acta ou certificado da persoa titular da secretaría ou administración co acordo da comunidade de persoas propietarias, das comunidades de persoas propietarias debidamente agrupadas ou da asemblea da cooperativa, pola que se aproba o encargo do libro do edificio existente para a rehabilitación, e/ou a redacción do proxecto de rehabilitación integral do edificio, de ser o caso.
d) Acta ou certificado da persoa titular da secretaría ou administración da comunidade de persoas propietarias, das comunidades de persoas propietarias debidamente agrupadas ou da asemblea da cooperativa, en que conste o nomeamento do representante autorizado para solicitar a subvención, de ser o caso.
e) Anexo III, declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» no sentido establecido no número 6 do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, indicando a liña a que se refire ou, se é o caso, sinalando as dúas.
f) Anexo IV, de declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que poidan afectar o obxecto de xestión, en relación coa execución e actuacións do PRTR.
g) Anexo V, de declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución e actuacións do PRTR.
h) Anexo VI, de declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) en relación coa execución e actuacións do PRTR.
i) Anexo VII, documento acreditativo do acordo de cesión do dereito de cobramento da subvención da persoa ou entidade interesada na subvención a un axente ou xestor de rehabilitación, ou ao redactor da documentación obxecto desta subvención, de ser o caso.
2. No caso de solicitar as axudas da liña A, deberá achegarse, ademais da establecida no número 1 deste ordinal, a seguinte documentación:
A) No suposto de entregar o libro do edificio existente para a rehabilitación:
1º. Libro do edificio existente para a rehabilitación, datado e debidamente asinado por técnico competente.
2º. Declaración responsable da persoa técnica redactora en que conste que o libro do edificio existente está completo e elaborado de acordo co definido no ordinal sexto.
3º. Documento en que conste a conformidade da persoa ou entidade solicitante co libro do edificio existente para a rehabilitación.
4º. Certificado de eficiencia enerxética que xustifique a redución do consumo de enerxía primaria non renovable de acordo co bloque II.2 do anexo I do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro. Este certificado debe estar realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual (inscrito no RGEEE) e subscrito por técnico competente.
5º. Factura de honorarios, emitida polo/a profesional ou profesionais que redactaron o libro do edificio existente para a rehabilitación.
6º. Documentación xustificativa do gasto realizado, mediante transferencias, certificacións ou extractos bancarios que acrediten o pagamento do libro do edificio existente para a rehabilitación, de acordo co establecido nos artigos 42 e 60 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
7º. Xustificación do ingreso da retención do IRPF, en caso de que a factura teña retención.
B) No caso de non ter elaborado o libro do edificio existente para a rehabilitación no momento de presentar a solicitude, como alternativa á documentación anterior deste punto, poderá presentarse a seguinte documentación:
1º. Memoria xustificativa co seguinte contido mínimo:
– Identificación e breve descrición do inmoble.
– Datos urbanísticos.
– Axentes intervenientes.
– Fotografías.
– Contía da axuda solicitada.
2º. Orzamento dos honorarios relativos á elaboración do libro do edificio existente.
3. No caso de solicitar as axudas da liña B deberá achegarse, ademais da establecida no número 1 deste ordinal, a seguinte documentación:
A) No suposto de entregar o proxecto técnico de rehabilitación integral do edificio:
1º. Proxecto técnico de rehabilitación integral do edificio, datado e asinado por persoa técnica competente.
2º. Declaración da persoa técnica redactora en que conste que o proxecto está completo e elaborado de acordo coa normativa vixente e co definido no ordinal sétimo.
3º. Documento en que conste a conformidade da persoa ou entidade solicitante co proxecto técnico de rehabilitación integral do edificio.
4º. Reportaxe fotográfica en cor de todas aquelas zonas que vaian ser afectadas polo proxecto, así como da fachada principal do edificio.
5º. Certificado de eficiencia enerxética do proxecto, en que se inclúan as actuacións recollidas no proxecto, que xustifique a redución de consumo e demanda enerxética de acordo cos requisitos establecidos no artigo 33 do Real decreto 853/2021, do 5 de outubro, realizado co mesmo programa recoñecido de certificación que o utilizado para o certificado de eficiencia enerxética do edificio existente no seu estado actual, subscrito por técnico competente.
6º. Factura de honorarios, emitida polo/a profesional ou profesionais que redactaron o proxecto técnico de rehabilitación integral do edificio.
7º. Documentación xustificativa do gasto realizado, mediante transferencias, certificacións ou extractos bancarios que acrediten o pagamento do proxecto técnico de rehabilitación integral do edificio, de acordo co establecido nos artigos 42 e 60 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
8º. Xustificación do ingreso da retención do IRPF, en caso de que a factura teña retención.
B) No caso de non ter elaborado o proxecto técnico de rehabilitación integral no momento de presentar a solicitude, como alternativa á documentación anterior deste punto poderá presentarse a seguinte documentación:
a) Memoria xustificativa da actuación proposta, co seguinte contido mínimo:
– Descrición pormenorizada da actuación proposta.
– Orzamento desagregado por ámbitos de actuación.
– Planos da actuación proposta.
– Especificación do aforro de consumo de enerxía primaria non renovable estimado con respecto á situación inicial.
– Contía da axuda solicitada.
b) Reportaxe fotográfica en cor de todas aquelas zonas que vaian ser afectadas polo proxecto, así como da fachada principal do edificio.
c) Orzamento correspondente aos honorarios de redacción do proxecto técnico de rehabilitación integral do edificio.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
Forma de presentación da documentación complementaria .
1. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
2. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola persoa ou entidade interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número do expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, excepto que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (en diante, NIE) da persoa solicitante.
b) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da persoa xurídica de natureza privada ou da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.
d) Número de identificación fiscal (en diante, NIF) da entidade representante, de ser o caso.
e) Certificado acreditativo de non ter débedas, no momento do pagamento da subvención, coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), coa Seguridade Social e/ou coa Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante.
f) Certificado catastral de titularidade correspondente á persoa solicitante.
g) Consulta descritiva e gráfica dos datos catastrais dos edificios obxecto das actuacións subvencionables que acredite o seu uso e ano de construción.
h) Consulta de bens inmobles.
i) Consulta de subvencións e axudas.
j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
– Consulta de concesións de subvencións pola regra de minimis, no caso de que a persoa beneficiaria da axuda sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada que exerza actividades económicas ou comerciais.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas ou ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Acordo de cesión do dereito de cobramento da axuda (Anexo VII)
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración de cesión e tratamento de datos persoais (Anexo V)
- Declaración de ausencia de conflito de intereses (DACI) en relación coa execución e actuacións do PRTR (Anexo VI)
- Declaración responsable do cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente» (Anexo III)
- Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR (Anexo IV)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Subvencións do programa de infravivenda.
Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes
Programa de axuda ás actuacións de mellora da eficiencia enerxética en vivendas no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio no marco do plan de recuperación, transformación e resiliencia.
Participación no Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación a nivel de barrio, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia-financiado pola Unión Europea-NextgenerationEU.
Programa de axuda á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes do plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea NextGenerationEU, para promotores públicos e privados, distintos do IGVS.