Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN500B - Axudas dirixidas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde na contorna laboral da industria forestal galega e do contract.
Establecer as bases que regulan as axudas dirixidas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde na contorna laboral da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B) e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2024.
Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal e do contract radicadas en Galicia.
1. Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal (exceptuando os produtos alimentarios) como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. Para a liña 3 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que teñan base asociativa e presten os ditos servizos ou sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira que desenvolvan a súa actividade en Galicia. Así mesmo, e exclusivamente no caso de de investimentos vinculados á dixitalización da industria forestal e á rastrexabilidade dos produtos forestais, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) que presten servizos de transporte de mercadorías por estrada e que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
3. Para a liña 5 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) que presten servizos de prevención de riscos laborais, así como as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que teñan base asociativa e presten os ditos servizos ou sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira. En calquera caso, deberán desenvolver a súa actividade en Galicia.
4. Para a liña 6 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) radicadas en Galicia que implementen ou desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas en madeira.
5. Para acadar a condición de beneficiarias, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe do mesmo ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta polo importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria-Modelo 390 ou Modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
b) Deberán ter vixente na data de publicación da convocatoria un seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal e do contract ou vinculadas á transformación de produtos de orixe forestal e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais. As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que dispoñen do seguro de responsabilidade civil vixente e, no suposto de ser exixible, do contrato de prevención de riscos laborais.
c) Deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou ben, deberán estar dados de alta nalgún código da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou dispor de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
6. Non poderán acadar a condición de persoa beneficiaria:
a) Aquelas persoas ou entidades solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria. A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos para a verificación do requisito .
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán achegar na súa solicitude a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda Fernando de Casas Novoa, nº 38
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995476
Email: xera.cmr@xunta.gal
Axencia Galega da Industria Forestal
Resolución do 19 de xaneiro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde na contorna laboral da industria forestal galega e do contract como anticipada de gasto (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024).
Extracto da Resolución do 19 de xaneiro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde na contorna laboral da industria forestal galega e do contract como anticipada de gasto (DOG nº 29 do 9 de febreiro de 2024).
Resolución do 12 de setembro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas e ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2024, ao abeiro da Resolución do 19 de xaneiro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización, segunda transformación e ecoinnovación de produtos forestais e á dixitalización e mellora da seguridade e saúde na contorna laboral da industria forestal galega e do contract como anticipada de gasto (DOG nº 182 do 20 de setembro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
10/02/2024 00:00 - 11/03/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.
Solicitudes .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo III: comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, no caso de muller xerente ou directiva.
b) Anexo IV: memoria do proxecto que se vai realizar e das características da persoa solicitante para as que solicita baremación. Neste sentido, so serán considerados aqueles criterios de baremación debidamente consignados no anexo mediante as seguintes declaracións responsables:
– Declaración responsable de que é ou pertence a unha asociación, organización ou fundación representativa ou relacionada coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolva a súa actividade en Galicia, indicado o nome da dita entidade.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en condición de acreditar este criterio mediante estatutos ou certificado de estar asociado e ao día de pagamento de cotas.
– Declaración responsable co número de actividades formativas realizadas por persoas traballadoras da entidade solicitante desde o 1.1.2021 ata a data de publicación da convocatoria que cumpren cos criterios establecidos no artigo 8.1.2º.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante informe oficial da Seguridade Social de vida laboral da entidade solicitante; título, diploma acreditativo ou certificado de asistencia con detalle do contido, data de celebración e duración da actividade formativa.
– Declaración responsable de que a entidade solicitante conta cunha muller que desempeñe funcións de dirección ou xerencia, na data de publicación da convocatoria, indicado o nome, apelidos e DNI ou NIE da dita persoa.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante escrituras sociais de constitución ou modificación posteriores ou contrato de traballo non sendo posible acreditar as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial.
– Declaración responsable de que conta, na data de publicación da convocatoria, cun plan de igualdade voluntario segundo o disposto no artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de homes e mulleres, indicando a data de solicitude da súa inscrición no Rexcon (Rexistro Administrativo de Acordos e Convenios Colectivos de Galicia).
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar a solicitude de inscrición no Rexcon.
– Declaración responsable de que conta con instalacións fixas ou que presenta un proxecto de instalacións fabrís fixas nas parroquias comprendidas na zona demarcada do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nemátodo do piñeiro), indicando o concello e nome da parroquia.
– Declaración responsable de que conta con certificado de cadea de custodia (PEFC ou FSC) na data de publicación da convocatoria, indicando o número de certificado.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado vixente emitido pola entidade de certificación forestal.
– Declaración responsable de que conta, na data de publicación da convocatoria, con certificado de sistema de xestión da calidade ou de sistema de xestión ambiental, indicando o nome do sistema e a data de expedición do certificado.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado vixente.
– Declaración responsable de dispoñer, na data de publicación da convocatoria, de marcado CE obrigatorio ou voluntario para algún dos produtos de madeira para a construción que fabrique, indicando documento de avaliación europeo (DEE) ou norma harmonizada e o sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación (EVCP).
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar certificado de constancia das prestacións do produto, certificado de conformidade do control de produción en fábrica, informe do produto tipo ou xustificación de ter implantado e vixente un sistema de control de produción en fábrica, segundo proceda en función do sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación.
– Declaración responsable de que, na data de publicación da convocatoria, é unha empresa cualificada para o uso da marca de garantía «Pino de Galicia», indicando a data de expedición do certificado de cualificación.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado que acredite a disposición da marca de garantía «Pino de Galicia».
– Declaración responsable de que, na data de publicación da convocatoria, emprega a plataforma blockchain da Xunta de Galicia denominada Fortra (https://fortra.xunta.gal/) gravando as súas transaccións para garantir a rastrexabilidade dos seus produtos.
– Declaración responsable de dispoñer, na data de publicación da convocatoria, de certificado OHSAS 18001 (xestión da seguridade e saúde no traballo-SST), indicando a data de expedición do certificado de cualificación.
De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado que acredite a disposición do certificado OHSAS 18001.
– A persoa solicitante presenta un proxecto que se desenvolverá no termo municipal dos concellos que contan coa condición de concellos emprendedores ao abeiro do título VI da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, indicando a provincia e nome do concello.
A Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ás persoas solicitantes documentación xustificativa que avale o declarado. No caso de detectar falsidades o expediente de solicitude non se admitirá a trámite e, ademais, a persoa solicitante non poderá ser beneficiaria de axuda na próxima convocatoria.
c) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente resolución.
d) Documentación xustificativa de acreditación da representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.
e) Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, certificación da situación censual, no caso de autónomos e estatutos sociais, no caso de asociacións, organizacións fundacións e entidades sen ánimo de lucro.
f) Documentación acreditativa dos requisitos previos para pequenas e medianas empresas:
i. Declaración da condición de peme da solicitante e das empresas vinculadas ou asociadas con esta, segundo os anexos II.1 Declaración relativa á condición de peme (cando o solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas), II.2 Declaración relativa á condición de peme (para persoas xurídicas) e II.3 Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica.
Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.
A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere oportunos para a verificación da condición de peme e requiriralle ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
ii. Documentación xustificativa da viabilidade da empresa mediante algunha das seguintes circunstancias, segundo o indicado no artigo 2:
– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
– Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria-Modelo 390 ou Modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
iii. No caso de que acredite por outra vía distinta ao Resfor a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria:
Documentación acreditativa.
iv. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004, acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamentos previstos na Lei 3/2004 mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003 e de acordo co anexo XVI destas bases.
Non obstante, se a certificación de auditor ou o informe de procedementos acordados non puidera obterse antes da terminación do prazo establecido para a súa presentación, aportarase xustificante de ter solicitado dito medio de acreditación e, unha vez obtido, presentarase de modo inmediato e, en todo caso, antes da resolución de concesión.
g) Documentación relativa aos investimentos:
i. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos de conformidade co disposto no artigo 12 destas bases.
ii. No caso de investimentos en maquinaria fixa e instalacións:
– Para investimentos en maquinaria fixa ou instalacións: plano de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que hai que realizar.
– No caso de instalacións que así o requiran: copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa segundo proceda.
– Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.
2. Para que unha solicitude sexa válida debe achegarse a seguinte documentación mínima:
a) Solicitude de axuda (anexo I), debidamente cuberto.
b) Anexo IV, Memoria dos investimentos que se van realizar, debidamente cuberto.
c) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto no punto 1.g).1º do presente artigo.
As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente non serán admitidas a trámite.
3. A documentación achegarase en formato .pdf sendo obrigatorio para a súa presentación seguir a estrutura especificada e nomear cada arquivo segundo a nomenclatura establecida no anexo XIV coa instrución respecto á nomenclatura da documentación presentada en fase de solicitude.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes recollido na respectiva convocatoria de axudas e ata que recaia a resolución no procedemento, non se admitirán modificacións relativas aos proxectos solicitados nin dos elementos que serán obxecto de baremación, sen prexuízo do dereito de desistencia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa solicitante e da muller xerente ou directiva.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) Imposto de actividades económicas (IAE).
e) Certificados de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesourería Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.
f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas polo réxime de minimis.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente, se é o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
3. No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Memoria do proxecto que se vai realizar (Anexo IV)
- Solicitude (Anexo I)
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo II.3)
- Comprobación de datos de terceiras persoas (Anexo III)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas) (Anexo II.1)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas) (Anexo II.2)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais
Axudas aos investimentos en ecoinnovación da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira – Liña 1
Axudas aos investimentos en dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira - Liña 2
Axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras en madeira. Liña 1.1