Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED601A - Axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que xestionen, directa ou indirectamente, o servizo do comedor dos centros escolares públicos correspondentes.
Entenderase que xestiona o comedor escolar a entidade que teña ao seu cargo a organización deste, entre outras, por algunha destas formas que a seguir se enumeran:
a) Mediante a contratación laboral de persoal, de forma que se xestione directamente a prestación do servizo.
b) Mediante a contratación de entidades ou empresas especializadas para a prestación do servizo segundo as condicións establecidas de común acordo entre as empresas e as asociacións respectivas.
2. Así mesmo, poderán ser beneficiarias das axudas aquelas asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que, por careceren de instalacións axeitadas nos centros escolares, xestionen o servizo de comedor escolar noutros locais públicos ou hostaleiros próximos aos centros escolares, sempre e cando cumpran cos seguintes requisitos:
a) Que existan as condicións adecuadas de seguridade viaria no desprazamento do alumnado cara aos ditos locais.
b) Que o local onde se prestou o servizo de comedor escolar fose o mesmo durante todo o curso académico 2023/24.
3. De conformidade co previsto no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, todo o persoal que, con motivo da actividade subvencionada, teña contacto habitual cos nenos e nenas usuarios do servizo de comedor, tanto sexa directamente contratado pola entidade como de empresas externas, deberá acreditar non ter sido condenado por sentenza firme por delito ningún contra a liberdade e indemnidade sexual mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Vicesecretaría Xeral
Servizo de Xestión dos Comedores Escolares
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995188/ 981545473
Fax: 981545443
Email: comedores.santiago@edu.xunta.gal
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Orde do 2 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2023/24 (DOG nº 173 do 9 de setembro de 2024).
Extracto da Orde do 2 setembro de 2024 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2023/24 (DOG nº 173 do 9 de setembro de 2024).
Prazo de presentación: PECHADO
10/09/2024 00:00 - 09/10/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
As solicitudes estarán subscritas polo/a representante legal da entidade solicitante segundo o modelo que figura como anexo I desta orde, que incluirá as seguintes declaracións:
1) Unha declaración do conxunto de todas as axudas concedidas e/ou solicitadas para a mesma finalidade procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
No caso de ter concedida algunha destas axudas, deberán acreditala mediante resolución ou comunicación da súa concesión ou certificado do órgano concedente.
2) Unha declaración pola que se acorda solicitar a axuda.
3) Unha declaración responsable de que non concorre na entidade solicitante da axuda ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e de estar ao corrente no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da dita lei e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
4) A declaración responsable de que a entidade se atopa ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e de Seguridade Social, así como que non ten débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia, con base no disposto no artigo 60.4 do citado Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
5) Unha declaración responsable, en que manifeste o cumprimento do mandato legal contido no artigo 13.5 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor, introducido pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa solicitante.
b) O modelo que figura como anexo II, relativo á memoria da actuación, persoas usuarias, menús servidos e orzamento/conta xustificativa do servizo de comedor. No caso das federacións ou confederacións de pais/nais de alumnado, deberán presentar un anexo II por cada unha das ANPA federadas ou confederadas.
Na epígrafe A) «Memoria comedor escolar» indicarase o carácter continuado do servizo, os datos do alumnado por niveis educativos e a modalidade de prestación do servizo.
Na epígrafe B) «Declaración usuarios do servizo e menús servidos» figurará o número de menús servidos (mensual) indicando en cada columna o número de menús detallado por meses (total mensual) e a suma total dos menús servidos no curso escolar.
A epígrafe C) «Orzamento/Conta xustificativa» cubrirase coa información dos seguintes puntos:
Punto C.1 Cubriranse os datos para cada unha das actuacións subvencionables previstas no artigo 1.2. Os gastos relacionados nesta conta xustificativa acreditaranse mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, incorporados na conta xustificativa.
Ademais, entregaranse os xustificantes dos pagamentos efectivos destas facturas que aseguren, en todo caso, a realización das actividades subvencionadas. En particular:
– Se os gastos derivan dunha relación laboral, deberán xuntarse a nómina e o xustificante do seu pagamento, así como acreditar o pagamento das retencións efectuadas en cumprimento da normativa aplicable do IRPF e do aboamento das cotizacións da Seguridade Social.
– Se os gastos derivan da relación contractual cunha entidade ou autónomo/a, deberán xuntarse as facturas e os xustificantes de pagamento.
– No caso de computar gastos ocasionados pola contratación de pólizas de seguros, deberán achegar un informe ou declaración da empresa aseguradora en que se especifique a porcentaxe da póliza directamente vinculada á prestación do devandito servizo de comedor escolar.
Os xustificantes de pagamento poderán consistir na acreditación mediante extracto bancario da transferencia bancaria realizada ou do cheque nominativo emitido ou, no caso pagamentos en metálico, que en todo caso deberán ter un importe inferior a 1.000 euros, deberá achegarse un xustificante do prestador do servizo aboado ou unha certificación deste de ter recibido o importe relacionado neste anexo.
Punto C.2. A conta xustificativa, no seu punto de ingresos, inclúe unha declaración do conxunto de todas as axudas concedidas, así como os ingresos e recursos obtidos para a mesma finalidade procedentes das distintas administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais. A esta declaración débese acompañar a resolución ou a comunicación da súa concesión ou un certificado do órgano que concedeu a axuda.
Declaración do/da presidente/a de que esa entidade xestionou o comedor escolar do centro que lle corresponde durante o período a que se refire a xustificación, e que os datos relativos ao número de usuarios son certos, e coincidentes cos rexistros contables que permanecen en poder da ANPA/Federación/Confederación á disposición da Consellería de Facenda e Administración Pública e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, ou de calquera órgano de control que proceda.
No caso de que as persoas usuarias aboen directamente o prezo total ou parcial do servizo á entidade ou empresa prestataria, a ANPA deberá remitir:
– Copia do contrato/encomenda que teña subscrito co subcontratista.
– Documentos que acrediten os gastos da entidade ou empresa prestadora: copia das facturas e xustificantes de pagamento.
– Copia do certificado expedido pola entidade ou empresa provedora a que se lle encomendaron os servizos, especificando para cada centro educativo incluído na solicitude da axuda o número total de usuarios/as e menús servidos no curso escolar desagregado por meses e importes mensuais recibidos.
A documentación sinalada neste artigo tratará de documentación separada que hai que presentar co anexo II, polo que as persoas interesadas deberán achegar copia da citada documentación, de conformidade co establecido no artigo 28 da Lei 39/2015.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán conseguidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria en persoa, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) Certificación de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias emitido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
- Memoria-Usuarios_Orzamento_Conta Xustificativa (Anexo II)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.
Axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
Axuda extraordinaria comedores escolares.
Axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia.