Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
PE406D - Axudas pola paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas - Persoas tripulantes.
Regular a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, as persoas tripulantes de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade extractiva de percebe dende embarcación nos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe dende embarcación da confraría de Bueu.
1. Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade extractiva de percebe desde embarcación nos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu as persoas que teñan a condición de:
a) Armadoras das embarcacións que estean rexistradas como activas no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e que levasen a cabo actividade cando menos 120 días durante os anos 2021 e 2022.
b) Tripulantes que traballasen cando menos 120 días durante os anos 2021 e 2022, a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal.
c) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
g) Non ter cometido infracción grave:
– Da política pesqueira común (PPC) definida como tal en actos lexislativos do Parlamento Europeo e do Consello.
– Do Regulamento (UE) nº 1005/2008, do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, durante os 12 meses anteriores á data da presentación de solicitudes. Se o operador ten nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, cada punto de infracción acumulado que se engada aos nove puntos de infracción polas infraccións graves segundo o Regulamento (UE) nº 404/2011, suporá un mes adicional de inadmisibilidade da axuda por punto acumulado.
h) No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude, segundo a definición do artigo 1 do Convenio relativo á protección dos intereses financeiros das comunidades europeas (DOUE serie C 316, do 27.11.1995).
i) Non estea nin estivese nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR (pesca ilegal non declarada e non regulamentada) ou de buques que nin estean nin estivesen nos últimos 12 meses enarborando o pavillón de países considerados terceiros países non cooperantes ao abeiro do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, do 29 de setembro de 2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.
2. Os 120 días mínimos exixidos no punto 1 deste artigo deberán terse realizado na modalidade de percebe desde embarcación nos bancos marisqueiros da Confraría de Bueu, durante os anos 2021 e 2022. Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.
3. A axuda por paralización temporal poderá concederse por unha duración máxima de seis meses por embarcación e tripulante, durante o marco de programación do FEMP 2014-2020. Neste caso a axuda darase por un período de parada desde o 1 de marzo ata o 30 de xuño de 2023, ambos incluídos.
4. Se durante o período de veda temporal unha embarcación é substituída por outra de nova construción, a embarcación substituta participará de todos os dereitos da anterior, para os efectos da concesión da axuda por paralización temporal.
5. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que as persoas solicitantes sexan unha pluralidade de persoas sen personalidade xurídica, cada un/unha dos/das solicitantes deberán cumprir este requisito.
6. Coa solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante, do representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 1, letras c) ata i), do artigo 4 desta orde.
1. As persoas tripulantes que sexan beneficiarias, de acordo co establecido no artigo 4, deberán cumprir cos seguintes requisitos:
a) Estar enrolada a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal segundo se indica no artigo 5.
b) Estar incluída nun procedemento de suspensión de contrato de traballo ou de redución de xornada, excepto no caso das persoas traballadoras por conta propia que teñan a consideración de familiares colaboradores da persoa armadora.
c) Estar en situación de alta no Réxime Especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do mar na embarcación en que se atopaban enrolados no momento de sobrevir a inmobilización da frota durante a parada e, ademais, os traballadores por conta allea manter a relación laboral de forma ininterrompida coa empresa armadora da embarcación en que se atopaban enroladas no momento de sobrevir a inmobilización da frota durante a parada. Tamén poderán percibir axudas as persoas tripulantes que, mantendo ininterrompida a súa relación laboral coa empresa, non figuren enroladas no momento da paralización temporal como consecuencia dunha incapacidade laboral, permisos retribuídos, vacacións, excedencia e/ou expectativa de embarque, maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural; sempre e cando cumpran os demais requisitos establecidos no punto 1 e quede acreditado o cesamento nesa situación ao longo do período de tempo de duración da paralización temporal.
d) Acreditar un período de cotización no Réxime Especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do mar de, cando menos, doce meses ao longo da súa vida laboral.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Competitividade da Cadea Mar-Industria
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota
Praza de Europa, 5A-4º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981540099
Email: Servizo de Frota Santiago
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG nº 214 do 5 de novembro de 1999).
Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, texto refundido aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016).
Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu (cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (DOG nº 187 do 2 de outubro de 2023).
Extracto da Orde do 22 de setembro de 2023 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2023 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade percebeira das embarcacións afectadas pola veda temporal dos bancos marisqueiros incluídos no Plan de xestión de percebe desde embarcación da Confraría de Bueu (cofinanciada ao 50 % polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca) (DOG nº 187 do 2 de outubro de 2023).
Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello.
Regulamento (UE) nº 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e da pesca, e polo que se derrogan os Regulamentos (CE) nº 2328, (CE) nº 861/2006, (CE) nº 1198/2006 e (CE) nº 791/2007 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011 do Parlamento Europeo e do Consello.
Prazo de presentación: PECHADO
03/10/2023 00:00 - 02/11/2023 23:59
Para esta convocatoria de 2023 o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Solicitudes .
1. As persoas solicitantes profesionais do sector pesqueiro terán a capacidade administrativa para o acceso e a dispoñibilidade para a tramitación electrónica. Deste xeito, para as persoas tripulantes establécese a obrigatoriedade do emprego dos medios electrónicos de acordo co disposto no artigo 10.2 e 3 da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, e no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Polo tanto, tanto no caso de persoas armadoras como de persoas tripulantes, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para os efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo III da presente orde.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de axuda (anexo I, se é persoa armadora, procedemento PE406C ou anexo II, se é tripulante, procedemento PE406D) a seguinte documentación:
– Anexo III de nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, se é o caso.
2. A documentación complementaria está formada por:
B) No caso das persoas tripulantes (PE406D), ademais da documentación indicada no punto 1 do artigo 14 desta orde, deberá achegar:
I) Documentación acreditativa da persoa armadora de que a persoa tripulante está incluída no rol da embarcación, de acordo co modelo que figura como anexo V, en que deberá quedar acreditado, no espazo reservado para tal efecto, o período de paralización da embarcación, de acordo co previsto no artigo 11.2.
II) Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á empresa armadora en que se atopaban enroladas no momento de sobrevir a paralización temporal.
III) Copia da resolución da autoridade laboral competente que aprobe a suspensión da relación laboral.
IV) Informe de vida laboral.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica ou NIF da entidade representante legal da persoa xurídica.
d) NIF da persoa xurídica solicitante, da entidade ou agrupación sen personalidade xurídica ou da comunidade de bens, segundo corresponda.
e) Certificación de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Certificación de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Certificación de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Informe acreditativo de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non ten sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido pola unidade correspondente da Consellería do Mar.
j) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non está en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
k) Informe acreditativo de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non ten cometido infracción grave da política pesqueira común, do Regulamento (UE) nº 1005/2008 do Consello, polo que se establece un sistema contra a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada, e do Regulamento (UE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, no caso de persoas físicas ou de pluralidade de persoas físicas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, e deberán conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP ou FEMP. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
m) Consulta no Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública, de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEP ou FEMP, para cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso.
n) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non está nin ten estado nos últimos 24 meses involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR, obtida a través da base de datos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Presentarase informe no caso de opoñerse expresamente á súa consulta.
ñ) Consulta de concesión de subvencións e axudas, para cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso.
o) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas, para cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A Administración solicitará de oficio á Capitanía Marítima a folla de asento de inscrición marítima actualizada, completa e literal, e certificada en todas as súas follas. Tamén se lle solicitará, só no caso das solicitudes de tripulantes, o certificado de enrolamentos/desenrolamentos coa dotación da tripulación nos anos 2021, 2022 e 2023.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Outorgamento das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación e da acreditación para a explotación do percebe.
Plan de xestión marisqueira.